|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 1 .- Os seres vivos aliméntanse |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
1. Os seres vivos
aliméntanse · Funcións dos seres vivos: nutrición, relación e reproducción. · Composición dos seres vivos. Biomoléculas e células. · A alimentación dos animais. · A transformación dos alimentos. · As sustancias que incorporan os vexetais. · A fotosínteses. · O transporte no interior das plantas. · A nutrición autótrofa e a nutrición heterótrofa. |
· Recoñecemento das diferencias esenciais entre un ser vivo e un ser non vivo. · Recoñecemento das semellanzas de composición entre todos os seres vivos. · Identificación do réxime alimentario dun animal a través das súas estructuras de captación de alimento. · Recoñecemento das sustancias alimenticias dos vexetais e das súas vías de incorporación. · Determinación das principais características da fotosínteses. · Diferenciación entre os tubos leñosos os liberianos. |
· Valoración da necesidade da nutrición para a preservación da vida dos organismos. · Recoñecemento do valor da creatividade e das observacións sistemáticas para o avance científico. · Estimación do valor do planteamento de problemas para o avance científico. · Actitude crítica ante algúns aspectos da agricultura tecnolóxica que producen impactos sobre o medio ambiente. · Valoración da necesidade de unha máis xusta distribución dos recursos alimenticios no mundo. |
1. Os seres vivos aliméntanse.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Diferenciar as funcións vitais e coñecer a semellanza de composición dos seres vivos. 2. Explicar os principais procesos relacionados ca alimentación dos animais. 3. Explicar os principais procesos relacionados ca alimentación dos vexetais. 4. Distinguir as principais características da fotosínteses. 5. Diferenciar a nutrición autótrofa e a heterótrofa. |
· Realización de comparacións entre diferentes seres vivos e materia inerte para determinar as súas diferencias. · Diferenciar en esquemas, diapositivas ou fotografías diferentes réximes alimentarios de animais. · Estudio de distintos aparatos dixestivos de animais. · Realización de esquemas de plantas nos que se representen as sustancias necesarias para a súa nutrición e os camiños polos que se incorporan. · Realización de experiencias sinxelas sobre as características esenciais de la fotosínteses e do transporte de zume. |
· Esquemas, diapositivas ou fotografías de diferentes aparatos bucais de animais. · Esquemas, diapositivas ou fotografías de diferentes aparatos dixestivos de animais. · Cartolinas e rotuladores de colores para debuxar esquemas de plantas. ·
Láminas de anatomía humana. ·
Home clástico. ·
Vídeos con unha visión de conxunto
dos procesos nutricionais. ·
Material básico de laboratorio. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 2 .- A
respiración nos seres vivos. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
2. A respiración nos seres vivos. · Os animais e as plantas respiran. · Os intercambios respiratorios nos animais. Tipos de aparatos respiratorios. · O transporte de gases nos animais. O sistema circulatorio. · Concepto de respiración celular. · Sustancias orgánicas, osíxeno e enerxía. · Concepto de metabolismo celular. -
|
· Recoñecemento do intercambio de gases en animais e vexetais. · Identificación de diferentes aparatos respiratorios de animais. · Identificación dalgúns sistemas circulatorios de animais. · Determinación do contido enerxético das sustancias orgánicas. · Determinación do papel do osíxeno na respiración celular. · Constatación de que as células respiran. |
· Estimación do valor da emisión de hipóteses adecuadas para o desenrolo das investigacións científicas. · Toma de conciencia da necesidade da respiración de todos os seres vivos para poder seguir vivindo. · Valoración das plantas como depuradoras do aire e da auga. · Actitude crítica ante a destrucción das grandes masas forestais. · Valoración da utilidade dalgúns procesos metabólicos fermentativos para la industria. |
2. A respiración nos seres
vivos.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar en que consiste e cómo se produce o intercambio de gases en animais e vexetais. 2. Describir os diferentes tipos de respiración nos animais. 3. Explicar as funcións do sistema circulatorio dos animais e diferenciar a circulación aberta e a cerrada. 4. Definir o concepto de respiración celular e coñecer os elementos que interveñen nela. 5. Describir o metabolismo celular e os tipos de reaccións metabólicas. |
