Actividades extraescolares e complementarias

Avaliación dos obxectivos específicos:

Realízase a avaliación seguindo o mesmo esquema dese capítulo presentado na PXA.

 

 

Obxectivos

Avaliación

1.Complementar a formación integral do alumnado, apoiándose nun programa ambicioso e realista de actividades extraescolares e complementarias, adaptado ás súas necesidades e preferencias.

Na PXA contemplábase un programa ambicioso de actividades complementarias de moi diversa índole, das cales se realizou a maioría. O instituto apoiou economicamente aquelas actividades que tiñan unha duración superior a un día, seguindo os criterios aprobados polo Consello Escolar. Nalgunhas actividades non houbo toda a coordinación desexada, polo que, acadar unha mellor coordinación, e unha maior antelación na planificación serán obxectivos para os próximos cursos.

2. Integrar ó alumnado na vida do centro, e potenciar actitudes de convivencia e solidariedade.

Un dos obxectivos das actividades complementarias e extraescolares é ofertar ó alumnado actividades de ocio para desenvolver no seu tempo de lecer. Partindo desta idea, ofertouse ó alumnado un abano amplo de posibilidades, como actividades deportivas variadas, teatro, publicacións periódicas, radio... que foron ben acollidas, logrando nalgúns casos como o do deporte, unha elevada participación. Obsérvase unha maior implicación do alumnado de ESO (principalmente do primeiro ciclo), con respecto ós de Bacharelato e Ciclos Formativos.

 Un  dos obxectivos propostos na PXA, era fomentar a creación dunha asociación de exalumnos. Se ben esto non foi posible, si é de resaltar a participación de antigos alumnos tanto nas Xornadas de Orientación programadas polo departamento de Orientación, como noutro tipo de charlas.

Nas actividades propostas, o alumnado non só desempeñou un papel como participante. En moitos casos, axudaron na organización das actividades: repartindo as cartas do día de San Valentiño, presentando os actos de Nadal, Entroido ou Corremelide. Tamén cabe destacar a colaboración do alumnado de 2º de ESO na organización da actividade “Coñece a Galicia Verde”.

3. Imprimir un carácter formativo, cultural, educativo...ás viaxes e excursións, ademais do aspecto lúdico.

Igual que que anos pasados, as viaxes organizáronse e realizáronse seguindo uns obxectivos previos, predominando en todas elas un carácter formativo, cultural e educativo.

Compre destacar a iniciativa do alumnado e a súa implicación en certas actividades (como se pon de manifesto no apartado anterior), así como un maior compromiso por parte do profesorado de diferentes departamentos.

4. Promover un maior coñecemento do contorno, concienciación e implicación nos problemas do medio.

Para acadar este obxectivo, ademais do grupo de extraescolares “Ornitos”,  realizáronse itinerarios pola zona e a xeografía galega, participando en actividades como “O Camiño de Santiago” ou “Coñece a Galicia Verde”. Os alumnos puideron participar da “Cadea Humana”  organizada por Nunca Máis como protesta polo desastre do Prestige e ver in situ, os problemas que ocasionou.

5. Fomentar a  tolerancia coas culturas e actitudes diferentes.

Nas viaxes culturais (Grecia, Londres...) tratouse de inculcar a tolerancia, informando e formando ó alumnado mediante guías e unidades didácticas, para conseguir unha maior integración no medio diferente.

6.  Promover actitudes de respecto ante as diferentes manifestacións culturais e artísticas.

Fomentar no alumnado a inquedanza e a curiosidade ante o descoñecido e inusual.

O alumnado asistiu a diferentes manifestacións culturais e artísticas ó longo do curso: representacións teatrais, concertos de música “clásica”,  exposicións, charlas... que van creando pouco a pouco un hábito de “saber estar” e aproveitamento destas manifestacións.

7. Fomentar a creatividade do alumnado.

Seguiuse coa edición da revista INTRES, e o boletín DÁLLE Á LINGUA. A creación literaria non só se limitou a estas publicacións; manifestouse tamén nos diversos concursos literarios que se organizaron ó longo do curso escolar (San Valentiño, Día das Letras Galegas...).

