Sumario

 

ASPECTO DO NADAL

 

 

 

      Como todos sabemos, no Nadal é cando se celebra o nacemento de Xesús, unha data na que todos ou case todos están desexosos de que chegue; uns polos agasallos e outros porque teñen a posibilidade de saír cos seus compañeiros e amigos, outros polo turrón, polo champaña e outros simplemente por querer compartir este tempo cos seus seres máis queridos e poder dicirlles todo o que senten, xa que durante todo o ano non teñen tempo ou non se atreven a dicilo.

 

      Tamén neste tempo tes a posibilidade de reconciliarte con alguén co que esteas enfadado dende hai xa moito tempo, como xa me ten ocorrido a min.

Eu creo que gracias ó Nadal puiden reconciliarme cun amigo que había tempo non nos falabamos e creo tamén que este tempo axúdanos bastante para esquecer os rancores e deixar o orgullo de lado e poder falar como antes.

Este Nadal para moitos non será o mellor da súa vida pero para min si porque decateime de que cando pensas que todo rematou, cando non atopas saída, cando non te atopas ben no mundo no que vives, é fermoso comprobar que sempre na escuridade hai unha pequena luz que che axuda a seguir adiante e é importante saber que paga a pena vivir xa que sempre podes atopar camiños diferentes, recuperar o tempo perdido ou simplemente comezar de novo. Borrón e conta nova, pode soar moi difícil pero de verdade o que digo.

Na miña vida teño pasado nadais moi fermosos e inesquecibles pero facía moito tempo que non tiña un Nadal como este, xa que os demais que estiven coa miña familia completa, é dicir, coa miña irmá tamén como xa dixen canto máis pensas que non hai solución decátaste de que a solución sempre estivo alí pero non a vías.

¿ Pero que fai que te decates de que hai solución para os teus problemas? Simplemente un día érgueste e ves que medraches, só iso, medraches.

MARIS/1 BACH C