Sumario

 

29 CURIOSIDADES DO MUNDO ANIMAL

 

 

  1. Orangután quere dicir “home do bosque” en malaio.
  2. Os camelos teñen tres pálpebras para protexerse contra unha tormenta de area. O leite do camelo non calla.
  3. O pelo nun oso polar non é branco, senón  claro. O reflexo da luz fai que pareza branco. Os osos polares son zurdos.
  4. O xaguar tenlle medo ós cans.
  5. A xirafa pode limpar as súas orellas coa súa lingua, que chega a medir  50 cm. Tamén ten o mesmo número de vértebras no seu pescozo como os seres humanos.

Non emiten sons, e non poder tusir.

  1. Os elefantes non poden saltar e comen cerca de 170 kg de vexetación cada día.
  2. As vacas dan máis leite cando escoitan música. Producen 50 millóns de toneladas métricas de gas de metano ó ano.
  3. A posición dos ollos dun burro na súa cabeza permítelle ver as súas catro patas.
  4. Os gatos teñen máis de 100 sons vocais, mentres que os cans soamente 10. A ouriña dun gato resplandece baixo unha luz negra. Os gatos súan a través das súas patas, e non poden saborear cousas doces.
  5. As cebras non son negras con raias brancas, son brancas con raias negras.
  6. Os rusos enviaron ó espacio á cadela Laika, que foi o primeiro ser vivo en dar a volta á Terra nunha nave espacial.
  7. Un peixe dourado ten un lapso de memoria de soamente tres segundos.
  8. A lura xigante ten os ollos máis grandes do mundo.
  9. A quenlla é o único pescado que pode parpadear con ambos ollos.
  10. As tartarugas usan tamén o intestino para a respiración, por ahí e por onde toman o osíxeno.
  11. As baleas humpback son as únicas que utilizan burbullas para axudar a capturar á súa presa. As burbullas atrapan ós peixes para que as baleas se alimenten.
  12. Despois do dinosauro, a balea é o segundo animal más grande que viviu e vive na terra. Chegou a medir 26m de larfo nas augas da Antártida.
  13. Os golfiños dormen cun ollo aberto.
  14. As baleas azuis poden crear o son máis ruidoso, xa que os sons desta balea teñen máis enerxía que o ruído dun avión de reacción.
  15. Os crocodilos teñen un cerebro do tamaño dunha noz, e non poden sacar a lingua cara a fora.
  16. Unha ostra pode cambiar o seu sexo unha vez cada sete días.
  17. O cangrexo chamado “ferradura de cabalo” ten  sangue azul que se pode utilizar para matar algunhas clases de bacterias.
  18. As augas vivas ou  medusas son un 95% auga.
  19. A estrela de mar non ten cerebro.
  20. Se as moscas están pesadas dende primeiras horas da mañá, as horas próximas ó xantar poden ser de forte calor.
  21. Se os animais silvestres de tamaño regular (cabras, rebecos, etc.) comezan a descender dos cumios nun número considerable, cabe esperar unha tormenta.
  22. A aparición de sapos e outros anfibios ó atardecer, e ó anoitecer, pode supoñer choivas para o día seguinte.
  23. O morcego, que ten mala reputación, debido a que se alimenta de sangue, ten na Indonesia unha variedade que so se alimenta de froitas; o máis grande de todos: coas dúas ás despregadas alcanza os dous metros.
  24. Un león pode divisar unha presa que se move ata o horizonte, máis aló dun quilómetro dende o seu lugar de observación e, tamén, son moi poderosos os ollos do falcón, porque dende unha altura superior a 1000m, pode ver os movementos da herba causados polo pequeno coello que procura ocultarse do seu inimigo.

 

                                                                                                  Rodrigo Ayude Puga  1º Bac B