· Interpretación de esquemas sobre intercambios de gases en animais e vexetais. · Diferenciar en esquemas, diapositivas ou fotografías diferentes aparatos respiratorios de animais. · Análise de vídeos didácticos sobre a respiración animal e vexetal. · Realización de experiencias sinxelas no laboratorio sobre a respiración animal e vexetal. · Interpretación de esquemas ou diapositivas de diferentes tipos de sistemas circulatorios en animais. · Debater sobre os impactos ambientais da tala indiscriminada de bosques e selvas. |
· Debuxos e esquemas sobre intercambio de gases en vexetais e animais. · Esquemas, diapositivas ou fotografías de diferentes aparatos respiratorios de animais. · Esquemas, diapositivas ou fotografías de diferentes aparatos circulatorios de animais. · Home clástico. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 3.- Coordinación, relación e adaptación |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· O comportamento dos animais. Etapas do proceso. Concepto de estímulo. · As respostas. Tipos de respostas. Efectores. · Os receptores. Tipos. · Comunicación entre receptores e efectores. Sistema nervioso e sistema hormonal. · As respostas das plantas. Tropismos. Tipos de tropismos. |
· Recoñecemento de procesos de comportamento animal. · Identificación das diferentes etapas do comportamento animal. · Identificación de diferentes aparatos locomotores de animais. · Identificación dalgúns órganos sensoriais de animais. · Diferenciación entre a coordinación nerviosa e hormonal. · Investigación das respostas das plantas ós cambios no medio. |
· Toma de conciencia de que, en ocasións, non se poden realizar experimentos para contrastar hipóteses e hai que utilizar outros procedementos, como a observación de procesos. · Valoración da importancia que teñen as funcións de relación para a supervivencia. · Estimación das vantaxes que supón para o medio ambiente a utilización de procedementos naturais para combater pragas. · Toma de conciencia de que o tratamento legal das drogas non está relacionado cos efectos nocivos do seu consumo. |
3. Coordinación, relación e adaptación
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar en qué consiste e cómo se produce o comportamento dos animais. 2. Describir os diferentes tipos de resposta e efectores nos animais. 3. Describir os principais tipos de receptores de estímulos nos animais. 4. Diferenciar a comunicación nerviosa da hormonal. 5. Describir a resposta das plantas ós cambios no contorno. |
· Análise de vídeos didácticos para estudiar casos de comportamento animal. · Diferenciación das etapas do comportamento animal mediante o estudio de casos concretos. · Interpretación de esquemas, debuxos, fotografías ou diapositivas de diferentes aparatos locomotores e órganos sensoriais. · Interpretación de esquemas ou diapositivas sobre a coordinación nerviosa e hormonal. · Realización de experiencias sinxelas no laboratorio sobre as respostas das plantas. · Debater sobre o tratamento legal das drogas. |
· Vídeo didáctico La vida y descritivos formas. · Textos descritivos de comportamentos de animais. · Esquemas, debuxos, diapositivas ou fotografías de diferentes aparatos locomotores e órganos sensoriais. · Esquemas e diapositivas sobre coordinación nerviosa e hormonal. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 4 .- A reproducción. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
4. A reproducción. · La reproducción asexual nos organismos unicelulares, animais e plantas. Tipos. · A reproducción sexual dos animais. Dimorfismo sexual, fecundación e desenrolo. · Diversidade na reproducción sexual. Especies unisexuais e hermafroditas. Fecundación interna e externa. Ovíparos e vivíparos. Desenrolo directo e indirecto. · Reproducción sexual nas plantas con sementes. A flor. Polinización. Formación de sementes e froitos. Xerminación. · Significado da reproducción. Vantaxes da reproducción sexual. |
· Recoñecemento en diapositivas e esquemas dos distintos tipos de reproducción asexual. · Interpretación de vídeos didácticos sobre reproducción sexual en animais. · Identificación das diferencias nas etapas da reproducción sexual nos animais. · Diferenciación das distintas etapas da reproducción nas plantas con sementes. · Investigación das diferencias entre flores con distintos tipos de polinización. · Identificación de distintos tipos de froitos. |
· Estimación das vantaxes que supón a reproducción sexual para o fomento da diversidade dentro das poboacións · poboacións. · Toma de conciencia de que a diversidade facilita a perpetuación das poboacións que a presentan. · Valoración da importancia que ten o deseño de experimentos adecuados para contrastar as hipóteses. |
4. A reproducción
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar en qué consiste a reproducción asexual e os seus diferentes tipos. 2. Describir as diferentes etapas da reproducción sexual nos animais. 3. Diferenciar a diversidade de reproducción sexual en distintos grupos de animais. 4. Describir as diferentes etapas da reproducción sexual nas plantas con sementes. 5. Recoñecer o significado da reproducción. |
