| |
NORMATIVA DA CONCORDIA
A denominada normativa da concordia - que xa fora proposta no
2001 á Real Academia, non sendo aprobada naquela altura---
recibiu a aprobación dos académicos na sesión
celebrada o 12 de Xullo. O proxecto presentado á R.A.G foi
dirixido pola Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG),
o ILGA e os departamentos de Galego das tres universidades do País.
As principais novidades ortográficas recollidas no Acordo
entre o Instituto da Lingua Galega e as tres universidades son;
*Suprímese a segunda forma do artigo despois de formas verbais
: Ve-la Televisión/Ver a televisión
*Suprímese a primeira consoante en grupos -cc-e-ct- presentes
nalgúns vocábulos: Condución, conflito...
*Amplíase a relación de voces en -zo, -za: deferenza,
espazo, licenza, presenza, sentenza...
*Recoñécese Galiza como denominación, tamén
xenuína, do país
*Admítense as terminacións -ble e -bel, indistintamente:
visible/visíbel
*Outórgaselle preferencia á terminación -aría
sobre -ería, aínda que se segue admitindo esta última:
libraría, carpintaría...
*Admítese ao a carón de ó para a contracción
a+o
*Elimínanse as formas esto, eso e aquelo
*Recupérase o relativo posesivo cuxo
*Admiténse os adverbios de lugar alén e aquén,
e as conxuncións no entanto e porén
*Elimínase a forma alomenos, e tamén as conxuncións
anque, nembargantes e sen embargo
*Suxírese o recurso ao portugués para a incorporación
de novo léxico científico-técnico.
NOVO DICCIONARIO DA RAG
O presindente da R.A.G e o conselleiro de Educación asinaron
dous convenios que permitirán desenvolver os traballosde
actualización do Diccionario da Real Academia Galega de 1997-con
15.000 novas entradas - e que se complementará cunha nova
gramática galega e o Mapa Sociolingüistico de Galicia
realizado en 1996. Aconfección do novo diccionario estará
en mans do Seminario de Lexicografía de R.A.G.
Zeltia Laya e Lucía Agra (4ºC)
|
|