| |
Páxina seguinte
O ENFERMO IMAXINARIO
Non sei se lembrades aquel 20 de Febreiro no que na obra de teatro
realizada por alumnos/as do IES, viamos aquel enfermo de vicio que
non facía máis que queixarse; a súa irmá
que non lle calaba nin unha; a aquela criada argallante que se fixo
pasar por médico; a aquel médico "de verdade"
cabreado e berrón. ¿Non vos acordades? ¿de
verdade? E a aquela muller que se alegraba pola morte do seu home,
e aquela filliña chorimicas apoiada no seu Cleanto, tan listiño
el. Pois se non o recordades é porque non o fostes ver, e
non sabedes o que perdestes, porque houbo dende persecucións
e insultos ata risos e bágoas. Dende logo quen nolo ía
dicir; hai burras e burras, e burras que dan cornadas... pero despois
de todo o que conta é que non morran as vacas nin os porquiños...¿ou
non? Con tal de non caer na hipocresía, ou de criar bacallau...
Eu penso que todos estamos ben. O caso é ir a modiño,
non tropezar porque iso de facerse cirurxián, boticario ou
veterinario...
TONIÑA (Ana Belén Villamor Bande B2B)
|
|