· Utilización de esquemas e diapositivas sobre os distintos tipos de reproducción asexual. · Proxección de vídeos sobre reproducción sexual en animais. · Interpretación de esquemas, debuxos, fotografías ou diapositivas de diferentes aparatos reproductores e gametos de animais. · Utilización de esquemas sobre ciclos biolóxicos de plantas con sementes. · Identificación no laboratorio de flores con diferente tipo de polinización. · Identificación no laboratorio de distintos tipos de froitos. |
·
Textos descritivos
de reproducción nos animais. · Esquemas, debuxos, diapositivas oo fotografías de diferentes aparatos reproductores e gametos de animais. · Esquemas e diapositivas sobre ciclos biolóxicos de plantas con sementes. · Distintos tipos de flores, lupas (de man e binocular) e pinzas. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 5.- Os ecosistemas. Relacións tróficas |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· A biosfera. · Ecosistemas. Compoñentes: biocenoses e biótopo. A ecosfera. · Relacións tróficas. Niveis tróficos. Cadeas e redes tróficas. · O tránsito de materia e enerxía no ecosistema. · Estabilidade e cambios nos ecosistemas. Impacto humano. · A enerxía dos combustibles fósiles. A enerxía da biomasa. |
· Análise e caracterización dos compoñentes dalgúns ecosistemas. · Diferenciación de niveles tróficos e elaboración de cadeas e redes tróficas. · Diferenciación da circulación de materia e enerxía no ecosistema. · Recoñecemento de interaccións de autorregulación nos ecosistemas. · Identificación de distintos tipos de impactos humanos nos ecosistemas. |
· Toma de conciencia dos impactos humanos sobre os ecosistemas. · Estimación das vantaxes da utilización da biomasa como fonte de enerxía. · Valoración da importancia que ten para a nosa saúde a bioacumulación de contaminantes. · Valoración da hipóteses Gaia respecto á reacción da biosfera contra as especies que afecten negativamente ó medio ambiente. |
5.- Os ecosistemas. Relacións tróficas
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar que e un ecosistema e describir os seus compoñentes esenciais. 2. Describir os diferentes niveis tróficos e interpretar cadeas e redes tróficas. 3. Explicar a circulación de materia e de enerxía nos ecosistemas. 4. Recoñecer os mecanismos de regulación e cambios nos ecosistemas e a influencia humana neles. 5. Describir as principais fontes de enerxía relacionadas cos seres vivos. |
· Utilización de esquemas e diapositivas de distintos ecosistemas. · Proxección de vídeos sobre ecosistemas característicos. · Realización de debuxos esquemáticos de cadeas e redes tróficas. · Utilización de esquemas sobre ciclos de materia e fluxo de enerxía dos ecosistemas. · Interpretación de esquemas de sucesións ecolóxicas. · Traballo con textos periodísticos sobre impactos humanos no medio ambiente. Análise dun ecosistema e determinación dos seus
compoñentes |
· Esquemas, debuxos, diapositivas ou fotografías de diferentes ecosistemas. · Vídeo didáctico El ecolóxicas frente al medio. · Esquemas e diapositivas sobre ciclos bioxeoquímicos e fluxo de enerxía nos ecosistemas. · Esquemas e diapositivas sobre sucesións ecolóxicas. · Textos periodísticos sobre impactos humanos no medio ambiente. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 6.- A enerxía externa do planeta. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
6.- A enerxía externa do planeta. · A enerxía del Sol. · A atmosfera. O filtro solar. · O desigual reparto da enerxía na superficie terrestre: a esfericidade da Terra e a inclinación do eixe terrestre. · O efecto invernadoiro. Causas. · A circulación do aire. Causas e efectos. · A hidrosfera como regulador térmico. As correntes mariñas. ·
A enerxía do Sol, motor dos axentes
xeolóxicos externos. |
· Interpretación de esquemas da estructura da atmosfera. · Identificación das radiacións do espectro solar que chegan á atmosfera terrestre. · Elaboración de esquemas sobre a incidencia dos raios solares na superficie da Terra. · Comentarios de texto sobre impactos humanos na atmosfera. ·
Identificación das relacións da
enerxía solar cos axentes xeolóxicos externos. |
· Valoración da importancia fundamental que ten a enerxía solar para a Terra. · Estimación da hipóteses experimental como un procedemento básico para contrastar as hipóteses. · Toma de conciencia dos efectos da emisión de dióxido de carbono no incremento do efecto invernadoiro. ·
Valoración da importancia que ten
para a nosa saúde e a de toda a biosfera a destrucción da capa de ozono. |
