SISTEMA DE AVALIACIÓN

 

 

 

 

Durante o curso escolar 2004-2005 o sistema de avaliación que se empregará para esta materia  estará estructurado en base aos seguintes elementos e estará baseado nos criterios de avaliación que figuran en documento anexo:

 

1.       En cada trimestre realizaranse un total de dúas probas escritas, agás no último que só se realizará unha. A primeira proba versará sobre a materia que ata ese momento se leve impartido. O temario para a segunda abranguerá a totalidade dos temas explicados no trimestre. Realizarase unha media das cualificacións das dúas probas para obter unha única.

 

2.       Existirá a posibilidade de realizar voluntariamente unha proba de preparación adicional a primeiros do mes de xaneiro de 2005. Se é superada con suficiencia entenderase que o/a alumno/a logra unha avaliación positiva da 1ª avaliación coa cualificación de 5 ou 6, independentemente da cualificación acadada na proba escrita de preparación adicional.

 

3.       Tamén se poderá realizar unha proba voluntaria de preparación adicional a primeiros do mes de abril de 2005. Se é superada entenderase que o/a alumno/a logra unha avaliación positiva da 2ª avaliación coa cualificación de 5 ou 6, independentemente da posible máis alta nota acadada na proba escrita.

 

4.       Non haberá unha proba de preparación adicional correspondente á 3ª avaliación.

 

5.       Ó remate do curso, haberá unha proba escrita sobre a totalidade do programa de Física de 2º de Bacharelato que deberá ser realizada pola totalidade do alumnado. Se é superada con suficiencia obterase unha avaliación global positiva do curso coa cualificación de 5 ou 6, con independencia dunha posible máis alta nota na proba escrita, para aqueles alumnos/as que teñan algunha avaliación suspensa  Aqueles outros alumnos/as que superasen a totalidade das avaliacións só terán que acadar unha cualificación de apto para poder obter a que lle corresponda polo traballo realizado ó longo do curso.

Os/as alumnos/as que non superen, despois de terse acollido á posibilidade da proba de preparación adicional, algunha avaliación trimestral terán que realizar a proba final para poder superar a disciplina de acordo coa seguinte casuística:

 

Ø      Se non se supera a 1ª avaliación (1º parcial da proba final)

Ø      Se non se supera a 2ª avaliación (2º parcial da proba final)

Ø      De non superar a 1ª e 2ª avaliación (1º e 2º parcial)

Ø      Se non se supera a 3ª avaliación (3º parcial da proba final)

Ø      Nos demais casos posibles haberá que realizar a totalidade da proba final.


 

6.       A estructura de todas as probas escritas será a seguinte:

 

Tipo de preguntas

Número

Puntuación da pregunta

Exercicios de aplicación

3

2 puntos por cada exercício.

Cuestións teóricas

7

0,50 puntos por cuestión

Cuestión práctica

1

0,50 puntos

Enténdese que a puntuación total de cada pregunta só se logrará se esta é contestada correctamente na súa totalidade. Neste sentido unha cuestión deberá estar razoada e un exercício resolto na súa totalidade, coas fórmulas deducidas cando así o especifique o seu enunciado e os resultados expresados coas unidades oportunas.

 

7.       As probas escritas realizaranse pola tarde o día da semana que se elixa de común acordo. Terán unha duración limitada que poderá variar dunha proba a outra. A duración concreta de cada proba figurará no folio de exame.

A non asistencia ás probas terá que ser xustificada e documentada convenientemente. Só por motivos de enfermidade ou de forza maior se poderá aprazar individualmente unha proba escrita.

 

8.       Durante o curso será obrigatoria a lectura dun libro (ou de parte del) que trate sobre aspectos relacionados coa física e/ou co currículum da materia. No seu momento proporase a título.

 

9.       A cualificación outorgada nas avaliacións non só depende do resultado das probas escritas, senón que tamén pode ser matizado en función das anotacións que teña o profesor sobre o/ alumno/a referentes a probas orais de carácter puntual, ás saídas ó taboleiro, ás prácticas de laboratorio e ó seguimento dos boletíns de cuestións e problemas.

 

10.   Para poder acollerse a este sistema de avaliación é necesario cumprir estrictamente o estipulado no Regulamento de Réxime Interno (RRI) do centro no que fai referencia á asistencia ás clases.