Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

................... .........................................................................Páxina 7 >>>

O CORREMELIDE
O día 28 de maio celebrouse, como tódolos anos, a carreira pola casco histórico da vila, organizada polo IES de Melide. Como sempre, léronse uns manifestos a prol do galego que , nesta ocasión, foron escritos por alumn@s de cuarto de ESO. Estes manifestos contiñan un berro pola loita e a defensa dun ben tan prezado como é a nosa lingua.
Aqueles que quedaron nos primeiros postos recibiron uns trofeos e os restantes, un diploma, e aproveitouse a ocasión para darlles un agasallo a aqueles que obtiveron a matrícula de honra en 2º de Bacharelato.
A meirande parte da xente non correu, simplemente colaborou e a colaboración foi menor que outros anos (ou iso nos pareceu).
O alumnado dividiuse en grupos dependendo do sexo (masculino e feminino) e da idade (infantís, cadetes e xuvenís).
Dende aquí, dámoslle a noraboa a toda aquela xente que gañou e que participou e tamén a eses profes que participaron ... ¡¡¡ e que gañaron !!!

Rosa Cabado e Miriam Blanco



 
     

Inicio

Oferta Educativa