| |
................... .........................................................................Páxina
2 >>>
A TOPONIMIA EN GALIZA
Despois de vinte anos da aprobación da Lei de Normalización
Lingüística, as Administracións galegas seguen
a ignorala. Durante anos e anos, os nosos nomes de lugar sufriron
as deturpacións castelanizadoras e caprichosas. A lei antes
mencionada, trataba de evitar este feito, pero o certo é
que soamente o empeño cidadán conseguiu que as formas
maioritariamente utilizadas e preferidas pola poboación na
actualidade, sexan as xenuínas. Aínda así,
hai multitude de lugares que seguen sen acatar a denominación
orixinal galega. Sirva, a modo de exemplo, que existe un distrito
marítimo denominado "Vivero" pertencente á
provincia marítima de "El Ferrol del Caudillo"(!!!),
ou os distritos de "La Coruña" e "Noya"
adscritos á provincia de "La Coruña". Tamén
temos "Bayona", "Tuy", "Villagarcía
de Arosa", "Santa Eugenia de Ribeira", "El Grove"...
O mesmo ocorre con accidentes xeográficos como "punta
Fajilda", "río Barjas", "isla de La Toja",
"isla de Arosa", "punta de La Vela"...
Esperemos que o Goberno galego trate de solventar esta situación,
porque os cidadáns de Galiza estamos orgullosos da nosa lingua
e dos nomes dos nosos lugares.
|
|