A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
|
|
|
|
¿Que é a Mesa pola Normalización Lingüística?
A MESA pola Normalización Lingüística é unha plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en tódolos ámbitos da vida social propios de calquera idioma. Entre os seus obxectivos principais están: ·
Emprender iniciativas que sensibilicen
a poboación e que abran novas vías de uso do noso idioma en distintos
ámbitos. ·
Denunciar todo tipo de agresións e
discriminacións que poida sufrir a lingua galega. ·
Asegurar que se respecte o seu uso
individual e colectivo. ·
Recuperar
socialmente a lingua galega e estendela a tódolos ámbitos da sociedade. OS COMEZOS DA MESAEn abril de 1986 diversas asociacións convocaron un "Encontro sobre o estado actual da normalización lingüística" que reuniu a case 500 asistentes. Entre as resolucións finais, acordouse constituír unha Mesa Permanente para a Normalización Lingüística que se encargase de poñer en práctica as conclusións daquel encontro. A MESA conseguiu especial relevancia en decembro de 1987, cando o goberno central requiriu ao goberno galego para que retirase o esencial da orde do 31 de agosto de 1987 pola que se incorporaba o galego como lingua vehicular do ensino. A MESA convocou a institucións, asociacións cívicas, APAs, sindicatos, organizacións políticas e a toda a cidadanía en xeral a unha gran mobilización o 13 de decembro de 1987 coa finalidade de defender o proceso de normalización lingüística no ensino, baixo a consigna "Aprender en galego non é un delito". Esta manifestación congregou, segundo datos oficiais, a máis de 25.000 persoas. Principais actividades da MESADesde o seu nacemento, A MESA desenvolveu numerosas campañas e denuncias que a converteron nun referente social imprescindible no terreo da normalización lingüística. Hoxe é unha organización consolidada, implantada en toda Galicia, con case 3.000 asociados e unha repercusión social moi importante. Un dos aspectos característicos do espírito de traballo da MESA é o esforzo por ser a casa común do traballo pola normalización do idioma, polo que sempre procura implicar nas súas accións a todo tipo de organizacións, institucións ou empresas. Este traballo de colaboración pode realizarse de maneira puntual, para unha campaña concreta, ou de maneira continuada. As actividades da MESA deséñanse con finalidades sensibilizadoras e reivindicativas.
A MESA E O
ENSINO No mundo do ensino, A MESA forma parte dunha plataforma estable que funciona desde hai anos e na que traballa conxuntamente con sindicatos e movementos de renovación pedagóxica preocupados pola incorporación do noso idioma na escola: Comisións Obreiras, Confederación Intersindical Galega, Sindicato dos Traballadores/as do Ensino de Galiza, Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Nova Escola Galega. É un campo no que desenvolve un intenso traballo pola importancia que ten na formación da futura sociedade galega. A primeira iniciativa foi a mobilización de 1987 para pedir un maior uso do galego como lingua vehicular no ensino ("Aprender en galego non é un delito"). Desde entón, a MESA vén solicitando a elaboración dun proxecto de galeguización do ensino, participou na redacción dun modelo para a normalización lingüística do ensino que foi presentado ante o goberno e enviado aos centros de ensino para o seu estudio, fixeron campañas informativas e sensibilizadoras mediante cartaces, trípticos ou adhesivos animando a utilizar o galego nas aulas ou informando sobre a lexislación vixente. Algunhas delas levaban por nome: - "Decálogo do galego-falante" - "Que nesta aula se fale e escriba en galego depende de ti" - "O ensino. En Galego" - "O ensino, en galego. Está no seu dereito" - "O ensino, en galego. De ti depende".
Tamén se realizou o seguimento e denuncia dos incumprimentos dos
decretos que regulan legalmente o uso do galego no ensino. Moitas destas
actividades realízanse desde a Plataforma
polo Galego no Ensino, unha plataforma estable integrada por 6
organizacións vinculadas ao mundo do ensino. A comezos do ano 1998 lanzouse
desde a Plataforma polo Galego no Ensino a súa última campaña ata o momento, "En
galego. Todos os días, a todas as horas".
