Sumario

A CAIXA DO COTILLEO

 

 

          Moitas veces se ten falado deste tema: As mesmas preguntas e as mesmas respostas tranquilizadoras para non seguir debatindo. Se botamos unha ollada ós primeiros números do Intres non atoparemos nada pero, pola contra nestes últimos seguro que hai moreas de bos artigos que protestan ou opinan sobre o tema do que vou falar de seguido. E vós pensaredes: ¿E esta pringadiña, de que raios fala?, seguro que nos vai botar o mesmo rollo de sempre, unha listiña.

Pois non. Son avogada de causas pedidas e nunca vou cansar de escribir e participar na miña revista e na de tódolos estudiantes e profesores deste recuncho de galicia. Cada un pódea facer súa tan só escribindo nela.

Despois da introducción, vaiamos ó que nos ocupa: Gente, Corazón de invierno, Sabor a ti, Diario de Patricia, Historias de hoy, A tu lado, Días a día, Boa tarde, Me gustas tú, Gran hermano,,,,¿sigo?.

Trapallada, ¡Que televisión máis interesante, culta, informativa, educativa e con valores! ¡Qué divertida!.

Estou farta de ver cómo neste país cando acendemos o televisor falan en case tódalas canles e programas dese corazón glamouroso. ¡Que noxo dá!. Agora é vital en calquera espacio televisivo  (agás o telediario e algún programa serio) falar de famosos de sempre, dos de turno, populares coñecidos,...e demais xentiña dese mundo. S e casan ou se divorcian, se pelexan e discuten, qué mercan, de que se operan, quen é o máis cornudo, a onde van de viaxe, que comen,... querémolo saber absolutamente todo.

Os que son realmente artistas, os que nos fan sentir admiración polo seu traballo, os que se curran estar no máis alto do podio, son os que de verdade teñen clase. Eses son os que deberían saír nas revistas e merecen os comentarios.¿Qué pasa, con iso non alimentamos o verme do cotilleo? Claro, non dan tanto morbo nin tanto que falar.

Os actores, deportistas, cantantes, escritores, pintores,...e un longo etcétera de persoas realmente con ese nome tan grande e que di tanto. Un artista, iso ten categoría.

Agora os artistas son os que viven a conta das mentiras, os que gañan a vida falando de plató en plató idioteces. Eses son os perseguidos polos xornalistas .

Moita tecnoloxía, mundo e evolución, avance pero a mesma mente chea de serrín.preocúpannos máis a trangallada de famosetes que os problemas que verdadeiramente importan nesta sociedade xove da que formamos parte. Os que consumimos e facemos que a audiencia suba, somos nós os que demandamos un tipo de ocio e recibímolo tal como esiximos.

A solución: máis e mellores series xuvenís, debuxos animados para nenos e non para que aprendan a matar ó contrincante con espadas ou a pedradas, e sobre todo, menos cotilleo.

¿Para que a TV violenta, baleira de ideas que eduquen? As consecuencias vémolas día  a día, quizais estamos sendo educados para saír nos xornais coma ó da semana pasada. A TV  de hoxe dá noxo, é unha caixa parva, a maioría ensina cousas pouco útiles. No instituto, na casa, na rúa, debemos aprender a ser máis críticos e menos interesados pola vida dos que non fan nada.

 

                                         Sen ánimo de ofender.

 

NATALIA- 1ºBach.-B