Sumario

 

As lembranzas no autobús

 

 

-Bos días radiooíntes, atopámonos hoxe na compaña do noso investigador e científico máis avanzado na materia da contaminación terrestre e dos residuos espaciais.

¿Que mellor compaña para estar con vostedes durante estes 40 minutiños que dura o noso programa? ¿Verdade que si?

Bos días D. Xoaquín.

-Bos días Xulio.

-Hoxe queriamos que nos falase sobre a súa primeira intervención nun congreso que tratase sobre a contaminación.

-Si, ben...

 

 

Xa chegaba tarde e para colmo iso. Acababa de coarse unha señora diante de min na porta do autobús. Sempre pensei que a este tipo de xente lle parece que por entrar antes sairá tamén antes, cousa que é totalmente absurda.

Cando me tocou o turno avisoume o conductor porque co conto de atender á señora quedara pampo. Pedín, como levaba previsto, viaxe a Santiago de Compostela.

Aquel era un día especial, e eu tiña especial présa. Esperábanme no “Pazo de Congresos e Exposicións” de Santiago de Compostela para tratar dun dos asuntos que agora no ano 2050 non son problema, pero ós que no ano 2002 non se lles vía solución. Trátase, como xa descubristes, do problema medioambiental.

Sooume o móbil , e na pantalla puiden ler o seguinte:

                               

                                     XOAQUÍN, XA SÓ FALTAS TI.

                                     VEN PRONTO. XAN.-

Estaba algo nervioso, era a miña segunda intervención en público, e despois do que sucedera a vez anterior... Non, non quero contalo, non quero, non...

Pois si, teño que contalo. ¿Escondelo ata cando?

Hai algúns anos, cando saín da facultade de dereito co título na man, o meu pai ofreceume traballo no seu despacho e eu aceptei. O meu primeiro caso tiven que resolvelo ó día seguinte, cando meu pai me dixo que el non podía atendelo.

O caso é que tiven que presentarme na audiencia provincial. Meu pai dixérame que comezaba a discusión do caso ás 9.30 a.m. e cando eu entrei, a secretaria díxome que o caso xa comezara.

Entrei a toda présa, pero como podedes supoñer, cando é o teu primeiro caso, non tes nin idea do que debes facer. Para empezar eu non sabía nin onde sentarme.

Quedei de pé. Si, eso fixen.

O meu pai advertírame de que soamente tiña que dicir que estaba de acordo coas acusacións que facía o avogado rival, e así desfacerme do caso.

O xuíz era quen daba a palabra. Nunca pronunciaba o meu nome. Pasáballe a palabra ó fiscal, ó acusado, ó avogado defensor, ó tribunal decisorio... pero nunca a min, e iso estrañábame.

¿Cómo podía ser que eu non tivese que falar? xurdiume entón unha idea. Falaría pronunciara ou non o meu nome, porque o debate estaba a chegar ó fin. Era inquietante. Estábao a pasar fatal. ¿E se non tiña que falar?, ¿se tiña que esperar a que o xuíz me dixera algo? Pero estaba rematando, e eu tiña que falar.

Pensei “alá vou” e lanceime sen esperar máis:

 “O avogado defensor da persoa prexudicada, a cal non se atopa nesta sala, está de acordo con todas as críticas realizadas polos diversos membros de esta audiencia que participan neste caso”

Todo o mundo puxo cara de asombro e comezou a rir. Recoñezo que debín de encoller a lo menos cincuenta centímetros en todo ese tempo, pero non sabía a razón da burla.

O xuíz estaba aínda apampado e toda a sala abraiada. Preguntáronme que quen era, e eu fíxenme esa pregunta no meu interior. Acabábame de decatar de que había un avogado defensor  que levaba o caso. Entón, ¿qué facía eu alí?

Case choraba de vergoña, cando me veu á cabeza a marabillosa idea de saír da sala.

Recorrín ó horario de sesións e decateime de que estivera en outro caso que non era o meu, e que agora a continuación si que me tocaba a min, e, ademais, ¿sabedes que fora o mellor? Que me tocaba co mesmo xuíz, entón... QUE VERGOÑA DE NOVO.

Cando entrei na sala de novo, e empezou a debaterse o noso caso, o xuíz xa me dixo: “Ti estás de acordo con todas as críticas realizadas polos diversos membros de esta audiencia que participan neste caso, é dicir que o acusado é culpable”.

 

Non deixaba de darlle voltas ó que me sucedera coa señora na porta do autobús, e acordábame de  ela cada vez que alguén subía a el.

