| |
Páxina seguinte
¡ XA TEMOS O XP EN GALEGO !
A Dirección Xeral de Política Lingüística
chegou a un acordo económico coa empresa Microsoft para a
traducción do sistema operativo XP ao galego.
Isto foi conseguido gracias á Mesa pola Normalización
Lingüística, que lle enviou un fax ao xigante estadounidense
pedíndolle que comercializase o sistema operativo Windows
XP e o Microsoft Office en galego, ou se non realizaría unha
campaña de boicot contra a empresa estadounidense en institucións
e centros de ensino.
Ao día seguinte da ameaza da Mesa, a responsable da Área
de Clientes de Microsoft, púxose en contacto coa asociación
para comunicarlle que a traducción se produciría en
dúas semanas.
En concreto, este acordo fai referencia a un arquivo lip, que permite
a visualización dun sistema castelán en galego.
Hai que lamentar que haxa que chegar a un anuncio de boicot para
que unha empresa mude a súa actitude discriminatoria cara
aos galegos e galegas, xa que noutras linguas como o catalán
e o vasco xa existe esta traducción.
Unha vez máis, unha organización social demostra que
cun mínimo de interese e vontade se poden conseguir éxitos
para a normalización do noso idioma.
Esta traducción, que estará dispoñible antes
do verán, conta co aval lingüístico do Termigal
e nela leva investidos oito meses de traballo.
Lucas Freire Taboada 1º B.A.C. - A
|
|