6. A enerxía externa do planeta.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar cómo se orixina a radiación solar, qué parte dela chega á Terra e que papel xoga nisto a atmosfera. 2. Describir as causas do desigual reparto da radiación solar na superficie terrestre. 3. Explicar que é o efecto invernadoiro e os mecanismos de circulación do aire na atmosfera e qué causas producen ambos fenómenos. 4. Recoñecer o papel da hidrosfera e das correntes mariñas como reguladores térmicos. 5. Recoñecer o enerxía directo ou indirecto da enerxía solar como motor dos axentes externos. |
· Utilización de esquemas da estructura da atmosfera. · Uso de esquemas do espectro da radiación solar. · Traballo con lámpadas e balóns para representar modelos do reparto da radiación solar sobre a Terra. · Traballo con textos periodísticos sobre o incremento do efecto invernadoiro e a destrucción da capa de ozono. · Debater sobre as posibles solucións a eses impactos. · Realización de experiencias sinxelas de laboratorio sobre a influencia da temperatura na circulación atmosférica. |
· Esquemas, debuxos ou diapositivas sobre a estructura da atmosfera e o espectro solar. · Esquemas e diapositivas sobre a sucesión estacións e as estacións do ano. · Vídeo didáctico Del interior del Sol al interior de la Terra. · Textos periodísticos sobre o incremento do efecto invernadoiro e a destrucción da capa de ozono. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 7 .- O
solo. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
7. O solo. · Alteracións das rochas. Concepto de meteorización. Meteorización física oo mecánica e meteorización química. · A alteración das rochas polos seres vivos. · A formación do solo. Tempo que tarda en formarse un solo. · Composición do solo. · Textura e perfil do solo. · Os seres vivos do solo. · A degradación e perda de solos. Protección de solos. |
· Recoñecemento do tipo de meteorización que afectou a unha determinada rocha. · Identificación de algúns efectos dos seres vivos sobre as rochas e sobre o solo. · Determinación de compoñentes, textura e perfil de solos. · Comentarios de texto sobre a chuvia ácida, os recursos alimenticios e o seu reparto mundial. · Identificación de factores de degradación de solos e de medidas de protección. |
· Valoración da importancia do solo para os seres vivos en xeral e para a especie humana en particular. · Estimación da importancia da protección e conservación do solo, dado o tempo que tarda en formarse e o pouco que pode tardar en destruírse. · Toma de conciencia dos efectos da emisión de contaminantes industriais en relación coa chuvia ácida. Toma de conciencia da necesidade dun reparto máis xusto
dos recursos alimenticios. |
7. O solo
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar os diferentes procesos mediante os que se alteran as rochas. 2. Describir o proceso de formación do solo e coñecer os factores que interveñen nel. 3. Describir as características do solo. 4. Recoñecer o papel dos seres vivos sobre o solo. 5. Describir as causas da degradación e perda de solos e os procedementos para protexelos. |
· Utilización de diapositivas sobre procesos de alteración. · Reproducción no laboratorio de algúns procesos de meteorización. · Análise dun solo no laboratorio. · Proxección de vídeos didácticos sobre a destrucción de solos e a desertización. · Traballo con textos periodísticos sobre a chuvia ácida e a desertización. · Debater sobre o problema da fame no mundo. |
· Material para reproducir a gelifracción e a oxidación. · Material de laboratorio para analizar un solo. · Vídeos didácticos sobre a erosión do solo e desertización. Textos
periodísticos sobre la chuvia ácida e a desertización. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 8.- Augas superficiais e augas subterráneas. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· Augas salvaxes. Factores que condicionan a súa actividade. · Torrentes. Tramos e actividade. · Os ríos. Erosión, transporte e sedimentación fluviais. · Forma do val fluvial. · Procesos catastróficos: riadas e coladas de barro. · Factores que inflúen na infiltración. · Os acuíferos. · Circulación das augas subterráneas. · Explotación dos acuíferos. |
· Determinación do balance hídrico dunha zona. · Identificación da capacidade erosiva das augas salvaxes nunha zona en función das súas características. · Identificación dos tramos do leito dun río en función das súas características. · Comentarios de texto sobre inundacións, riadas e coladas de barro. · Determinación da infiltración en función dos factores que inflúen nela en unha determinada zona. |
· Valoración da importancia da auga como factor de modelado do relevo na nosa zona climática. · Estimación dos riscos que ten a acción das augas superficiais. · Valoración da importancia das augas subterráneas como recursos da maior magnitude e calidade que as superficiais. · Toma de conciencia da necesidade de controlar as variables nun procedemento experimental. ·