Esta vez tocáralle a un mozo. Pedira ticket para baixar en Lavacolla, e indicou que se lle fixese o desconto do 40% tal e como indicaba o papel que levaba na súa man.

A mirada do conductor indicaba asco, e o pobre rapaciño púxose colorado. O peor foi cando lle pagou os 1.80 € que lle debía cun billete de 20€. Entón  o conductor díxolle:

 “Se todos fixesen coma ti, arruinabades esta empresa”

O rapaciño contestoulle unha frase que me gustou moito, en parte porque tamén era eu un deses que andaban co desconto do 40% por familia numerosa, o cal está xenial. Pero o que quería agora era recordar a súa frase:

 “Mire señor, se non quere que lle pague déixeme entrar gratuitamente, pero non arturo que me tomen o pelo e non me respecten. Xa estou farto de poñerme nesta situación todos os días e non contestarlle nada por respecto.”

 

Vin nas expresións do conductor, que non tiña palabras, era como se enmudecese durante uns minutos. A verdade é que xa era hora de que alguén lle dixera algo.

 

A viaxe continuou sen máis problemas cara a súa fin, a estación de autobuses de Compostela.

Recoñezo que non tiña nada que facer. Estaba empezando a durmirme, pero tampouco era capaz de iso. Sabía que nuns minutos comezaría o programa máis popular da Radio Meliar, titulado “Os anciáns tamén contan...”, e eu nunca o escoitara. Seica era moi bo.

¡Que sorte! Xa estaba empezando. Escoitade, escoitade, escoitade...

 

“Ola, queridos radio oíntes. Estades como todas as mañás de luns a venres na compaña do voso programa favorito de Radio Meliar e de todos os espacios de radio na antena.

Hoxe, como todos os días, estamos cunha anciá de 90 anos, que nos contará diversas cousas da súa época. E agora imos a presentala:

 -Bos días Manuela.

-Bos días Xosé. Cando queiras comezamos co cuestionario.

-¿Estás disposta?

-Adiante.

-¿Por qué che puxeron ese nome?

-Ai, ¿Manuela?A miña naiciñaaaa... ai pobriñaaaa.... era tan bueniña...queríame tantiño...

 aínda me acordo de cando me mandou ó colexio cunha saia vermella e unha chaquetiña   azul. Era buenaza.

-Así que esa é a historia do seu nome. E, ¿qué opina da moda de agora se a  compara coa de antes?

-Antes, andabamos todos limpiños que daba  ledicia vernos. ¡Agora hai cada porca!  Andan con todo o corpo ó aire. Non teñen vergonza. Son unhas porcas. ¡Claro, despois pasan as cousas! Penso que os homes si que van ben vestidos. Levan o seu pantalonciño e a súa chaquetiña e van moi feitos, pero esas porcas van para o inferno.

-E se falamos da comida, ¿qué nos pode contar? ¿cambiou a maneira de comer?

-Mira, antes comiamos cousas da casa. Agora todo o que compras é merda. Non comemos máis que lixo e nada máis. Así hai as enfermidades.

Antes collías unhas verciñas da horta, unhas pataquiñas da leira,... e facías un caldo.

Agora non hai máis que esas “jamburjesas” e esas “pixas”que compra todo o mundo. Aínda han morrer contaminados

-¿E que pensa sobre os mozos e as mozas de agora? 

 

Esta foi a gota que colmou o vaso.¿Como lle podía gustar á xente este tipo de programas? Seguía sen poder durmir. A viaxe facíaseme longa pero...¡Sorpresa! Acaba de entrar Bea no  autocar. ¿Iría para o mesmo congreso?

 

-¡Xoaquín! Non esperaba verte aquí.

-¡Ola, Bea! ¿Vas ti tamén ó congreso?

-Si. ¿Ti tamén?

-¡Por suposto! ¿Seica non te acordas de que acabo de empezar a traballar en Ecologic Factory?

-Si, pero non te esperaba aquí. ¿E non vén Manuel?

-Non, ¿ou non te acordas que non rematou os estudios universitarios?

-Pois non, pensei que si os rematara....

 

Nese mesmo intre puiden experimentar a sensación de que un corpo obeso se achegaba a nós polo buraco que describían as butacas do autobús. Se vos digo a verdade, comecei a sentirme mal, non porque me estivera a marear senón porque tiña a certeza de que algún sentido me ía comezar a funcionar esaxeradamente. Non foi exactamente un sentido, pero, si un sentimento. Comecei a rirme desmesuradamente, os ollos botábanme bágoas, a boca non se me estarricaba máis. Tiña os beizos tan estirados que xa me doían.

