Dálle á Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

Páxina seguinte

TOXOS para...

 
 
www.aytolacoruna.es, en castelán, claro. O novo portal web municipal do Concello de A Coruña é a única web das sete cidades galegas que non recibe en galego aos visitantes. O concello coruñés amosa unha vez máis a total falta de sensibilidade co galego e convértese así na única cidade galega coa súa páxina en castelán. Polo tanto, os toxos do noso Dálle á lingua son para o Concello de A Coruña.

FLORES para...
O Consello da Cultura Galega, entidade que acaba de acometer o proxecto de sacar á luz unha análise polo miúdo do que foron os vinte anos que levamos nese proceso que chamamos de "normalización lingüística". Acaba de tirar xa o primeiro volume, no que se mira con lupa todo o que se leva feito desde que temos Estatuto de Autonomía, e incluso desde antes. A análise complétase, claro, cunha batería de propostas para mellorar os resultados (que ata agora foron bastante calamitosos, por certo). A este volume han seguir outros nos próximos meses, estes xa cada un deles analizando os diferentes sectores sociais un por un. Os nosos parabéns polo traballo.

 

Inicio

Oferta Educativa