A TOPONIMIA Neste tema a MESA desenvolve numerosas iniciativas para favorecer o uso das formas galegas da nosa toponimia na rotulación de estradas, na documentación administrativa, na publicidade e folletos de empresas e comercios, etc. A campaña máis importante neste terreo foi a desenvolvida na cidade de A CORUÑA , onde o alcalde se nega a utilizar oficialmente o nome galego; A MESA realizou unha campaña de reivindicación do topónimo na que participaron destacadas personalidades da vida pública ("A Coruña, así a queremos") e denunciou ao alcalde conseguindo que o TSXG dictase unha sentencia que o obriga a empregar a forma galega. Tamén realizou unha exitosa campaña polo uso do topónimo de OURENSE ("Ourense, por dignidade"), acompañada dunha exposición e puxa de obras de importantes artistas galegos. Existe dentro da MESA unha sección de toponimia que fai un seguimento do uso da nosa toponimia e envía cartas a empresas, organizacións, comercios, etc. informándoos da legalidade vixente e animándoos a que restitúan as formas correctas na súa documentación e publicidade. COMERCIO
E EMPRESAS
Este é un campo moi importante porque o contacto co público é moi grande. Pola diversidade e cantidade de establecementos e sectores implicados, a MESA procura traballar en colaboración con agrupacións de comerciantes ou cadeas de tendas. As principais actividades neste sector foron:
ADMINISTRACIÓN
A MESA realizou iniciativas dirixidas á Administración pública e local (Xunta de Galicia, Concellos, Deputacións Provinciais) cos seguintes obxectivos:
Cos concellos mantén colaboracións para a realización de campañas concretas de ámbito local e fai propostas ós grupos políticos para a súa aprobación en pleno (ampliación ou regulación do uso do idioma, apoio ás súas campañas, adhesión á Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, etc.) BANCA
A MESA pola Normalización Lingüística establece contactos con diferentes sindicatos do mundo da banca para asinar un convenio que garanta a incorporación do galego nas súas actividades e documentación. Conseguiuse un acordo no que participaron 11 entidades bancarias. Realizouse tamén unha campaña específica para as Caixas de Aforros ("EN GALEGO, É FÁCIL") para solicitar o uso do galego nos formularios, publicidade, caixeiros automáticos, atención ó público, etc. PÚBLICO
EN XERAL
A MESA ofrece un servicio de asesoramento e información sobre o uso do idioma e os dereitos lingüísticos, así como asistencia legal en procesos xudiciais. Dispón de diverso MATERIAL PARA A VENDA con lemas relativos á normalización do noso idioma: camisetas, insignias, publicacións, adhesivos, bolígrafos, gorras, mochilas, etc. Desenvolve ademais, con moito éxito, varias campañas destinadas a recuperar os NOMES GALEGOS de persoa dirixidas a:
· Tamén realizamos unha campaña para promover a galeguización dos APELIDOS, aínda que este é un proceso legal máis complexo, polo que a campaña tivo menos repercusión. Pensando nos nenos, edita tódolos anos, en colaboración con Edicións Xerais, un modelo de carta aos Reis Magos en galego e no último ano está realizando unha campaña para solicitar a dobraxe ao galego das películas de Disney VARIOS
· A MESA ten realizado denuncias e accións normalizadoras noutros campos: deportes, medios de comunicación, igrexa, xustiza, universidade, informática, etc. · Organiza tamén actividades lúdicas e de debate: encontros, charlas, festas, concertos, teatro, carreiras polo idioma, etc. · Editamos un boletín trimestral con información das súas actividades que lles envía ós seus socios e a outras organizacións ou persoas que o soliciten. · Fai recompilacións de prensa e edita volumes anuais nos que se recollen tódalas novas que se produciron ao longo do ano a respecto do idioma. Estes volumes póñense á venda e constitúen un valioso arquivo documental sobre a realidade lingüística. Para poder realizar todo este traballo a MESA PRECISA DA COLABORACIÓN E O APOIO ECONÓMICO DOS SEUS SOCIOS polo que nestes anos organizou tamén exposicións para dar a coñecer as súas actividades e campañas de afiliación ("TI, UNHA PRIMAVERA. IMOS GARANTIR MIL MÁIS" ou "A MESA: O FUTURO DO GALEGO"), coas que ampliou o número de socios, de persoas comprometidas co seu idioma. A SITUACIÓN DA LINGUA É GRAVE.
NECESITAMOS UNHA MESA FORTE Nestes anos padecemos unha constante perda de falantes nas novas xeracións. Unha perda de falantes que, de continuar, pode levarnos a ter unha lingua residual. A MESA quere mudar estas tendencias e quere ser o verdadeiro motor de accións, de ideas, de proxectos, de reivindicacións, de optimismo e de ilusión para facelo. A meta da MESA é recuperar socialmente a lingua galega e estendela a tódolos ámbitos. Coa túa colaboración podemos lograr unha mesa forte, capaz de influír decisivamente na política lingüística deste país. A organización poderá actuar se conta coa túa axuda. ¡ANÍMATE E FAITE SOCIO DA MESA.
O GALEGO NECESÍTATE! O novo enderezo da MESA é: Campo do Cruceiro do Gaio, 7- 1º ; Aptdo 247 15705- Santiago de Compostela – Telf: 981-563885 ; Fax 981 583782 Correo electrónico: amesa@amesanl.org |