Sumario

 

AMOR

 

 

       ¿Alguén  sentiu algunha vez algo máis especial que o amor?. Eu creo que non, xa que para  min o amor é  o sentimento máis profundo que existe en todo o UNIVERSO.

O amor é ese sentimento que con palabras é tan difícil de explicar, só os feitos poden facer entender o que realmente significa. Eu diría que é o máis especial e o máis grande que pode chegar a sentir unha persoa; esa maxia que fai que todo pareza que estás no ceo e que ti es o centro da Terra. Faiche acadar tan inmensa felicidade que ris por todo e de todo, e a maioría das veces sen ter un motivo concreto, sentes gañas de rir a todas horas e ata me atrevo a dicir que estás como tola ou borracha.

Cando te sentes querida todo é de cor rosa, non podes facer nada máis que pensar nesa persoa que fixo espertar en ti ese sentimento, nesa persoa que te enche o corazón, que che dá vida e gañas de vivir. Algo único se dúbida algunha e de seguro que me comprenderedes moi ben as persoas que estades namorada.

Quero dicirvos que disfrutedes mentres ese lume envolva o voso corpo e encha as vosas veas de veleno de Amor e mentres a frecha que vos lanzou Cupido estea cravada no voso corazón como está agora no meu.

 

¡Eromena!