O obradoiro de radio mellorou o ritmo acadado o ano anterior, realizando de forma regular as emisións de Falamelide.

O departamento de Plástica propiciou a participación do alumnado en concursos, tanto dentro coma fóra do centro (Once, Postais de Nadal...) e realizaron varias exposicións con traballos realizados na aula.

8. Realizar actividades de calquera índole sen perder a nosa identidade cultural e lingüística.

 

Este obxectivo acadouse plenamente, xa que o emprego do galego foi constante na realización das actividades, traballando sempre coa colaboración do ENL.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avaliación do desenvolvemento das actividades de carácter continuado ó longo do curso: Actividades Extraescolares.

 

 

Estas actividades tiveron lugar, na súa meirande parte, en horas non lectivas, nas tardes do luns e mércores preferentemente. Desenvolvéronse os seguintes grupos:

 

¨      Grupo Ornitos: grupo no que participaron sete alumnos coordinados por membros do departamento de Ciencias Naturais. Realizaron as seguintes actividades:

            a)Estudio morfolóxico dunha ave.

            b)Manexo da ficha de campo e prismáticos.

            c)Saídas de campo colo contorno.

            d)Construcción de quince caixas-niño, das que só chegaron a colocarse  cinco.

 

¨      Taller de Belas Artes: coordinado polo departamento de Educación Plástica. Traballaron cun grupo reducido de alumnos de primeiro ciclo da ESO na elaboración dun corto (que non chegou a rematarse). Realizaron as seguintes actividades:

            a)Estudio da terminoloxía cinematográfica: planos, movementos de cámara...

            b)Realización dun guión.

            c)Realización de story board.

            d)Manexo da cámara.

            e)Gravación dalgunhas escenas.

 

¨      Taller de xogos populares: habilitouse un armario no que se colocaron diversos xogos populares que estiveron a disposición do alumnado nos períodos de lecer. Procedeuse a pintar varios campos de xogo no patio (tres en raia, brilé, o pano, as catro esquinas...). Nas actividades de Nadal, Entroido e Corremelide realizáronse campionatos de aro, tiro á rá, trompo...

 

¨      Obradoiro de teatro: fixéronse cargo do grupo de Teatro Teiroa as profesoras Carme Nieto, Gloria Rodríguez e Soqui Cea. O grupo estivo formado por alumnado pertencente na súa meirande parte ó primeiro ciclo da ESO que ofreceron dúas representacións ó longo do curso, unha coincidindo coas actividades de Nadal e outra a final de curso.

 

¨      Obradoiro de prensa: elaboráronse dous números da revista Intres, e  dous números do boletín do Equipo de Normalización  Dálle á Lingua. O equipo de redacción estivo composto maioritariamente por alumnado de Bacharelato e contou coa colaboración dun antigo profesor do centro, Rosendo. O departamento de Lingua e Literatura editou un tríptico coa vida e obra de Antón Avilés de Taramancos,para conmemorar o das Letras Galegas.

 

¨      Actividades deportivas: foi quizais a actividade que conseguiu un maior número de participantes, posto que se implicou máis da metade do alumnado de ESO. Estas actividades estiveron coordinadas polo Departamento de Educación Física e profesorado voluntario. Participouse no programa “Deporte Escolar”, promovido pola Consellería de Educación, nas modalidades de Campo a través, Fútbol e Tenis de Mesa:

 

           

 

 

            a)Campo a través: na fase comarcal participaron 98 alumnos nas categorías infantil e cadete, que competiron con equipos da zona, na localidade de Touro, clasificándose para a Fase Intercomarcal (zona de Santiago) os equipos de infantil feminino e masculino, e cadete feminino e masculino. Os membros do equipo infantil masculino e unha rapaza cadete clasificáronse para a fase provincial que se desenvolveu nas instalación do Monte do Gozo, clasificándose un membro do equipo infantil masculino para o campionato galego de campo a través, obtendo unha moi boa posición.

