Sumario

 

A IMPLANTACIÓN DO GALEGO NO ENSINO

 

 

A IMPLANTACIÓN DO GALEGO NO ENSINO É MOI INFERIOR Á CATALANA

 

0 90% dos escolares cataláns reciben tódalas clases na súa lingua fronte ó 14% aquí.

 

 

        O último informe de Política Lingüística elaborado pola Generalitat de Cataluña recolle a situación desta lingua no ensino: o 88.9 % dos centros de primaria (públicos e privados)imparten tódalas materias en catalán, agás ,como é lóxico, lingua e literatura española e idioma estranxeiro.

Pero como sempre o noso caso é ben diferente e temos que seguir denunciando que aínda non se cumpre o Decreto 247/95, que establece uns mínimos sobre as materias que deben impartirse en galego. Segundo datos da Xunta de Galicia o decreto cúmprese nun 95.18%,  pero no ano 2001 a CIG encargouse de facer unha completa enquisa por todo o país da que se desprendeu que só o 14% dos centros educativos imparten as clases en galego e cumpren o lexislado. Se falamos da ESO hai que destacar que o decreto incúmprese no 77% dos centros. Pero o máis grave do asunto é ver que non pasa nada cando se incumpre a lexislación en tantos e tantos centros públicos. Así non imos a ningún lado.

      Sen dúbida,  a desaparición da nosa lingua parece inevitable pero algunhas persoas amantes da nosa lingua seguiremos apoiándoa e defendéndoa por e para sempre.

 

 

CATALÁN  

Centros que imparten todo en catalán................88.9%        

 

                                   Centros que cumpren o decreto de mínimos

 

GALEGO (datos da Xunta)                                GALEGO (enquisa da CIG- 2001)

            95.18%                                                                          14%

 

 

 

 

                                                                     Equipo de Normalización Lingüística  (ENL)