Sumario

 

A NOITE DE HALLOWEEN

 

 

 

         O día de Halloween xuntámonos todos os do meu grupo e decidimos que pola tarde iamos ir todos xuntos de acampada.

         Cando chegamos ó bosque, todo estaba ben, oíanse cantar os paxaros, e o sol aínda brillaba no alto do ceo. Pouco a pouco empezou a escurecer e decidimos que xa era hora de facer unha fogueira.

         Despois, Luís, o máis novo da panda, empezou a contar historias de medo, os rapaces ríanse del, pero as rapazas estivemos todo o tempo tremendo.

         As horas pasaron voando, ata que o reloxo de Luís pitou, xa eran as doce. De súpeto escoitamos un ruído detrás nosa, todo estaba escuro e só puidemos ver aquelo ata onde o lume nos deixou. Eran uns pequenos ollos no medio da escuridade que brillaban moito, como se estivesen chorando. Pouco a pouco aquela cousa foise achegando, eu apertábame forte no colo de Luís, cada vez tiña máis medo. Nuns segundos estabamos todos xuntos acurrucados. Aquelo achegábase máis e máis, ata que puidemos distinguir algunhas cousas. Era pequena, tiña os cabelos desordenados, estaba toda sucia e tiña moito medo. Entón foi cando todos nos demos conta de que era unha nena, tería máis ou menos sete anos. A miña reacción foi correr onda ela e preguntarlle como se chamaba, e ela, cunha voz asustada, dixo:  Iria.

         Despois do gran susto que nos meteu, todos quedamos máis tranquilos. Démoslle algo de comer e ordenámola un pouco. Pero Carlos, o revoltoso do grupo, tiña moita curiosidade e fíxolle preguntas que nunca lle tería que dicir nin morto.

         Iria, moito máis tranquila, contounos unha historia que sería mellor non saber nunca, porque dende entón xa nada foi igual. Púxose moi triste e foi ó colo de Carlos.

         Empezou contando que ela vivía no outro lado do bosque e que o seu pai morrera cando ela estaba a punto de nacer, dixo que a súa nai sempre lle contara todo; pero un día, súa nai falaba soa no faiado, e, cando baixou, xa non volveu ser a mesma. Dende aquelas, falaba soa moitas veces no mesmo lugar, ata que hoxe pola mañá súa nai non falaba e ademais non baixaba do faiado. Logo foi cando ela decidiu subir alí arriba e viu a súa nai tirada no chan, chea de sangue. Pero, cando se fixou na esquina máis afastada do faio, viu un ser repugnante, todo negro con cachos de pel arrancada, uns ollos asasinos e as mans cheas de sangue. Entón comprendeu que tiña que marchar de alí como fose. Botou a correr polo bosque con ese ser perseguíndoa. Por un momento pareceulle que non a seguía e decidiu seguir camiñando. Cando empezou a escurecer, sentiu que ese ser aínda a perseguía, pero non podía facer nada, pois estaba soa. De súpeto esa besta apareceu diante dela e agarrouna, despois comezoulle a falar, díxolle que era seu pai, que se negara a morrer e quedara convertido nese ser. Durante moito tempo estivera esperando a oportunidade de vingarse da súa nai por asasinalo, e por iso tamén se vingaría dela. Iria, ó escoitar aquello, aterrouse máis e deu patadas ata que logrou soltarse e correu todo o tempo ata vernos a nós.

         A nosa reacción, despois do que contou Iria foi dun gran medo; mirámonos uns ós outros e, cando escoitamos o movemento dunha cousa estraña, botamos todos a correr aterrorizados. Eu corría collida da man de Luís cando sentín algo que me tocaba na lombo, mirei e vin a esa noxenta besta. Pero Luís turrou de min con forza e chegamos ó coche.

         Dos outros rapaces non volvemos saber máis, ó día seguinte a policía foi a aquel lugar pero non había nada, nin sequera as tendas ou os restos do lume. Dende aquelas, a noite de Halloween quedo na casa, pendente de que non se abra ningunha porta nin ventá.

 

 

                                                                           A Bolboreta