 

            b)Fútbol sala: a nivel instituto desenvolvéronse dúas ligas de fútbol, unha para alumnado de primeiro ciclo da ESO (os luns polas tardes) e outra para o segundo ciclo da ESO e Bacharelato (mércores pola tarde). O equipo gañador da liga de primeiro ciclo (equipo infantil masculino) clasificouse para a fase comarcal e intercomarcal.

 

            c)Tenis de mesa: tamén os luns e mércores pola tarde houbo un grupo de alumnos que participaron a nivel instituto nunha competición de tenis de mesa. Destas competicións clasificouse un equipo infantil masculino para a fase intercomarcal.

 

Realizouse a 3ª edición do “Corremelide”, unha carreira popular polas rúas de Melide que ten como obxectivo facer sentir a presencia dos estudiantes en Melide. Este ano, ademais dos alumnos do IES, participaron rapaces do CEIP “A Martagona” e CEIP Nº 1,  conseguindo así un dos obxectivos principais da actividade que era a integración da poboación escolar da vila na carreira.

 

Os alumnos puideron realizar outras actividades deportivas como o patinaxe, ou o sendeirismo, pois realizaron un tramo do Camiño de Santiago. Os alumnos de 2º de ESO  participaron no programa de contacto coa natureza “Coñece a Galicia Verde”, organizado pola xunta de Galicia. Dentro deste programa realizaron actividades pouco comúns para eles como a práctica de montañismo e escalada, monta a cabalo, natación....

 

¨      Grupo de guitarras:  comezou con 16 alumnos que asistían de forma semanal, aínda que este número descendeu ó chegar o fin de curso curso. Aprenderon os acordes básicos, ritmos sinxelos e foron capaces de interpretar pequenas pezas.

 

¨      Obradoiro de radio: FALAMELIDE, A RADIO NATURAL. O obradoiro de radio desenvolveuse ao longo do curso seguindo as pautas de traballo de anos anteriores:

 

- Gravacións: luns (1º ciclo de ESO) e mércores (2º Ciclo, BAC e Ciclos) de 16.00 a 18.00 h. Ó  longo de todo o ano graváronse 21ª emisións en cintas de 90 mm.

- Emisións: martes de 18.00 a 19.30, xoves de 15.00 a 16.30 e sábados de 11.00 a 12.00 h. Emitíronse as cintas gravadas, se ben houbo semanas nas que se repetiu algunha emisión.

 

No presente curso introducíronse algunhas novidades como foron:

-         Emisión dun programa en directo os venres de 16.00 a 18.00, a cargo dun grupo de alumn@s de BAC.

-         Incremento notable da utilización da radio como recurso de aula, especialmente nas materias de Obradoiro de Comunicación Oral, Actividades de Estudio e Ámbito Lingüístico do PDC de 2º Ciclo. Dado que o número de alumnos non era elevado, puidéronse facer as gravacións nas horas lectivas propias destas materias.

 

- Alumn@s participantes e programas: un grupo numeroso de alumn@s formaron o equipo de Falamelide, realizando con diferente asiduidade os seguintes programas:

 

            NOME

Curso

Programa/Grupo

Buyo Souto, José Bernardino

S1A

POPMELIDE

(musical e variedades)

Torreiro Vilela, Damián

S1D

Vázquez Pereiro, José Ángel

S1B

Martínez Prado, Gutier

S1B

MOMENTOS DEPORTIVOS

(Informativo deportivo)

Casal Costoya, Borja

S1B

Mato Valiño, José Luis

S1C

RADIORUXE

(musical pop, chistes, variedades...)

Mato López, Marcos

S1C

Espiño Arias, Adrián

S2D

THE HOUSE OF TECHNO

(musical)

Ameijeiras Mejuto, Cristina

S2A

Colectivo "Instituto Blues" formado por alumn@s do Obradoiro de Comunicación Oral

S2F

AS TOLERÍAS DO INSTITUTO

(Situacións ficticias)

Colectivo "3+5" formado por alumn@s do Obradoiro de Comunicación Oral

S2E

A FALAR QUE SON DOUS DÍAS

(Diálogos ficticios)

Colectivo "7+5, Os Doce Charlatáns"

formado por alumn@s do PDC de 3º

S3D

7+5, OS DOCE CHARLATÁNS

(Debates, contos, relatos...)

