|
|
O problema dos residuos
increméntase de forma exponencial co crecemento da poboación. Unha boa
xestión dos mesmos permítenos a reutilización de moitos materiais que, de
outro xeito, serían abandonados e desperdiciados.
O tratamento dos residuos constitúe un dos puntos clave das solucións
ambientais; a súa producción aumentou nos últimos vinte anos dunha forma moi
elevada e fixo que sexa unha das principais causas de contaminación.
Entre os distintos tipos de residuos que producimos os seres humanos
atopamos: urbanos, industriais, sanitarios, agrícolas e gandeiros.
- Os residuos URBANOS son xerados nas zonas
urbanas debido á actividade que cada día desenvolven os seus habitantes.
Dada a gran cantidade xerada diariamente, é imprescindible unha boa
xestión (recollida, transporte e tratamento).
- En canto ós
residuos INDUSTRIAIS son os producidos polas instalacións industriais
ou fábricas e poden ser inertes
ou tóxicos e perigosos. Os
inertes requiren un tratamento parello ós urbanos, xa que posúen
similitudes, nembargantes non teñen poder de reacción para formar outros
compostos perigosos. Os tóxicos e perigosos son os que as súas
propiedades inclúen algunhas destas características: inflamable,
irritante, nocivo, tóxico, canceríxeno, corrosivo, etc.
- Os residuos SANITARIOS son aqueles que se
xeran nos centros hospitalarios. A súa importancia reside na grande
cantidade que se produce cada día, que pode provocar risco de
infeccións e de contaminación
dada a súa perigosidade. Todo centro sanitario debe contar cun plan de
xestión de residuos que permita clasificar e dar saída axeitada ós
materiais de desfeito que producen.
- Os denominados
residuos AGRÍCOLAS e GANDEIROS son os xerados como
consecuencia das actividades agrícolas e gandeiras. Conteñen productos
que poden ser perigosos ou incidir de distintas formas sobre o entorno.
Gran parte deles poden ser reciclados nas propias industrias
agropecuarias ou fóra delas.
Coidar o noso pobo, o noso planeta, os nosos
ríos, os montes, o noso ceo, ..., a nosa única casa, é moi importante e só
con procurar non tirar residuos ó chan xa axudamos e axudámonos a ter unha
vida máis san e mellor.
Non esquezades: “COIDEMOS O
NOSO PLANETA. É NOSO”
EFAR. 1º- BACH.
|