Xuño 2007                                                                     Ano XIII. Número 23

Dálle á Lihgua

PUBLICACIÓN MENSUAL (OU CASE) DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO IES DE MELIDE

 

 

 

            O pasado mes de Abril (día 16), os rapaces de Ribadeo achegáronse até Melide coa intención de producirse un novo “ Intercambio cultural”, como xa aconteceu o curso anterior con Rianxo. Presentáronse no noso instituto ao redor das 11 e media da mañá. Estabamos a agardalos na biblioteca con ilusión e cun agasallo do noso pobo, que non podía ser outra cousa que os melindres de Melide. Os profesores de un e outro colexio adicaron o tempo a conversar e a degustar o noso agasallo. Unha vez feitas as presentacions entre compañeiros, procedemos a ensinarlles as nosas instalacions . Terminamos o percorrido no patio de fóra, onde estaban a agardarnos uns autobuses que nos ían levar camiño do “ Bocelo” ,(por se alguén non lembra é o monte máis alto e cercano a Melide), unha vez pisamos terra nese marabilloso lugar, puidemos renovar a vista con cousas tan sorprendentes da natureza como : un dolmen, un castro, etc. Despois de ter recreado a vista con tan preciosa paisaxe puxemos rumbo á nosa seguinte actividade, a cal consistía en realizar o tramo do Camiño de Santiago que vai dende o Leboreiro até o río Furelos;  neste tramo prentendiamos ensinarlles a fabulosa natureza da que está rodeada a terra de Melide. Durante o percorrido fixemos distintas paradas cada unha coa súa importancia. Primeiro paramos a ver a ponte do Leboreiro, logo seguimos até Furelos onde degustamos un delicioso xantar. Unha vez repousado o xantar seguimos o noso percorrido, realizando a seguinte parada na fermosa igrexa de Santa María. Por último quedaba o sprint final, que era chegar a Melide, onde nos agardaba a última e vindeira actividade, que consistía nun pequeno xogo con pistas sobre a vila de Melide, co obxectivo de que os nosos compañeiros puideran coñecer un pouco mais en profundidade a nosa terra. Finalizado o xogo, acercámonos ao instituto onde tivemos tempo libre para conversar do vivido nese día; e oca mesma produciuse a despedida.

            Como xa comentamos ao inicio do artigo, esta actividade consistia nun “ Intercambio cultural”, polo que o seguinte obxectivo era desprazarnos até o concello de Ribadeo, e así o fixemos.

            O día 7 de maio emprendemos rumbo até ese pobo lugués. Unha vez chegados alí dirixímonos ao seu instituto, onde estaban a agardarnos con diferentes aperitivos. Realizamos o mítico paseo para observar as intalacións do seu colexio, ao rematar, collemos rumbo cara ao mirador, onde puidemos contemplar unha fermosa vista da vila de Ribadeo. Seguimos a nosa ruta que nos encamiñaba ao gran tesouro da Praia das Catedrais.

 

 Tras unha esgotadora mañá dirixímonos a un pequeno pobo de pescadores, onde puidemos descansar tomando un apetecible xantar. Tras esta pequena parada visitamos unha fortaleza onde nos foi explicada a sua verdadeira historia. Seguidamente puidemos contemplar a fermosa ría de Ribadeo mediante un paseo en barca. Finalizamos o percorrido da nosa viaxe no porto de Ribadeo, Dende alí dirixímonos ao centro do pobo e alí tivemos tempo libre para poder despedirnos dos nosos novos compañeiros. En definitiva, un día moi axetreado pero tamén moi interesante e cheo de bos momentos.

Iris Parrado Sánchez

Alba Penas Varela        S4A

 

 

 

 

Editorial:

 

     E xa está aquí o derradeiro boletín deste curso de Dálle á Lingua, e cada vez cunha participación máis baixa...!!!E eu penso, se nós non defendemos a nosa lingua, a nosa identidade galega, xa que somos a nova xeración de galegos, quen o vai facer por nós?Pois debedes saber, compañeiros/as, que ninguén o vai a facer por nós, e que temos o dereito, mellor dito, o deber de defender a nosa lingua coa mellor arma da que podemos dispoñer, O NOSO QUERIDO GALEGO! E desfrutar  do que moitos outros como Rosalía ou Castelao tiveron prohibido, falar e escribir en galego!

