Decembro 2006 Ano
XIII. Número 22
Dálle á Lihgua
PUBLICACIÓN MENSUAL (OU CASE)
DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE MELIDE
|
|
E TI QUE PENSAS? O curso pasado, coma todos os anos, o Equipo de
normalización Lingüística realizou no instituto unha enquisa na que trataba
de ver o estado actual do galego no noso centro. Baseándose nesa enquisa,
sácanse conclusións que poden resultar sorprendentes, pero poden considerarse
suficientemente fiables, xa que os enquisados foron todos os alumnos de 1º de ESO, 4º de ESO, 2º de Bacharelato e
Madeira. Pois ben, habitualmente tanto cos pais coma cos avós
maternos e paternos sóese falar maioritariamente o galego, cunha diferenza
case desprezable entre a lingua usada coa nai e co pai. Normalmente tamén se
fala galego cos compañeiros/as fóra das clases e dentro delas e sóense ter os
apuntamentos tamén en galego, e aínda que á hora de facer os exames baixa
bastante a porcentaxe de uso do galego, aínda que parece que inflúe en gran
medida a lingua empregada polo profesor/a. A maioría da xente nunca cambiou de lingua e a maior parte
dos que o fixeron foi por cambiar de lugar de residencia. Pero cóntovos unha
boa nova, da xente á que lle gustaría cambiar de lingua (a pesar de ser
pouca), á práctica totalidade gustárialle facelo do castelán para o galego. Ata
agora non temos unha impresión mala do uso da galego, pero veredes como isto
cambia cando vos conte o seguinte. Dixen que a maioría da xente falaba galego
na casa e cos compañeiros/as, pero a medida que aumenta o curso escolar isto
ocorre menos; así os alumnos de 1º de ESO falan máis galego que os alumnos de
2º de Bacharelato, tanto coa súa familia como cos seus amigos/as dentro e fóra do centro. |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Tamén
se nota un cambio do uso do galego dependendo do lugar de residencia e do
nivel de estudos que teñen os pais; por exemplo, fálase máis galego en Santiso
que en Melide e canto maiores son os estudos dos pais, menos se dirixen aos
seus fillos en galego . Agora son eu o que digo que isto ten que
cambiar. Parécevos normal esta situación? Gustaríame que todos fixésemos unha
reflexión sobre isto e pensemos en cambiar a situación. O GALEGO É DE TODOS. Pablo
Mouriño Pereiro B2A |
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Editorial: Ola,
rapaces e rapazas!. Nesta nosa primeira edición de Dálle á lingua, pensamos
en expresar o noso galego interprentándoo mediante un poema de Rosalía de
Castro, ben coñecida por todos nós, os galegos e as galegas. Este poema
Rosalía adicáballo á nai e nós collémolo como unha boa réplica para adicarllo
ao noso Galeguiño; esperamos que vos guste o noso traballo, Lede, rapaces,
lede!: |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Meu galeguiño é un santo, ¿Que procuras ó quererme?
|
|
As
palabras do galego piden en nós o servicio: Cristina
Lopéz Somoza e Sonia Ribadulla Torreiro, 2ºBAC-A |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
NOVAS DO CENTRO:
Outro ano máis, e , polo tanto,
moitas novas máis! E como ía ser este ano tranquilo, se xa o primeiro día
comezamos cun posíbel temporal!
E xa, en outubro, un dos primeiros acontecementos, unha folga polos
nosos intereses, xa que a todos e a todas, nos van afectar dentro de pouco os
“contratos lixo”, a discriminación das mulleres, a discriminación que sofre a
universidade pública fronte á
privada...
E por outra banda, para o noso lecer, moitas outras actividades coma
xa unhas cantas excursións, que aínda que curtas, moi interesantes e
culturais, e para todos os cursos; as sesións cinematográficas, o magosto... e moitas outras máis.
