Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

EDITORIAL

Tan só unhas liñas para abrir este exemplar de "Dálle á Lingua", que esta vez se retrasou un pouco en saír, pero abre unha nova etapa do boletín do IES de Melide.
En moitas ocasións téñome detido a ler as editoriais ou as primeiras páxinas de distintas revistas nas que o director presenta o número en cuestión.
A verdade: sempre me pareceu difícil facer unha presentación de este estilo, e nunca imaxinara que tería que facelo, e menos, dun boletín tan fantástico como é o noso "Dálle á Lingua", que conta xa cuns cantos exemplares e bastantes anos.
Como podedes comprender, facer o prólogo dunha editorial de esta categoría, non é nada fácil. Así pois, o único que podo dicir é que moito ánimo aos novos redactores, pois creo que este esforzo por sacar adiante o boletín do IES é un labor con éxito asegurado.
Ademais, tamén aproveito para animar aos que aínda non son redactores para que suxiran todo o que queiran, sexa elaborar novas seccións xunto coas que xa ten, colaborar na redacción de artigos, realizar debuxos, etc.
Estou seguro que a redacción de "Dálle á Lingua" agradecerao moito.
Por tanto, ánimo e a polo próximo número.
lRodrigo Ayude Puga (B2B)-

 
     

Inicio

Oferta Educativa