     Pero tranquilos, aínda non é demasiado tarde, e aínda que este ano xa non podedes participar, xa que chega ó seu fin, para o próximo curso facede un oquiño na vosa atarefada axenda, e dedicádelle uns minutiños a participar para os nosos queridos Intres e Dálle, xa que se non, a este ritmo, van morrer,e defendede a lingua á que tanto lle debemos.

                                                                                       Esmeralda Seijas García 4ºA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acabamos xa un ano máis e que mellor que botar unha ollada atrás e recordar todas as actividades que realizamos nestes últimos meses; unhas máis divertidas, outras máis culturais...pero que, no fondo, a todos nos gustan porque axudan a perder un chisco de clase, non?!

 

Comezamos xa con festa...o Entroido! Máis ou menos as mesmas actividades destes anos (concurso gastronómico, xogos populares no patio, desfile de disfraces...)e tamén algo novo, un concurso de baile!

Uns días antes celebramos o San Valentín, aínda que este ano marcado polo enfado e o amolo de todos os namorados (xa que este ano por culpa dalgunha “bromiña” quedamos sen cartas).

Tivemos numerosas exposicións como as da semana das matemáticas, que ofreceu  informacións sobre diversos fenómenos físicos relacionados coa luz e importantes curiosidades matemáticas nos corredores, e tamén na biblioteca onde había actividades e mostras xa máis participativas. Tamén tivemos numerosas conferencias:por exemplo, a duns mozos de Salamanca que fan todos os anos o Camiño e que están nun centro para superar a drogadicción e que nos expuxeron o seu problema en primeira persoa e por iso resultou moito mellor que as charlas que soemos ter sobre estes temas.

Pero despois de tanto exercicio mental, unha boa idea, acabar cun pouquiño de exercicio físico, o Corremelide! Noraboa a todos os gañadores! E tamén foi un chisco de exercicio físico o que fixemos no Día Mundial do Medio Ambiente, no que non había coches á entrada do instituto; ben, se cadra había algún pero de seguro que foi dalgún despistado porque senón non se entende.

E remato cun adeus a todos eses que marchan...boa sorte!

Ana Sánchez Pérez 4ºA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CADA VEZ MENOS GALEGO NOS XORNAIS

O emprego do galego nos xornais do país é moi baixo, un 7.9%,  malia recibiren subvencións da Xunta todos os anos. Á medida que vai pasando o tempo a situación non mellora xa que os xornais con maior difusión en Galicia ,como poden ser “La voz de Galicia” e “Faro de Vigo”,  non o utilizan.

E por se isto fose pouco, podemos engadir que as poucas cousas que están escritas en galego teñen castelanismos ou erros ortográficos. Habería que preguntarse se a culpa non será, nalgunha medida, culpa dos lectores que non protestamos abondo. Ti que pensas?

 

 

 

 

 

OS CORUÑESES PREXUDICADOS POLO CONFLITO DO TOPÓNIMO

En numerosos estudos que se fixeron deuse a coñecer que cada coruñés perde ao ano uns 6.000 euros pola fobia que teñen algúns políticos ao seu topónimo.Ese diñeiro gástase en bufetes madrileños de avogados e procuradores. Pois ben, sería horas  de que os políticos de A CORUÑA entraran en razón, aínda que soamente sexa por cartos.

 

MARÍA MARIÑO, HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

María Mariño  foi unha orixinal escritora, nacida en Noia no ano 1907 no eido dunha familia con dificultades económicas. A súa obra non responde ás normas, senón que é unha obra moi particular e radicalmente intimista.

A súa obra completa, composta por obras coma Palabra no Tempo, Los años pobres, Memoria de querra y postguerra, Mas allá del tiempo e Verba que comeza, foi publicada por Edicións Xerais no ano 1994

 María Mariño foi enterrada en Seoane do Courel

 

NOVA CAMPAÑA NA REDE PARA CONSEGUIR QUE ASTERIX FALE GALEGO

A editorial Salvat Bruño non quere editar en galego “Axtérix e os seus amigos”, a nova aventura de Axtérix que sae ao mercado en conmemoración do 80 aniversario dun dos creadores.

