Sumario

 

O REI ARTURO E ALGÚN DOS SEUS COLEGAS

 

 

 

Casi todo o mundo oiu falar do rei Arturo. A imaxe máis extendida que temos del é a dun barbado cabaleiro armado e montado nun cabalo forte e protexido por placas de protección.

Parece probado que existiu pero nunca foi un cabaleiro medieval. Merlín tampouco era un vello simpático de barba branca e vestido cunha amplia túnica, todos eles non viven en grandes castelos con pendóns brillantes e damas elegantemente vestidas.

A imaxe tan fantástica naceu gracias ós pintores medievais que foron os primeiros en ofrecernos a súa visión sobre cómo puide-

ron ser os integrantes da Mesa Redonda.

Arturo, ataviado como un rei medieval dirixindo a unhas huestes medievais é, no fondo, o mismo que si imaxináramos a Colón vestido de yuppie e utilizando un notebook para levar o diario de a bordo e dirixindo o rumbo da súa nao e as dúas carabelas cara América.

O certo é que Arturo e compañía viven no ano 500 D.C. e o  apodo  significa “co aspecto dun oso”(a palabra Art significa directamente “oso”).

Antes de Arturo encontramos ó rei Vortigern. Na súa época aparece un tipo moi estraño do cal se dí que a súa nai e unha monxa e o seu pai o mesmo diaño. O fillo é quen nós coñecemos por Merlín o mago. Vortigern era o rei; e diversos nobres quixeron disputala coroa, entre eles o seu irmán Uther “Cabeza de dragón” ( éste sigue sendo o símbolo de Gales).

Merlín, farto da guerra, interveu apoiando a Uther. Merlín cobrará o seu prezo,  que non é outro que o fillo froito daquela violenta paixón: Arturo. Merlín convence a todos os nobres a que participen no gran torneo de Nadal en Londres, donde se revelaría o futuro rei.

Nunha pedra de mármore branco cunha espada espetada ata o puño, hai unha lenda que pon:

“Quen a saque será o futuro rei de Inglaterra.”

O final quen a saque será o xoven Arturo.

 Esta espada é a famosa Excalibur- que máis tarde entregaráselle á Dama do Lago-. Arturo irá coquistando para a súa causa a tódolos nobres.

A Mesa Redonda dise que era tan grande para deixar sitio a 150 cabaleiros.

Os máis famosos son:

Lanzarote do lago- Sir Gawain-Sir Tristán- Sir Bedivere e Sir Galahad

Na idade media, quíxose descubrir a tumba de Ginebra(a muller de Arturo) en Glastombury, pero estos lugares de enterramento teñen todo o aspecto de ser máis falsos que a Mesa Redonda.

Iván Vázquez 1º ESO A