Bea non me entendía. ¿Que estaría a pensar de min? ¿Que estaba tolo, quizais?

Fíxenlle sinais coa cabeza para que puidera darse conta do que estaba a pasar, e entón ela comezou a rir tanto coma min.

Cando me calmei, fixen comentarios nunha voz suficientemente alta para que me escoitasen todos, sobre algunha das persoas que ían no autobús.

 

-E, ¿viches a esa señora?(risas)¿Viches como lle interesaba a nosa conversación? A xente é ben cotilla oh, mira que facer esas cousas... Non sei como non lle cae a cara de vergoña....E ¿qué me dis da señora que vai sentada no asento de diante de todo, á dereita?

Estivo a escoitar todo o tempo, xa se ve que é unha irrespectuosa, a min caeríame a cara de vergoña. Pero xa sabes que as vellas de agora teñen que estar informadas de todo o que ocorre para poder contarllo ás súas amigas, porque se non falan dos demais, ¿que van facer todo o día? Pero ás veces tamén se pasan...

 

Despois de todo continuamos a nosa conversación, pero a Bea chamárana ó móbil  e comunicáranlle que o seu irmán acababa de poñerse enfermo, polo tanto, non podería ir a Santiago comigo, senón que baixaría na seguinte parada.

Bea sempre fora unha boa amiga miña, pero había xa moito tempo que non nos viamos, polo que lle prometín ir á súa casa máis a miúdo. Ela aceptou e despediuse de min dándome dous bicos, e dicíndome que xa me chamaría.

¡Que pena que non puidese vir comigo! Pero, ¡que lle iamos facer!

Pensei que volvería outra vez a entrar no aborremento e acertei. Seguía sen ser capaz de facer nada. Limitábame a pensar no meu, pero nin eso podía, xa que había un montón de barullo ó redor de min.

Pensei nos partidos de fútbol, nas clases de inglés na EOI, nos anos nos que vivía en Venezuela... Pero todo esto non facía máis que cansarme.

O tempo tampouco me axudaba nada. Empezara a chover descontroladamente e en cuestión de minutos xa a chuvia collera o seu rumbo habitual.

Agora na radio tampouco había nada interesante, ben, dependendo da opinión persoal de cadaquén, igual que pasaba co programa no que entrevistaron á señora.

 

Xa non importaba porque o autocar chegara ó meu destino. Tan só baixar vin a grande pantalla electrónica que está instalada diante do Pazo de Congresos e de Exposicións en Santiago de Compostela. Indicaba algo así como 12º, día 25/07/00, hora 10.03, hoxe aquí: -------- (nada). Pasei del coma sempre, pero cinco metros despois deime conta de que... non, ¿sería posible?, non... eso non. Pois si, comprobei a data no meu reloxo e nun calendario que levaba na miña carteira. Era o día 24 e non o 25 polo que o panel non indicaba ningunha conferencia para ese día. Que parvo fora. Mira que equivocarme de día... ¡E aínda encima ter que aguantar todas as cousas que sucederan no autobús, todos os malos momentos!

Collín un autobús ata a estación de autobuses e dende alí outro ata a miña casa. “Terei que voltar mañá” – pensei.

E así fixen, ó día seguinte eu estaba alí. E, ¿sabes o que me aconteceu no autobús? O mesmo que o día anterior.

A conferencia saíra ben, e eu alí encontreime moi a gusto...

 

dedicou- Moitas gracias D. Xoaquín por este tempo que vostede nos dedicou no noso programa.

-Gracias a vós.

-Espero que as cousas lle sigan igual de ben que ata o de agora.

-O mesmo espero para vós.

-E vostedes radiooíntes saibades que mañá volvemos con máis entrevistas aquí no noso programa: RADIO MELIAR.


 

 


-Que rollazo este de aguantar entrevistas parvas sempre cando vas no autobús. ¿Verdade irmanciño?

-Sí, muller, parece que este home non aprendeu co que lle sucedeu a el, e agora non para de dar a lata contando nese programa todo o que non lle preguntan. Ademais o locutor só lle dixo que se podía falar da súa primeira intervención nun congreso sobre a contaminación, e el cóntanos moitas cousas agás iso, que era o que a min realmente me interesaba.

-Tés razón.

 

 

Rodrigo Ayude Puga B1B