Isto xa pasara no ano 2005 coa anterior aventura dos galos. Editárase en 25 linguas, e o galego estaba excluído.Ciberirmande, xunto ca Mesa pola Normalización lingüística e outros, intentan incluír o galego nestas aventuras.

 

 

LAURA VÁZQUEZ CASAL

MARIANA RODRÍGUEZ-NAVAS VAL S4B

¿QUERES SER VOLUNTARIO LINGÜÍSTICO?

A Universidade de Santiago de Compostela, a Dirección Xeral de Xuventude e de Solidariedade e a Mesa pola Normalización Lingüística, dentro do programa VAL (Voluntariado de Activación Lingüística), están a pór en marcha un programa de acompañamento de estudantes.

Eses voluntarios terían que ensinarlle aos forasteiros que o soliciten a cultura e a lingua galega e facer de orientadores nas cidades galegas. ¡Mira que boa idea!

 

 

TOXOS E FLORES

 

Toxos: Desta vez os toxos van adicados ao Partido Galeguista de A coruña xa que o seu lema para as eleccións municipais foi “Habla Coruña” , é dicir, un lema en castelán. Vivir para crer! Despois do que levamos loitado pola nosa lingua parece mentira que alguén que se define galeguista decida castelanizar a cidade co topónimo máis problemático. A isto chámase engadir máis leña ao lume. Que indignidade, hipocrisía e cinismo!! Nós mon somos de A Coruña, pero se o fósemos, logo disto que non contaran co noso voto.

 

Flores: As flores para a Mesa pola Normalización Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que tiveron a xenial idea de poñer en marcha o voluntariado lingüístico, que fará posible que os mozos e mozas que veñen a Galiza coñezan de primeira man a nosa lingua. Esperemos que o número de voluntarios sexa importante.

                        Judith Ramos Castro (S3D)

                        Andrea Vázquez Varela (S3B)

DÁLLE Á LINGUA, ano XIII, núm. 23,  XUÑO, 2007. DÁLLE Á LINGUA é responsabilidade do Colectivo “Lugrís Freire”, grupo de traballo do Equipo de Normalización Lingüística do IES Melide.

Consello de Redacción:

Esmeralda SeijasGarcía           Laura Vázquez Casal

Mariana Rodríguez-Navas Val

 Iris Parrado Sánchez

Alba Penas Varela                                 Ana Sánchez Pérez

Judith Ramos Castro     Andrea Vázquez Varela

Alumnos PDC4

 

Maquetación: Susana Rial, que se despide deste centro, do que de seguro gradarei un agarimoso recordo .

 

Se queres colaborar, podes. Non poñas esa cara de marulo e prepara de contado a túa colaboración para o próximo número.

 

PASSSATEMPOS

 

 

 

 

 

 

 

             CRUCIGRAMA

1.        Instrumento musical composto dun soporte e unha serie de cordas dispostas verticalmente.

2.       Mamífero carniceiro de pequeno tamaño pertencente á familia dos mustélidos.

3.       Vestidura sacra que se usa en actos solemnes.

4.       Lugar onde se acende o lume nas cociñas rústicas.

5.       Tallada delgada e ancha.

6.       Vagón pequeno descuberto empregado nas minas.

7.       Instrumento de percusión de caixa semiesférica de cobre cuberto dunha pel tensa.

 

Alejandro Liñeira Segade PDC 4

 

 

SOPA DE LETRAS

Busca os sete nomes de enfermedades na seguinte sopa de letras: sida, úlcera, herpes, gonorrea, varicela, sarampelo e cancro

 

S

I

D

O

L

C

E

L

V

S

A

P

O

Ñ

M

U

G

A

R

E

C

L

V

U

C

C

A

P

E

R

L

R

O

S

A

S

A

R

A

M

P

E

L

O

G

R

I

S

N

E

R

A

N

T

R

A

P

O

C

V

A

P

E

P

O

A

C

X

A

R

I

P

E

F

A

M

U

P

R

S

R

I

P

S

S

U

C

T

O

D

N

A

R

V

O

E

R

B

I

M

I

N

E

D

A

S

H

E

P

E

C

S

E

D

L

A

L

O

L

O

X

A

H

E

R

L

P

E

A

G

R

P

E

D

A

V

O

P

E

T

U

A

S

L

O

P

I

R

E

T