Dálle á Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

¡As rúas de Melide seguen igual!

 
 

Hai xa bastante tempo que alumnos/as do Dálle a Lingua estiveron no Concello para pedirlles aos encargados da Normalización Lingüística a corrección dos nomes de moitas rúas que están mal traducidas ao noso idioma, o galego. A día de hoxe bastantes destas rúas seguen igual.

Desde aquí volvemos comunicarlle ao Concello que nos fixamos no nome das rúas da nosa vila, e que nos gustaría ver eses nomes nun galego normativo, sen que a xente que pasa pola nosa vila diga que os de Melide non saben escribir en galego correctamente.

Esperamos que esta noticia chegue ao Concello, e dunha vez por todas aparezan os nomes das rúas en galego. En caso contrario, desde o Dálle a Lingua seguiremos insistindo ata que iso se cumpra.


 

Inicio

Oferta Educativa