Dálle a Lingua

I
E
S

de

M
E
L
I
D
E

Páxina de inicio do IES de Melide
As últimas  novidades no IES
O Centro, comarca e información do entorno
Actividades extraescolares
A radio do IES de Melide
Tódolos ensinos no centro: a nosa oferta
Departamentos docentes
Accede a biblioteca do IES
Intres, FalaMelide, Dalle á Lingua, ...
Visita outros sitios de interese
 

................... .........................................................................Páxina 11>>>

FLORES: Non por estarmos acostumados temos que perder de vista que o IES Melide conta coa, sen dúbida, unha das mellores publicacións escolares de Galicia: O INTRES. E vai sendo hora de que alguén o diga e tamén aquí dentro (porque fóra do IES Melide xa todo o mundo o ten claro). O último número é, sinxelamente, extraordinario. E, por riba, comeza coa aclaración de que algúns artigos non colleron nun número xa de por si apretado. Xa quixeran para si outros centros. Noraboa a todo o equipo de Redacción e noraboa a nós todos/as.
TOXOS: Unha vez máis, toxos para a administración de Xustiza, empezando polos xuíces/as e acabando polos procuradores/as, por non usar nada máis que o galego de forma testemuñal. O cumio do despropósito ocorreu neste curso. Un tribunal dictaba unha sentenza en castelán pero tivo que acudir ao galego para especificar como estaba unha porta nun momento dado. Seica non estaba nin aberta nin pechada, seica todo o contrario, e no castelán non había palabra para deixalo claro. Por iso houbo que acudir ao galego. Por unha parte, próbase a riqueza do noso idioma, pero por outra, a Xustiza segue facendo oídos xordos a un uso ordinario do idioma. Lamentable.



 
     

Inicio

Oferta Educativa