A VIAXE DE BERTA E XURXO

(Radionovela)

Alumn@s Actividades de Estudio

S1A

OS SETE MAGNÍFICOS

(Noticieros "tolos", actualidade...)


 

Corral López, Lidia

S1C

 

TARDE COAS MEIGAS

(magazine)

Blanco Rodríguez, Soraya

S2C

Blanco Sánchez, Lorena

S2C

Casal Ares, Cristina

S2C

Cea Cea, Mónica

S2C

Pampín Gil, Yolanda

S2D

Alumn@s de lingua galega de todos os niveis

 

GRANDES E PEQUENOS RELATOS

(relatos dramatizados)

Mosteiro Costoya, Eva

S3C

A NOSA MÚSICA

(musical)

Torreiro Vilela, Alba

S3D

Pampín Gil, Patricia

S3C

Barreiro Agra, Laura

S3B

Marcos Cardo, Ana

B1A

AS NOSAS COUSAS

(magazine)

Fernández López, Paula

B1A

Méndez Martínez, Alba

B1B

Varela Pedreira, Raquel

B1B

Curros Vázquez, Xoán

S3A

NESTE MUNDO TODO É FÚTBOL

(Informativo deportivo)

Lodeiro Miguélez, Manuel

S3A

Garabal Fernández, Samuel

S3D

OS CONTAMITOS

(Relatos de mitoloxía clásica dramatizados)

Conde Torreiro, Rubén

S3D

García Vázquez, Javier

S3D

Blanco Sánchez, Rubén

S3C

García Sánchez, Laura

S3A

Currás, Raquel

S3A

Conde Torreiro, Óscar

B1A

EN DIRECTO FM

(Variedades con participación telefónica dos oíntes)

Coego, Manuel Ángel

B1A

Barreiro, Diego

B1A

Fernández Carril, Iván

B1A

Sánchez Amboage, Daniel

B1?

Cabado coego, Mar

B1A

O RECUNCHO DO CONTO

(Contacontos)

Fernández Carneiro, Cristina

B1A

Blanco Rodríguez, Marta

B2A

O CREBACABEZAS

García Torreiro, María

B2A

Ramos Rúa, Laura

B2A

Alumn@s de Literatura Galega do S. XX

B2B

MARÍA A BALTEIRA

(Literatura galega)

Laya Sánchez, Zeltia

Fernández Vidal, Verónica

S3D

S3B

O MARQUIÑO

(Informativo xuvenil)

 

- Valoración da actividade: Aínda que concibimos Falamelide coma un proxecto continuado (en moitos casos de anos), facemos unha valoración positiva dos obxectivos que pretendemos (e conseguimos) acadar :

 

-         Contribuír dende a emisora á normalización do propio centro e do contorno.

-         Achegar ao alumnado un medio de comunicación, coa finalidade de coñecelo e de participar activamente no seu funcionamento.

-         Provoca-la aparición dun novo campo, menos constreito que a aula, de relación entre alumnado e profesorado, favorecendo un clima de traballo rexido pola liberdade e a responsabilidade.

-         Favorecer o traballo en equipo entre o alumnado, baixo as mesmas premisas de liberdade e responsabilidade.

-         Fomentar a a creatividade e a imaxinación.

-         Procurar un medio para lograr a desinhibición e facilitar a comunicación.

-         Converter a emisora nun medio didáctico máis, que se ofrece ao profesorado do centro no desenvolvemento das súas actividades académicas, constituíndose como:

-         Un taller de lingua: redacción de guións, traballos de investigación, locución...

-         Un medio para facer chegar ao contorno os traballos de investigación levados a cabo por áreas como a xeografía e historia, as ciencias naturais... e para desenvolver contidos doutras materias como a música, idiomas estranxeiros, literatura, actividades de estudio, ciencias sociais, cultura clásica...