Estimación do papel das augas
superficiais como recurso enerxético. |
8.- Augas superficiais e augas subterráneas
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar a acción das augas salvaxes e os torrentes. 2. Describir os procesos xeolóxicos que realizan os ríos. 3. Recoñecer os efectos catastróficos das riadas e as coladas de barro. 4. Describir as características das augas subterráneas, a súa circulación e explotación. |
· Utilización de diapositivas sobre o modelado das augas salvaxes e os torrentes. · Realización de balances hídricos a partir de datos de pendente, evaporación e infiltración. · Utilización de diapositivas sobre o modelado dos ríos. · Proxección de vídeos didácticos sobre a acción das augas continentais. · Traballo con textos periodísticos sobre catástrofes ligadas ás augas superficiais. · Determinar a infiltración de auga a partir de datos de permeabilidade, pendente, vexetación, etc. |
· Táboas de datos de escorrentía, evaporación e infiltración de determinadas zonas. · Diapositivas do modelado das augas continentais. · Vídeo didáctico El oscuro viaje del agua. Textos periodísticos sobre catástrofes ligadas ás augas
superficiais. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 9.- Os glaciares, o vento e o mar |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· Formación do xeo glaciar. · O glaciar alpino. · Erosión, transporte e sedimentación glaciares. · O relevo glaciar. · Erosión, transporte e depósito eólicos. · As dunas e os seus movementos. · Factores que inflúen na acción do vento. · Movementos da auga do mar. · Erosión, transporte e sedimentación mariñas. · Formas litorais. Intervencións nas costas. · As pegadas dos axentes xeolóxicos. |
· Identificación das principais formas de relevo glaciar. · Determinación da selección que realiza o transporte eólico. · Identificación das principais formas de relevo eólico. · Determinación dos factores que condicionan as formas litorais. · Recoñecemento de modificacións costeiras inducidas pola acción humana. · Identificación dos axentes que interveñen no relevo dunha determinada zona. · Comentarios de texto e debates sobre o efecto invernadoiro. |
· Recoñecemento da importancia dos glaciares, o vento e o mar como axentes xeolóxicos fundamentais en determinadas zonas xeográficas. · Estimación dos riscos da acción humana sobre las costas. · Valoración da importancia da construcción de teorías para o avance científico. · Estimación do papel das mareas como recurso enerxético. · Valoración dos combustibles fósiles como recursos enerxéticos e dos impactos producidos pola súa utilización. |
9.- Os glaciares, o vento e o mar
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar a acción xeolóxica dos glaciares. 2. Explicar a acción xeolóxica do vento. 3. Describir a erosión e o transporte mariños. 4. Describir a sedimentación mariña, as formas litorais e as modificacións inducidas pola acción humana. Recoñecer por pegadas o axente xeolóxico predominante
dunha determinada zona. |
· Uso de diapositivas sobre o modelado glaciar. · Proxección de diapositivas sobre o modelado do vento. · Proxección de diapositivas sobre o modelado das zonas costeiras. · Proxección de vídeos didácticos sobre a acción xeolóxica dos glaciares, o vento e o mar. · Uso de fotografías aéreas sobre construccións humanas nas costas. · Traballo con textos periodísticos e de divulgación sobre recursos enerxéticos fósiles e o efecto invernadoiro. |
· Diapositivas do modelado dos glaciares, o vento e o mar. · Vídeo didáctico Rocas y paisajes. · Textos periodísticos sobre a utilización de recursos enerxéticos fósiles. · Textos periodísticos sobre os impactos derivados da utilización de recursos enerxéticos fósiles. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 10.- A enerxía interna do planeta. Volcáns e
terremotos |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· Enerxía responsable do vulcanismo. · Mecanismo de erupción. · Productos volcánicos e estructura dun volcán. · Volcáns e relevo. · Concepto de sismo. · Duración. · Rexistro e medición de sismos. · Distribución de terremotos e tectónica de placas. · O relevo oceánico e as placas litosféricas. ·
O relevo como resultado da
interacción dos procesos internos e externos. |
· Identificación das partes principais dun volcán. · Relación entre magnitude e intensidade de terremotos. · Determinación da relación entre a distribución de epicentros sísmicos na Terra e os límites das placas. · Identificación das principais formas de relevo do fondo oceánico. · Determinación dos límites das principais placas litosféricas. · Interpretación de mapas de risco sísmico. |
