b

 

ATTIC Local goes global

ATTIC (Arts, Traditions, Training, Inheritance, Cultures) Local goes global

ATTIC (Artes, Tradicións, Formación, Patrimonio, Culturas) Do local ao global

ATTIC é un proxecto Grundtvig 2 no que o IES de Melide vai traballar durante o bienio 2007-09. A Axencia Sócrates concede as accións Grundtvig destinadas ao ensino de adultos coa idea de propiciar un foro en común entre o alumnado de distintos países europeos asociados. Os países cos que o IES de Melide se asociou para este proxecto son do máis variado (e lonxano...): Bulgaria, Dinamarca, Grecia e Letonia.

Como sabedes, o IES de Melide ten unha longa tradición na difusión dos xogos tradicionais, e van ser a nosa aportación fundamental ao proxecto. O obxectivo do mesmo é procurar intercambio e coñecemento das diversas manifestacións dos patrimonios culturais. Todos imos aprender de todos. Queremos artellar unha rede de comunicación na que difundamos o noso patrimonio lúdico e aprendamos o propio dos outros socios, pero non nos imos cinguir só aos xogos tradicionais. Tamén aprenderemos de artesanía e oficios, de músicas e danzas tradicionais, de literatura oral... algo sobre o que os galegos tamén temos moito que contar!

En resumidas contas, un ocasión do melloriño para coñecérmonos mellor!


TODOS ENSINAMOS, TODOS APRENDEMOS... NUNCA É DEMASIADO TARDE

Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos
e-mail IES Melide