 

- Difusión da actividade: No pasado mes de novembro de 2002, o “Proxecto Falamelide” foi exposto nos Encontros de Normalización Lingüística da Coruña, dirixidas ao profesorado de primaria e secundaria. Está prevista a participación nunhas xornadas sobre a utilización de medios audiovisuais, organizadas pola AS-PG, que terán lugar na Coruña no próximo setembro de 2003, así como na actividade de formación do CEFORE-Ferrol “Educando a mirada”, tamén no próximo mes de setembro.

 

 

 

 

Relación de actividades puntuais secuenciadas por trimestres

 

 

 

1º Avaliación

Actividade

Organizadores

Participantes

Saídas

Visita á Feira Internacional de Oporto (FIMAP e FERRALIA), organizada por EXPONOR.

Madeira e Tecnoloxía.

4º ESO e Madeira.

Asistencia á representación teatral “Río Bravo”, na Sala Nasa (Santiago).

Galego e Grupo de Teatro.

ESO e 2º de Bac.

Visita a fábricas de Curtis, Betanzos e A Coruña.

Comercio e Economía.

2º Bac. e Comercio.

Visita á exposición “Os Apostolados do Greco”, na Fundación Barrié de la Maza ( A Coruña).

Ciencias Sociais.

4º ESO e Bac.

Visita a Inditex (A Coruña).

Comercio

Comercio.

Visita á exposición de instrumentos en Lugo e taller de luthería en Sarria.

Música

3º ESO.

Visita ás exposicións de Mona Natoum e Manuel Vilariño no CGAC.

Plástica

4º de ESO e Bac.

Visita ó Museo do Pobo Galego e recorrido urbanístico por Santiago.

Ciencias Sociais.

2º Bac.

Campo a través en Touro

Educación Física e profesorado voluntario.

1º e 2º de ESO:

Actividades de Nadal.

ENL, Vicedirección e profesorado voluntario.

Todo o alumnado.

Concursos

Concurso de postais de Nadal.

ENL e Plástica.

Todo o alumnado.

Concurso de bolsa organizado por Caixa Galicia.

Economía

Bac.

Conferencias

Conferencia a cargo de Jaureguizar sobre o seu libro “Salitre”.

Galego

3º de ESO.

Exposicións

Exposición sobre Otero Pedrayo cedida pola fundación “Otero Pedrayo”.

Galego

 

 

Todo o alumnado.

Exposición “Os nosos nomes”, cedida polo IES de Curtis.

Galego

 

 

 

 

 

 

2º Avaliación

Actividade

Organizadores

Participantes

Saídas

Cadea Humana

Ciencias Naturais e Profesorado voluntario.

Todo o alumnado.

Patinaxe sobre xeo e visita ó “Pasatempos” en Betanzos.

Educación Física

Alumnado de ESO e 1º de Bac.

Visita ó concello de Melide

Filosofía

1º de Bac.

Visita á central térmica das Pontes

Tecnoloxía

3º e 4º de ESO.

Viaxe a Curtis para visitar fábricas relacionadas co sector madeireiro.

Madeira

Madeira.

Visita ó Parlamento de Galicia.

Ciencias Sociais e Filosofía.

1º de Bac.

Visita á biblioteca Pública de Melide.

Filosofía.

1º de ESO.

Visita ó Concello de Melide

Filosofía.

1º de Bac.

Representación teatral a cargo do grupo de teatro do IES.

Grupo de Teatro e ENL:

1º Ciclo de ESO.

Entroido 03

Vicedirección,  ENL  e profesorado voluntario.

Todo o alumnado.

Concursos

Participación no Concurso de publicidade organizado pola ONCE:

Plástica.

4º de ESO.

Concurso “Declárate en Galego”.

ENL

Todo o alumnado.

Participación no concurso “El país de los estudiantes”.

Economía e Filosofía.

Bac.

Conferencias

Conferencia a cargo de Xan Duro sobre as consecuencias do “Prestige”.

Ciencias Sociais e Ciencias Naturais.

Alumnado de 3º de ESO.

Xornadas de Orientación.

