MANUAL DO/A USUARIO/A DO IES DE MELIDE

 

Regulamento de Réxime Interno

 

De carácter xeral

 

  • Pasar pola sala do profesorado a recoller a unidade de xestión persoal ( tamagochi “) e depositala no seu lugar ao rematar a xornada.ás saídas.alomenos unha vez ó día para ver se hai algún aviso urxente.
  • Comprobar cada dous días se no casilleiro persoal hai algunha notificación.
  • Na sala do profesorado atópanse as fotocopias de todo tipo de partes necesarios para o funcionamento do centro, así como unha carpeta con información xeral do centro (horarios , listas...etc.) xunto co libro de gardas.

 

 

 

Entradas e saídas

 

·         Dada a estructuración dos grupos e a distribución horaria, a puntualidade no profesorado e alumnado é imprescindible para un correcto funcionamento do centro.

·         Procurar que o alumnado sexa puntual, evitando no posible as saídas entre clase e clase.

·         Procurar habituar ó alumnado a entrar e saír polas escaleiras que lle están “adxudicadas”: 1º Ciclo de ESO polas escaleiras da dereita e resto dos cursos polas da esquerda, para evitar interferencias nos recreos e na 3ª e 4ª horas.

·         Recórdase ó profesorado, que o alumnado de ESO , con dereito a transporte escolar, debe saír puntual a última hora.

 

 

 

Gardas de corredor

 

·         Na sala do profesorado atópase un libro de gardas no que se rexistran as faltas de asistencia do profesorado previstas e todos os incidentes que se producen durante elas.

  • O profesor/a de garda contando coa “carpeta informativa” da sala do profesorado poderá anotar as ausencias dos profesores non previstas e os grupos afectados.
  • Cómpre facer as gardas nos corredores para controlar as diferentes entradas e saídas, evitando que os alumnos permanezan no corredor molestando ós que están na clase. Cada vez que soe o timbre, o profesorado de garda deberá facer unha “varrida” dos corredores.
  • Nas gardas do profesorado de 3ª e 4ª hora está especificado o nivel no que se fai a garda a efectos de permanecer co alumnado na aula no caso dunha ausencia do profesorado. Esta asignación poderá ser modificada puntualmente por necesidades de servicio.

·         As ausencias do profesorado cubriranse sempre na aula. O alumnado só poderá baixar excepcionalmente ó patio cando haxa máis profesorado ausente que profesorado de garda, e un profesor deba facerse cargo de dous grupos.

  • So se poderá adiantar clase nos niveis de  BAC., Ciclos Formativos, EPA e PGS cando o profesor que imparte a última sesión estea libre ou de garda.
  • O profesorado de garda nas horas da tarde, unha vez feita a garda de corredor atenderá a biblioteca, sempre que sexa posible e non teña que cubrir unha ausencia na aula.

 

 

 

Gardas de recreo

 

·         Cando toque o timbre para saír ó recreo, o profesor que impartiu clase na hora anterior debe esperar a que saian os alumnos da aula e asegurarse de que abandonan o edificio. Durante os recreos os/as alumnos/as só poden estar na biblioteca e cafetería (ou nalgunha aula, se un profesor/a permanece con eles).

  • As gardas de recreo do 1º e 2º ciclo faranse nos recreos correspondentes evitando  que o alumnado da ESO abandone o recinto escolar. Para elo, un profesor debe estar sempre a carón da cancela de entrada. No recreo do 2º ciclo da ESO e de Bach. e Ciclo de Madeira, o profesor/a de garda poderá solicitar ao alumnado que amose o seu carné de identificación escolar.
  • Evitarase en todo momento que os alumnos coman ou beban nos corredores. (Poden facelo na cafetería ou nos patios).
  • É función do profesorado con garda de recreo asegurarse de que o alumnado libere o edificio nos períodos de lecer.

 

 

 

Gardas de biblioteca

 

·         Nas gardas de biblioteca procurarase crear un ambiente de traballo, mantendo o silencio na sala.

  • O profesor de garda atenderá o préstamo e devolución de libros atendendo as normas que ó respecto atopará enriba da mesa do profesor. O profesorado con garda da biblioteca tamén poderá desempeñar outros labores de mantemento da biblioteca,  que serán especificados pola persoa responsable nas primeiras semanas de curso.
  • O profesorado de garda na biblioteca pode ser requirido para facer a súa garda no corredor cando sexa necesario.
  • O horario de gardas de biblioteca é específico para cada profesor implicado, coa finalidade de cubrir os períodos de lecer.

 

 

 

Expulsións do alumnado

 

·         Debemos tentar que as expulsións de alumnos fóra da aula sexan unha medida excepcional e non sistemática.