· Recoñecemento do vulcanismo e dos terremotos como os efectos máis patentes da enerxía interna do planeta. · Estimación da teoría da tectónica de placas como explicación da distribución de sismos e volcáns na superficie terrestre. · Valoración da importancia da recollida e interpretación de datos para a investigación científica. · Estimación dos riscos que supoñen para as persoas os terremotos e as erupcións volcánicas. · Valoración das medidas preventivas de riscos sísmicos. |
10.- A enerxía interna do planeta. Volcáns e terremotos
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Explicar os volcáns e os principais fenómenos xeolóxicos relacionados con eles. 2. Explicar as principais características dos terremotos. 3. Definir a litosfera, as placas e a súa relación cos terremotos. 4. Describir as principais formas de relevo do fondo oceánico. Recoñecer o relevo como resultado da interacción entre
procesos xeolóxicos internos e externos. |
· Proxección de diapositivas e transparencias da estructura dos volcáns. · Traballo con noticias de prensa sobre sismos e erupcións volcánicas catastróficas. · Utilización de mapas murais de placas e distribución de sismos. · Proxección de vídeos didácticos sobre o relevo do fondo oceánico. · Estudio e interpretación de mapas de risco sísmico. ·
Traballo con textos sobre medidas de predicción e
prevención de sismos. |
· Diapositivas e transparencias da estructura dos volcáns. · Mapas murais de placas e distribución de sismos. · Vídeos didácticos Las rocas nos cuentan su historia y ¡A la deriva! · Textos periodísticos sobre erupcións e terremotos catastróficos, así como sobre predicción e prevención de sismos. · Mapas de risco sísmico e volcánico. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 11 .- Materia
en acción. A enerxía. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
11. A enerxía. · Regras da causalidade e a conservación. · Capacidade de acción dos corpos. · A enerxía: concepto de enerxía e fonte de enerxía. · Formas básicas da enerxía: enerxía cinética e enerxía potencial. · Outras formas de enerxía. · Cambio, conservación e degradación da enerxía. · Medida da enerxía: unidades en que se expresa. · Enerxía e medio ambiente: alteracións que produce no medio a utilización actual da enerxía e medidas a adoptar para minimizalo. |
· Identificación e análises de situacións da vida cotiá nas que se produzan transformacións e intercambios de enerxía. · Realización de experiencias sinxelas dirixidas a analizar as transformacións e intercambios de enerxía. · Resolución de problemas numéricos sinxelos con magnitudes enerxéticas. · Utilización de distintas fontes de información acerca dos problemas ambientais que supón o consumo actual de enerxía, así como as medidas necesarias para garantir o abastecemento no futuro. Elaboración e interpretación de gráficas e esquemas. |
· Valoración da importancia da enerxía nas actividades cotiás. · Toma de conciencia da limitación dos recursos enerxéticos e dos riscos ecolóxicos que ocasiona o uso das enerxías convencionais. · Asimilación da necesidade de aforro enerxético e diversificación. · Valorar a información proveniente de distintas fontes para formarse unha opinión propia. · Apreciar a importancia de aportar datos cando se pretende analizar un argumento de maneira científica. |
11. Materia en acción. A enerxía.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.11 |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Comprender o concepto de enerxía e as súas formas básicas: enerxía cinética e potencial. 2. Distinguir as distintas formas en que se presenta a enerxía, así como o seu aproveitamento. 3. Comprender o principio de conservación da enerxía e a súa degradación. 4. Recoñecer as unidades en que se expresa a enerxía e realizar cálculos sinxelos. 5. Coñecer as alteracións que produce no medio a utilización da enerxía, así como a necesidade de adoptar medidas que diminúan estes impactos e garantan o seu abastecemento nun futuro. |
· Utilización de fotografías e diapositivas para identificar transformacións que teñen lugar no noso contorno. · Realización de exercicios e prácticas sinxelas para analizar os intercambios enerxéticos. · Resolución de problemas numéricos sinxelos. · Proxección dun vídeo relacionado coa enerxía e o medio ambiente para motivar e sensibilizar ós alumnos/as. · Elaboración e interpretación de táboas de datos e gráficas. |
· Fotografías e diapositivas sobre transformacións enerxéticas naturais e artificiais. · Material diverso para realizar experiencias no laboratorio. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 12.- O
movemento e as forzas. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
12. Forzas e
