Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

................... .........................................................................Páxina 9 >>>

Os filólogos sinalan a convivencia do galego "estándar" xunto co "puro"

No libro-audio "A nosa fala, Bloques e áreas lingüísticas do galego", recóllese a convivencia na actualidade en Galiza de tres tipos de galego: o popular ou puro, o urbano e o estándar. Parece ser que o bo galego é o estándar, xa que os medios e o ensino utilízano na actualidade e conseguen que se impoña ás variantes dialectais do galego puro, pola influencia daquel que vén unificar o idioma do país. Os filólogos volven sobre as formas orais do idioma pero constatando a supervivencia do galego puro, especialmente nos lugares onde hai pouca presencia do castelán.
Os filólogos presentaron a reedición do libro-audio, tendo en conta que o país evolucionou e que a situación diglósica do galego se reduce, e destacan que foi aumentando o prestixio do galego dende que puido ser oficial no seu territorio.
Esta dialectoloxía oral, con textos de diferentes áreas, recolle tres xeracións de falantes e permite ver a evolución social do galego e analizar a súa variación lingúística.
Os temas tratados son tan diversos, que contribúen a dar unha imaxe real das Galizas existentes.



 
     

Inicio

Oferta Educativa