  • Cando un alumno imposibilite o normal desenvolvemento dunha clase poderá ser expulsado polo profesor correspondente, que deberá cubrir un parte de expulsión encomendándolle unha tarefa e asinando dito parte.. O alumno/a dirixirase inmediatamente ao profesor que se lle indique, ao Profesor de Garda, que asinará taméndito parte. O/a profesor/a correspondente farase cargo da custodia do alumno/a, asesorándoo/a, se é preciso, na realización da tarefa encomendada.
  • O profesor de garda fará unha copia do parte que entregará na conserxería e devolverá o orixinal ao alumno/a
  • Unha vez realizada a tarefa encomendada oa lumno/a entregará o seu parte ao profesor/a que impuxo a sanción para que cumprimente o resgardo.
  • Se o parte queda enmendado o profesor/a que o puxo asinará o regardo, recollerá o parte e farallo chegar ao titor.

·         O/a Profesor/a que expulsa procederá a anotar a expulsión como incidencia no Parte de Gardas, asinará o parte de expulsión e poñerase en contacto coa familia para informala do acontecido na aula ou no lugar onde tivera lugar a incidencia De ser posible, esta comunicación realizarase mediante contacto telefónico durante a mesma xornada na que se produciu, de tal xeito que a familia teña coñecemento do feito antes de que o alumno/a regrese á súa casa.

  • Se o profesor/a considera que a conducta dun alumno/a é sancionable pero non estima oportuno expulsalo da aula, pode cubrir o parte de “Actitudes e accións contrarias ás normas de convivencia”. Este parte poderá ser utilizado tamén para incidentes que se produzan fóra da aula por calquera profesor e, terá a mesma consideración que un parte de expulsión.
  • Así mesmo, o profesor poderá amoestar a un alumno, cubrindo para elo unha “A moestación “. Tres amoestacións equivalen a un parte de expulsión ou de actitudes contrarias ás normas de convivencia.
  •  Todas estas incidencias poden ser anotadas polo profesor no seu “tamagochi “ persoal para que queden rexistradas no sistema de xestión docente ( SXD).
  • Cando un alumno acumule tres expulsións, será privado da asistencia ás clases durante tres días, segundo acordo do Consello Escolar, en virtude do R. D. 732/95, de 5 de maio, sobre dereitos e deberes do alumno. Destes trámites farase cargo a xefatura de estudios e o titor/a.
  • Cómpre recordarlle ó alumnado que a existencia de sancións do tipo das expulsións e accións contrarias ás normas de convivencia son determinantes á hora de aplicar os criterios de promoción por parte da xunta avaliadora así como da súa participación en actividades extraescolares e complementarias..

Non é concibible a expulsión “encuberta”, é dicir, sen parte de expulsión.

 

 

Faltas de asistencia do alumnado

 

  • Cada profesor deberá anotar na súa unidade persoal as ausencias do alumnado.
  • O/A titor/a enviará ós pais as faltas comunicadas polo profesorado cunha frecuencia mínima de 15 días.
  • O/A titor/a deberá recibir dos pais  do alumno un parte no que se lle explican os motivos que provocaron as súas faltas de asistencia e, se procede, admitirá a xustificación de ditas faltas.

·         Cando un alumno/a acumule 12 faltas de asistencia non xustificadas, o titor deberá comunicar á xefatura de estudios esta situación, para tomar as medidas oportunas.

 

 

 

 

 Actividades extraescolares e complementarias

 

·         Os xefes de departamento comunicarán á vicedirección as actividades propostas na programación inicial ou no parte proporcionado a tal efecto. Deste xeito serán incluídas na PXA para a súa aprobación polo Consello Escolar.

·         Cando un profesor desexe facer unha actividade non incluída na PXA, tentará comunicalo á vicedirección coa maior antelación, para solventar, se fose o caso, os trámites legais pertinentes.

  • As saídas polo contorno próximo do centro deben ser comunicadas ó profesor de garda para ser anotadas no apartado de observacións no libro de gardas.
  • O profesor que vaia realizar unha actividade programada, deberá entregar ó alumnado participante un modelo de autorización, que lle será devolta unha vez asinada polos pais. Estas autorizacións, xunto cunha lista de participantes entragarase na vicedirección cunha semana de antelación a ser posible.
  • Por acordo do Consello Escolar as viaxes de máis de 1 día serán subvencionadas polo centro cun 10% do presuposto total. O profesor que organice a actividade, deberá presentar ó  C.E. unha solicitude (ver modelo) onde figuren os obxectivos, nº de participantes, presuposto, datas etc, para  poder recibir a axuda económica estipulada.

 

 

 

 

Faltas do profesorado

 

  • Para un funcionamento axeitado do centro prégase que cada profesor/a, na medida do posible, comunique con antelación as faltas de asistencia previsibles, podendo anotalas el mesmo/a no libro de gardas. Esta previsón é sobre todo necesaria no caso do profesorado da tarde, que en última instancia poderá comunicar as súas ausencias na mañá do día no que falte .

·         Cando o profesorado se ausente pola asistencia a cursiños ou congresos deberá solicitalo á inspección educativa a través do centro, facendo uso dos impresos deseñados a tal efecto.