Sumario

 

ALGUÉN REALMENTE ESPECIAL

 

 

                  Parece mentira e xa vai facer case catro anos que entrei neste instituto.

         Parece que aínda foi onte aquel día no que, en certo modo, estaba asustada, porque aquí todo era novo para min. O que menos pensaba eu era que aquí me fora namorar, e si, namoreime completamente. Téñoo moi claro, sen os seus bicos non teño nada, aliméntome co seu olor, en fin, sen el non son nada. El fíxome esquecer a eses que me fixeron sufrir tanto, conseguiu facerme sentir viva e con máis ganas de vivir. Cando teño algún problema, aí está el para axudarme, sempre me acompaña, tanto para as boas como para as malas, e sempre está disposto a darme un bo consello e facerme pasar un anaco inesquecible, como todos os que teño pasado ó seu carón e como todos os que espero pasar, porque creo que, se algún día o perdo, vai ser algo moi doloroso para min, xa que o amor que eu sinto por el é algo máis grande que as barreiras que nos separan; nunca quixen tanto a unha persoa como o quero a el, é o máis importante que me pasou na miña vida, e por eso espero non perdelo XAMAIS, e aconséllovos que se tedes unha persoa á que queredes de verdade e el vos quere, non a deixedes escapar nunca, e, se polo motivo que sexa a perdedes, nunca perdades a esperanza de volver recuperala, porque a esperanza é o último que se perde, esto dígovolo como boa loitadora que son, xa que teño loitado moito por conseguir o que quero, e agora teño o que quero e a quen quero.

         Ás veces a vida faise cruel con un, pero xamais agachedes a cabeza e vos poñades a chorar, sei que esto é difícil de facer pero é o mellor, porque hai que mirar para adiante e vivir o presente. A min custoume moito facelo, pero ó final fíxeno e agora vese o froito dun novo amor, que xa ten enriba dez fermosos meses.

         Moita sorte para vós e biquiños para o meu pitufiño.

 

                            ¡¡¡Ata outra, amigas!!!

 

 

                                      ¡¡¡EROMENA!!!