Así que xa sabedes, a participar nelas, para poder seguir realizándoas
e que se fagan moitas máis! Ana
Sánchez Pérez e Esmeralda Seijas García |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
O GRUPO “EL PROGRESO” LANZA UN DIARIO GRATUÍTO EN
GALEGO NAS 7 GRANDES CIDADES. O diario chamarase “De luns a venres”, e editarase nos días laborables
como indica o seu nome. Terá a súa sede en Santiago de Compostela e estará
dirixido por Afonso Álvarez Riveiro. O seu cargo terá un grupo de xóvenes
xornalistas novos dirixidos por
Martín García Piñeiro. |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
UN VOLUNTARIADO LINGÜÍSTICO AXUDARÁ ÁS PERSOAS
INTERESADAS EN APRENDER GALEGO. Un grupo de galegofalantes compartirá
parte do seu tempo con outras persoas que precisen axuda para aprender a
lingua. Comezará nos inicios do ano 2007 en
Santiago de Compostela, coa intención de aplicalo con posterioridade no resto
das cidades. |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
'La Coruña' co diñeiro do
galego Non o ides cres, pero nun
anuncio publicado na prensa o pasado 20 de novembro, dentro do macroconvenio
entre a Confederación de Empresarios e a Secretaría Xeral de Política
Lingüística, aparece o topónimo da cidade deturpado, o que xa ocurrira en
dúas ocasións anteriores no mesmo convenio. Debido a este convenio, xa non
existen axudas públicas para a galeguización do comercio.
|
A CONSELLERÍA RESPONDE Á FOLGA ESTUDANTIL CUNHA
PROPOSTA DE NOVO DECRETO. A raíz da folga estudantil do 8 de
novembro, a Consellería de Educación traballou nos últimos días para sacar
adiante un borrador que adaptase o sistema educativo ao Plan Xeral de
Normalización Lingüística. |
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
MANUEL MARÍA, XA Á VENDA A REEDICIÓN DO DISCO “OS SOÑOS
NA GAIOLA”. Sae xa a venda á reedición do disco “Os soños na
gaiola” con voz e música do cantante Suso Vaamonde e letra de Manuel María.
Dito traballo inclúe dúas unidades didácticas: unha sobre a lingua e outra
sobre a música. Están especialmente pensadas para traballar con elas nas
aulas de Educación Infantil e Primaria. LAURA VÁZQUEZ CASAL MARIANA RODRÍGUEZ-NAVAS VAL |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
TOXOS E FLORES : Flores: queremos adicar este apartado a todos aqueles profesores/as
que están colaborando co Equipo de Normalización Lingüística ou que
contribúen cun pequeno esforzo para que a nosa lingua progrese! Así
mesmo a tódo os alumnos e alumnas que tamén se animan a participar (por
certo,un número bastante reducido, ai que ver...) Toxos:
e estes para aqueles profesores/as que pola
contra non intentan que mellore ninguna das actividades propostas polo
Equipo, e que tampouco se animan a publicar aínda que sexa un pequeno artigo.
Porque anímannos a nós pero eles... Ana Sánchez
Pérez e Esmeralda Seijas García |
|
|
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
DÁLLE Á LINGUA, ano XIII, núm.
22, DECEMBRO, 2006. DÁLLE Á LINGUA é
responsabilidade do Colectivo “Lugrís Freire”, grupo de traballo do Equipo de
Normalización Lingüística do IES Melide. Consello de Redacción: Esmeralda Seijas Laura Vázquez Mariana
Rodríguez-Navas Ana Sánchez Cristina
Lopéz Sonia Ribadulla
Pablo Mouriño Ana Mejuto Iván Vidal
Patricia Iglesias Ingri García Edurne Suárez Belén Fernández Paco Veiga Maquetación: Susana Rial Se queres colaborar, podes. Non poñas esa cara de
gandaina e prepara de contado a túa colaboración para o próximo número. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
PASSSATEMPOS
FUGA DE VOGAIS. Se
colocas no seu sitio as vogais que se desprenderon, descubrirás o nome de sete grupos de música galega. M__ L
L __ D __ __ R__ F __
X __ N __ S V __ N T __ S S __
S __ N __ S __ __ V __ N __ C R
__ S T __ N P __ T __ L __
__ R N __ L__ B R __ B __
R R __ G Ú __ T T __ F __ __ N __ R __
C __ |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Se
colocas no seu sitio as vogais que se desprenderon, descubrirás o nome de catro discos de Carlos Núñez __
S __ M __ R __ S L __ B R __ S __ __R M __ N D __ D __ D __ S __ S T R __ L __ S M __
__ __ L __ N G __ T __
D __ S __ S M __ N D __ S (ANA
MEJUTO, IVÁN VIDAL E PATRICIA
IGLESIAS, DE S3ºD) |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
BUSCA
MEDIANTE O SALTO DO CABALO OS SEGUINTES NOMES DE CANTANTES GALEGOS: EMILO
CAO, SUSANA SEIVANE, CARLOS NUÑEZ, CRISTINA PATO, AMANCIO PRADA, XOSÉ MANUEL
BUDIÑO
INGRI GARCÍA E EDURNE SUÁREZ
(S3ºD) |
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
|
|
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||