| |
Páxina seguinte

UN ESTUDIO DA TRES DÉCADAS DE VIDA Ó
GALEGO COMO LINGUA VIVA
Xosé Ramón Freixeiro Mato, responsable do proxecto
GALBREUS, alertou de que o galego pode desaparecer como lingua viva
en tres décadas debido a que os mozos e as mozas fálano
cada vez menos.
Destacou que nos últimos dez anos, un 6,6% dos mozos deixaron
de falar galego e que actualmente o 19,2% do alumnado de ESO enquisado
declara usar o galego como habitual, fronte a un 72% que usa español.
Ademais, o 10,1% dos alumnos recoñécese monolingüe
en galego, o 27,4% en castelán e soamente 8,8% afirma utilizar
ambos os dous por igual.
Nas relacións sociais hai "un predominio absoluto do
castelán", que supera o 60% como lingua única
de relación fronte a un 10% que di usar o galego.
No ámbito escolar, o 18,9% dos alumnos din recibir en galego
soamente a clase sobre este idioma; o 49% ten seis ou menos horas
en galego e o 65% menos de doce horas.
Así ben, Freixeiro manifestou que o galego está nun
proceso de perda alarmante. Pero seguro que ti non vas permitir
que a nosa lingua morra.
¡¡ANÍMATE E RELACIÓNATE EN GALEGO!!
Cos británicos compartimos ademáis das néboas
o galego
¿Sabías que non só se estudia galego nas escolas
de Galicia? Por se non tiñas claro que a nosa lingua é
de interese mundial, fómosche buscar un exemplo ó
Reino Unido. Resulta que na Universidade de Birmingham creouse un
Seminario de Estudios Galegos no ano 1991 coa finalidade de divulgar
os estudios baseados en Galicia e na súa cultura, sobre todo
na lingua e literatura galegas.
En 1923 fundouse o Seminario de Estudios Galegos en Santiago de
Compostela. Foi fundado coa finalidade de estudiar as diversas manifestacións
da cultura galega desde unha perspectiva científica; ademais
conta cun grande e importantísimo material bibliográfico:
O tío Marcos da Portela, A Monteira
Tamén se
pode atopar un variado repertorio bibliográfico sobre a historia,
a lIngua e a literatura galega na Biblioteca da Universidade de
Birminghan. Así mesmo, este Seminario leva a cabo varias
actividades culturais como charlas, conferencias, publicacións,
reunións para estudiar o tema...
Este Seminario está dirixido dende 1997 polo doutor Drek
Flitter, que é profesor do Departamento de Estudios Hispánicos
e centra o seu interese en estudiar a literatura galega, portuguesa
e española. dentro do programa de estudios do Departamento
de Estudios Hispánicos da Universidade de Birmingham pódese
estudiar como materia optativa a lingua e literatura galegas. Consta
de tres horas de clase semanais desenvolvidas ao longo de todo o
ano académico. Esta materia divídese en tres bloques,
que se imparten por orde en 1º,2º e 3º de carreira.
No primeiro ano aprendes a falar e a escribir en galego nun estadio
inicial. Xa en segundo hai unha introducción á literatura,
á historia da lingua e á sociolingüística.
No último curso o estudio baséase na literatura e
na traducción galego-inglés de textos literarios.
Deixando á marxe os datos técnicos, pensemos un pouco:
vexamos, sempre oímos falar dende que eramos pequen@s que
o galego non foi precisamente unha linguaxe do todo afortunada;
pasamos por moitos malos momentos pero sempre soubemos saír
ben parados, a súa conservación e que siga adiante
é cousa nosa e non foi precisamente o goberno o que conseguiu
que hoxe en día a lingua galega fose materia optativa nunha
universidade do ¡Reino Unido!, senón que foi cousa
nosa e dos nosos antecesores, que non se renderon. E mantense aí,
tan "leda" coma sempre a pé firme e competindo
con nada máis e nada menos que co inglés, a linguaxe
que hoxe en día é considerada unha lingua de comunicación
mundial. Deberiamos sentirnos orgullosos ¿non si?.
María García Torreiro
Laura Ramos Rúa
Marta Blanco Rodríguez
B2A
UN DICCIONARIO RECOLLERÁ AS NOVIDADES LÉXICAS QUE
O GALEGO TEN INCORPORADO
A publicación dun diccionario galego de neoloxismos foi anunciada
na cuarta sesión do Simposio sobre Léxico e Estandarización
en Galicia, que se celebrou na Facultade de Filoloxía e que
foi organizado polo Instituto da Lingua Galega.
Os autores, Xosé María Gómez Clemente e Eloi
Gestido de la Torre, membros do Observatorio de Neoloxía
da Universidade de Vigo, presentaron o borrador do traballo, que
se actualizará cunha aplicación informática
que localiza os neoloxismos nos textos.
O criterio que seguiron foi recoller as palabras que non figuran
nos diccionarios de referencia, "remisos a aceptar as novidades
léxicas ás que o galego reacciona con vitalidade"
|
|