|
A
MIÑA HISTORIA |
|
|
|
I Eu chámome Lucía Rodríguez López e teño 12 anos. Teño dous irmáns maiores ca min, chámanse Javier e Jesús. Eu
tiña un bisavó que se chamaba Angel e matárono na guerra nos tempos de antes.
El non quería ir á guerra, pero viñeron buscalo á casa cando meu avó tiña a
penas catro aniños, e tamén tiña unha irmá naquel momento de seis anos. Unha
vez veu ver os seus fillos e muller e, cando marchou outra vez para a guerra,
estábase agachando para que non o mataran, pero unha vez deulle un tiro na
cabeza e morreu. Cando
morreu o meu bisavó, tiñan unha coella negra na corte, e a coella saíu da
corte e foi para onde estaba a miña bisavoa e empezou a dar voltas arredor
dela e morreu a coella. E non puideron traer o cadáver do meu bisavó porque
naqueles tempos non había cartos para nada. O
meu avó a penas coñeceu o seu pai e non puido aproveitarse da súa compañía. Así
foi a historia do meu bisavó. Esto todo contoumo miña nai e meu avó. A penas
tiñan roupa para ir á escola e tiñan que ir andando porque non había
transporte. Daquela, o único que comían ás veces era o caldo e as sopas con
leite.... Lucía
R.L. II Chámome Carme, vivo en Melide e teño doce
anos. Vouvos contar a miña historia. Hai
anos, non sei exactamente cantos, se tiñas cincuenta fincas eras un marqués.
Pola parte da miña nai, os seus e meus antepasados tiñan cincuenta fincas e
chamábanos os de Fidalgo. A
medida que o tempo pasaba, foi cambiando todo; creo que foi o avó do meu avó
o que decidiu, por así dicilo, tirar cos cartos, porque agora, do ricos que
eran antes, xa non hai moito. O
meu avó viviu en Burela, foi fundador da obra de teatro “Ledicia”, tivo dúas
fillas: a miña nai, Mª Dolores Gómez Neira, que é a máis pequena, e a miña
madriña Mª del Carmen Gómez Neira. As dúas naceron aquí, en Melide,
trasladáronse aquí a Melide cando a miña avoa estaba no hospital ingresada.
Poucos días despois morreu. Pasaron os anos e o meu
avó volveu casar. Así é pola parte da miña nai, pola parte de meu pai é a
seguinte: Os meus antepasados pola
parte de meu pai sei que viviron na aldea, traballando como agricultores.
Tiveron dúas casas, unha na aldea de Moldes e outra en Melide... Mª do Carme
Monterroso Gómez III Meus avós, cando eran pequenos, tiñan que traballar; non era como agora, non podían estudiar. Miña avoa, a nai de miña nai, vivía nunha pequena aldea e ía coa miña bisavoa polas vacas, cortar a herba, etc., igual ca case todos os meus avós. Nesa época tiñan que
axudar na casa e, cando remataban as tarefas da casa, se tiñan tempo, ían
xogar, pero non xogaban con coches nin con cousas así, naquela época non
había eses xoguetes, entón xogaba a pillar, coas espigas do millo que facían
de bonecas,... pero deitábanse cedo, porque ó día seguinte tiñan que
levantarse para volver axudar. Na época de meus pais xa
cambiara algo a cousa, seguíase axudando na casa e facendo as tarefas, pero
aínda así, ían algúns días ó colexio e ó vir axudaban na casa ós seus pais.
Meus pais non acabaron o que é agora a ESO, só fixeron ata octavo ou así,
porque se puxeron a traballar, meu pai de albanel con seu pai e miña nai na
Coruña, na casa dunha señora, coidando nenos. Esa época era bastante dura. Olalla Vázquez
Varela IV O meu tataravó tocaba o clarinete, coma min. Tivo sete fillos. O meu bisavó tivo once fillos, pero dous morreron nada máis nacer. Un dos fillos morreu hai catro meses. Todos os outros, agás o meu avó, emigraron a Bilbao, Río de Xaneiro e Bos Aires. O Meu avó foi a Huesca a
traballar nunha canteira, e cando volveu casou e tivo a miña nai, que tivo a
sorte de poder ir á Universidade. Meu pai tocaba o saxofón, pero despois
deixouno para aprender de albanel. Casaron un día de choiva e cando me
bauticei eu nevaba. Menos mal que o día da miña comuñón ía sol. Eu aprendín a
tocar o clarinete e agora xa estou tocando na Banda de Música de Visantoña,
igual que o meu tataravó e meu pai. Pablo
Mouriño 1º ESO-D |