movementos. · Movemento: concepto de posición, traxectoria e distancia recorrida; necesidade de determinar un sistema de referencia para describir un movemento. · Concepto de rapidez media, rapidez instantánea e velocidade. · Representación gráfica do movemento. · A magnitude forza: concepto de forza, a forza como interacción, forzas e movementos. · A interacción gravitatoria: a masa e o peso dos corpos. · O traballo e a enerxía mecánica. · A materia e a escala de observación: escala macroscópica, microscópica e submicroscópica. |
· Descrición do movemento dos corpos con respecto a distintos sistemas de referencia. · Resolución de problemas de movemento uniforme e variado. Cambio de unidades. · Representación e interpretación de gráficas do movemento uniforme e do movemento variado. · Identificación e representación de forzas que interveñen en diferentes situacións da vida cotiá. · Realización de experiencias sinxelas para analizar distintos movementos. · Diferenciación de situacións nas que se realiza traballo mecánico e cómo calculalo de forma sinxela. |
· Espertar a curiosidade por feitos que ocorren ó noso redor. · redor e pola busca de interpretacións. · Recoñecer a importancia da rigorosidade na resolución de problemas. · Sensibilizar sobre a responsabilidade e prudencia na conducción de bicicletas e ciclomotores. · Aumentar o interese polas prácticas de laboratorio. |
12. O movemento e as
forzas.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN.12 |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Comprender os conceptos de traxectoria, posición e distancia recorrida nun movemento, así como a necesidade de determinar un sistema de referencia. 2.Diferenciar os termos que utilizamos para medir o movemento e resolver problemas numéricos. 3.Representar e interpretar gráficas do movemento, diferenciando movemento uniforme e movemento variado. 4.Entender o concepto de forza e os efectos que esta produce sobre os corpos. 5.Recoñecer situacións nas que se realiza traballo mecánico e calculalo numericamente. |
· Planteamento de situacións onde teñan que describir a traxectoria dun movemento utilizando distintos puntos de referencia. · Realización de exercicios sobre o movemento uniforme e o variado e practicar o cambio de unidades. ·
Representación e
interpretación de gráficas sobre o movemento uniforme e o movemento variado. · Utilización de transparencias onde se observen situacións nas que actúan distintas forzas e aparezan representadas mediante vectores. |
· Transparencias e diapositivas nas que se representen situacións onde actúen distintas forzas, así como materiais vistos a escala macroscópica e microscópica. · Material diverso de laboratorio para realizar experiencias sobre movementos e forzas: cronómetro, regras, planos inclinados, dinamómetros, resortes, pesas, papel milimetrado, etc. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 13 .- Luz, son e calor. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
13 .- Luz, son e calor. · O son e a luz. Velocidade de propagación. · Materia e son: concepto de foco e de onda. Propagación do son a través da materia. Propiedades características do son. · Materia e luz: focos luminosos. Intensidade luminosa. Clasificación dos materiais atendendo o seu comportamento fronte á luz. · orixe das colores. · Fisioloxía do oído e do ollo humano. · Calor e temperatura: concepto de temperatura, de calor e de equilibrio térmico. · Escalas de temperatura: escala Celsius e Kelvin. · Propagación da enerxía térmica: conducción, convección e radiación. |
· Realización de experiencias sinxelas dirixidas a analizar a orixe da luz e do son, así como as súas propiedades máis importantes. · Descrición mediante o modelo de raios: a reflexión e a refracción da luz. · Diferenciación mediante esquemas das partes que constitúen o oído e o ollo humano. · Identificación dalgunhas transformacións da calor que se producen continuamente na natureza. · Realización de experiencias sinxelas dirixidas a analizar e a cuantificar algúns efectos da calor sobre os corpos. · Utilización da linguaxe científica para conseguir precisión e rigor nas expresións cotiás. ·
Interpretar cadros e gráficos (da
reflexión, espellos e da refracción, lentes, etc.). ·
Utilización de proxectores, espellos
e lentes para o recoñecemento das leis da reflexión e da refracción.. |
· Valoración da importancia que teñen a luz e o son nas actividades humanas. · Recoñecemento da existencia de fontes de contaminación sonora, así como os efectos negativos que sobre a saúde e o medio ambiente ten dita contaminación. · Toma de conciencia do risco que ten para a nosa saúde unha prolongada exposición á luz solar, así como das medidas preventivas que se deben tomar. · Valorar o importantes que son a vista e o oído na nosa relación co mundo exterior. · Valorar a importancia que ten na vida cotiá aspectos relacionados ca calor, a temperatura e a propagación da enerxía térmica. ·