Orientación

2º ciclo de ESO e Bac.

Xornadas de Orientación.

Orientación

2º ciclo de ESO e Bac.

Exposicións

“Arte e Publicidade”, cedida polo IES de Curtis.

Ciencias Sociais.

Todo o alumnado.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3ª Avaliación

Actividades

Organizadores

Participantes

Viaxe a Grecia

Cultura Clásica

4º de ESO.

Concerto Didáctico

Música

3º e 4º de ESO.

Asistencia ó espectáculo poético-musical “Lino Braxe” e visita por Santiago.

Lingua e Literatura e CCSS.

Bac.

Viaxe a Londres

Inglés

EOI

Visita de estudios ó Instituto de Formación Agraria de Sergude.

Grupo de Traballo: Atención á diversidade.

3º de ESO.

Viaxe a Mérida.

Cultura Clásica

ESO e Bac.

Viaxe “Camiño de Santiago”.

Relixión e E. Física.

3º e 4º de ESO.

Visita de estudios a Monforte

Grupo de Traballo: Atención á diversidade.

ESO.

Visita ó Museo Liste e á fabrica de Citröen en Vigo.

Tecnoloxía.

Bac.

Viaxe a Valencia.

Tecnoloxía, Lingua e Literatura e Plástica.

2º ciclo da ESO:

Visita de estudios ó Instituto de formación Agraria de Sergude.

Grupo de Traballo: Atención á diversidade.

ESO.

Visita de  estudios a Monforte.

Grupo de Traballo: Atención á diversidade.

3º de ESO.

Visita ó Xulgado de Arzua.

Filosofía

1º de Bac.

Viaxe a Manzaneda.

Alumnado de 2º de ESO:

2º de ESO.

Visita ás instalacións de INDITEX (A Coruña).

Comercio

Comercio.

Visita ó contorno: Pazo de Vilar de Ferreiros, Castelo de Pambre, Torrentes de Mácara...

Lingua e Literatura.

4º de ESO:

Visita á igrexa parroquial de Melide

Ciencias Sociais.

2º de ESO.

Saída cultural por Melide.

Orientación

Alumnado con necesidades educativas especiais.

Visita ó Museo Terra de Melide

Filosofía.

1º de ESO.

Corremelide 03.

Vicedirección. ENL e profesorado voluntario.

Todo o alumnado.

Concursos

Participación no concurso organizado por Cocacola.

Ciencias Naturais.

2º de ESO.

Concurso “Día das Letras Galegas”.

ENL

Todo o alumnado.

Participación no concurso “El país de los estudiantes”.

Economía e Filosofía.

Bac.

Conferencias

“Portoalegre, un novo mundo é posible”. Ponente: Ana Quintela.

Filosofía.

1º de Bac.

“Como falar de política sen aburrirse no intento”. Relatores: alumnado de Filosofía do Dereito de B1ºBC.

Filosofía.

Bac.

“Orientación formativa no mundo rural”. Relatores: membros da Cooperativa Melisanto e SAT.

Grupo de Traballo: Atención á diversidade.

2º ciclo da ESO.

“Antón Avilés de Taramancos”. Relator: Ramón Blanco.

Lingua e Literatura.

3º de ESO:

“Memorias dun neno labrego”. Relator: Neira Vilas.

Lingua e Literatura e Biblioteca Pública.

4º de ESO:

Exposicións

Exposición fotográfica sobre o Sáhara.

Plástica

 

 

 

 

Todo o alumnado

Exposición sobre a obra  e vida de Antón Avilés de Taramancos.

ENL e Lingua e Literatura.

Exposición dos traballos do alumnado de 4º de ESO (A. Warhol).

Plástica.

Exposición dos traballos dos alumnos de Debuxo Artístico I.

Plástica.

Exposición: “Os xogos populares”.

Cedida por “La voz de Galicia”.

 

 

 

 

 

Actividades ordenadas por trimestres.

 


 

 

 

 

 

 

 


Actividades organizadas por departamentos


 

 

 

 

 



Actividades ordenadas por grupos.