A MESA
NEGOCIA
|
|
|
|
A MESA NEGOCIA DIRECTAMENTE EN
EE.UU. A DOBRAXE DE PRÓXIMAS ENTREGAS DE HARRY POTTER
A Mesa pola Normalización Lingüística contactará coa directiva da Warner en Estados Unidos para negociar a dobraxe ó galego de novas entregas de Harry Potter, así como que a súa distribución en DVD para o Estado español conte cunha versión neste idioma. O Presidente e a Secretaria Xeral da Mesa, Carlos Manuel Callón e María Xosé Jamardo, indicaron que a decisión de contactar directamente e "exclusivamente" coa compañía en Estados Unidos produciuse trala negativa da directiva da Warner en Madrid de dobrar a última entrega cinematográfica de Harry Potter ó galego. Jamardo explicou que a decisión de acudir directamente á central en EE. UU. xurdiu tras coñecer que a Generalitat de Catalunya tamén se encontrou nun primeiro momento coa mesma negativa da Warner en Madrid cando lle solicitou unha versión en catalán da nova entrega de Harry Potter e que, tan só despois de negociar coa sede americana, "a delegación española tivo que aceitar a dobraxe". Warner
négase a falar con Galicia, pero acepta falar coa Generalitat Co precedente de Cataluña, A Mesa confía en obter os mesmos resultados, aínda que recoñecen dificultades xa que, no caso da comunidade catalana, a encargada de facer as negociacións coa Warner foi a propia Generalitat, "mentres que aquí en Galicia a Xunta se desentendeu totalmente desta cuestión e terá que ser esta entidade civil, a MESA, a que presione", concluíu. "Discrimínannos, e o Goberno galego fai deixadez de funcións; a Warner despreza o propio Goberno galego ó negarse a falar con el como falou coa Generalitat e non hai resposta ningunha." Callón denunciou a actitude dos directivos da Warner en Madrid cara ao galego xa que, segundo manifestaron, o rexeitamento dunha versión neste idioma non responde a criterios empresariais "senón a prexuízos". "Referíronse a estudos de mercado inexistentes, alegando que non hai demanda de cinema en galego, cando os filmes que se proxectaron no país só versionadas ao galego acadaron unhas cifras de espectadores altas, en comparación coas que rexistraron as mesmas longametraxes no resto dos cines do Estado", lembrou Jamardo. Así mesmo, o Presidente da Mesa destacou a importante audiencia infantil que obteñen en Galicia os debuxos animados que se emiten pola canle autonómica en galego. Perante o que consideran unha "discriminación" da directiva da Warner, A Mesa decidiu tamén darlle a coñecer esta actitude á central de Estados Unidos para advertir-lles de que o comportamento desta delegación cara aos idiomas cooficiais do Estado está "danando" a imaxe da compañía. Equipo
de Normalización Lingüística (ENL) |