Sensibilidade e valoración da
contaminación acústica. ·
Adquirir o hábito de escoitar. |
13. Luz, son e calor.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Comprender como se orixina o son, cómo se propaga e as súas propiedades máis importantes. 2. Comprender como se orixina a luz, cómo se propaga e as súas propiedades máis importantes. 3. Identificar as partes constituíntes do oído e do ollo humano e coñecer o seu funcionamento. 4. Comprender os conceptos da calor, temperatura e equilibrio térmico, e diferenciar as distintas escalas que se utilizan para expresar a temperatura. 5. Coñecer os mecanismos polos que se propaga a enerxía térmica: conducción, convección y radiación. |
· Utilización de obxectos diversos para explicar a orixe da luz e do son: unha lanterna, unha lámpada, un tambor, as cordas dunha guitarra, etc. · Realización de experiencias sinxelas para analizar as propiedades da luz e do son e as transferencias de enerxía térmica de uns corpos a outros. · Elaboración de esquemas e diagramas. ·
Resolución de
problemas numéricos sinxelos. |
· Obxectos diversos para simular movementos ondulatorios na clase: corda, resorte, recipiente con auga, etc. · Vídeos didácticos Atrapando ondas y ¡Caliente, caliente! · Material diverso de laboratorio para realizar prácticas sobre calor e temperatura: vasos, mecheiro, termómetros, etc. · Fotografías ou transparencias sobre a fisioloxía do oído e do ollo humano. |
|
PROGRAMACIÓN DE CIENCIAS NATURAIS. 2º DE ESO Unidade didáctica número 14 .- As substancias transfórmanse. Cambio
químico. |
||
|
CONTIDOS |
PROCEDEMENTOS |
ACTITUDES |
|
· Propiedades específicas das sustancias puras. · Concepto de cambio físico e cambio químico. · Cambios químicos e escala microscópica: interpretación molecular da combustión do butano. · Conservación da masa nas reaccións químicas: principio de Ecuacións e a súa interpretación atómica. · Ecuacións químicas. · A enerxía nos cambios químicos. Química industrial: importancia da química na
fabricación de distintos materiais. |
· Observación de sistemas para recoñecer os cambios físicos e químicos que ocorren. · Identificación de distintas sustancias puras utilizando algunha da súas propiedades específicas. · Interpretación e representación de algunhas ecuacións químicas sinxelas. · Realización de experiencias no laboratorio que permitan recoñecer algunhas reacciones químicas e comprobar as súas características. · Aplicar modelos para explicar os cambios que teñen lugar nunha reacción química. · Axuste de ecuacións químicas. ·
Resolver problemas sinxelos
aplicando estratexias persoais. |
· Valoración da importancia da química na vida cotiá. · Valoración da capacidade da ciencia para aproveitar ou transformar as sustancias co fin de dar resposta ás necesidades das persoas. · Valoración crítica do efecto dos productos químicos presentes no contorno sobre a calidade de vida, a saúde e o medio ambiente. · Recoñecemento da importancia do orde e a limpeza do laboratorio e do material utilizado. · Toma de conciencia sobre a existencia de riscos á hora de traballar no laboratorio e manipular productos químicos. |
14. As substancias transfórmanse. Cambio químico.
|
CRITERIOS DE AVALIACIÓN |
DIDÁCTICA |
MATERIAIS |
|
1. Diferenciar os cambios físicos dos químicos a partir das súas principais características. 2. Aplicar a lei de conservación da masa nas transformacións químicas para facer cálculos sobre as cantidades de reactivos e productos das mesmas. 3. Escribir, axustar e interpretar ecuacións químicas. 4. Analizar a enerxía nos cambios químicos. 5. Coñecer a importancia da industria química no proceso de fabricación de algún materiais utilizados na vida cotiá. |
· Proxección dun vídeo didáctico que sirva como introducción e motivación ós alumnos. · Realización de experiencias no laboratorio onde se observen transformacións químicas (cambio de color, aparición de sustancias novas, aumento de temperatura, etc). ·
Utilización de
transparencias onde se representen, mediante o modelo de bolas, algunhas
reaccións químicas. · Demostración experimental da conservación da masa nas transformacións químicas, especialmente naquelas que se producen gases. ·
Realización de
exercicios onde teñan que axustar ecuacións químicas. |
· Vídeo didáctico Con ojo químico. · Transparencias nas que se representen algunhas reaccións mediante o modelo de bolas e ecuacións químicas. ·
Material diverso de
laboratorio para realizar prácticas sobre cambios químicos: vasos, mecheiro, termómetros, diversos productos
químicos, balanza, pinzas, tubos de ensaio, bolas de plástico e velas, globos
para observar o comportamento dos gases, balanza electrónica. |