| |
Páxina seguinte
ENTROIDO NO INSTITUTO
Este curso o entroido no IES tivo tres grandes citas. As dúas
primeiras foron o xoves de Comadres e o de Compadres, nos que unha
grande parte do alumnado e do profesorado acudimos ao instituo con
sombreiro e gravata. A terceira cita foi o venres de Entroido no
que, como todos os anos, tiveron lugar certas actividades. Houbo
desfiles de disfraces con comparsas incluídas, concurso gastronómico,
dúas obras de teatro para o alumnado de 4º Eso e Bacharelato
e unha gran actuación dun mago para o alumnado de 1º,
2º e 3º de ESO. Esperemos que vos gustaran estas actividades
e que, os que volvades estar connosco o vindeiro ano, vos animedes
un pouquiño máis.
|
|