Sumario

 

A VIAXE

 

 

 

         Estaba diante dos paneis de control, mirando polos enormes ventanais blindados. Moitos dicían que acababa aburrindo, que non impresionaba, pero el non o cría así. Nunca se cansaba de mirar o espacio baldeiro cheo de puntiños brancos, e que, a pesar da gran velocidade que levaban (un 95% da velocidade da luz), a penas cambiaba, tan só un pequeno punto luminoso que se afastaba, facéndose cada vez menor. O Sol, a vella Terra, que pronto se confundiría co resto das estrelas.

         Menudo panorama, facía a un sentirse insignificante, aínda que fose importante, o primeiro en abandonar o Sistema Solar e dirixirse a un novo planeta en Próxima Centauro, estrela que, aínda dentro da Galaxia, estaba a máis de catro anos luz. Pero, marabillas da ciencia, a viaxe só duraría un mes. E isto fixo que se acordase da Misión. A Misión, case se esquecera, e iso que o que primeiro foi un murmurar case inaudible, era agora un estrondo nos acumuladores de enerxía. Pouco lles faltaba para acadar a suficiente para facer o salto: pasar do Universo físico ó Hiperespacio, onde non hai tempo nin materia, e de alí, uns segundos despois, regresar ó Universo, pero esta vez cerca de Próxima Centauro, onde, no planeta elixido, esperaba aterrar na Base Nodriza, nave non tripulada de 3 Km de superficie e que contiña os medios necesarios para que se puidese construír unha Hiperporta que, conectada coa Terra e abertas simultaneamente, permitirían a viaxe dun planeta a outro en segundos e sen riscos de colisións, extravío... a través do Hiperespacio. Así podería chegar o equipo técnico da Terra e construír unha Hiperporta xigante pola cal xa se podería viaxar e enviar os colonos da Terra a poboar o novo planeta. Pero para construír a primeira Hiperporta chegaban eles dous: el e a súa muller. Coñecéranse na Universidade Técnica Universal, reconstruída despois da Primeira (e a última, iso esperaban) Guerra Nuclear  seguida da Gran Peste, provocada pola radioactividade. Cando saíran, empezaron a traballar no Centro de Investigación Lunar, que sobrevivira á Guerra, xa que era unha colonia científica, non como as de Marte, que eran colonias Federais e tamén foran bombardeadas.

         Gracias a eles debérase o éxito das misións a Europa e a Gamínedes (dous dos satélites de Xúpiter, agora convertidos en colonias terrestres). Foi este prestixio o que fixo que fosen escollidos para a Misión, ademais de pasar con éxito as probas físicas e psicolóxicas requiridas.

         Claro que tampouco estarían sós. Da Base Nodriza, controlada dende a Terra, mandaran todo o necesario para a súa estancia, que ademais de estar dotada dun sistema de comunicación coa Terra, tiña varios robots multifuncionais á súa disposición para labores de reparación e construcción. E tendo en conta todas as misións non tripuladas de estudio no planeta con satélites e equipos de medición, esta era a parte fácil.

         Os acumuladores estaban case preparados. Facía falta gran cantidade de enerxía para o salto, pero ese non era o problema, pois os xeradores Anti-masa podían crear enerxía anulando a gravidade dos corpos, facendo que se comportasen coma fotóns e electróns (corpos sen masa nin gravidade), movéndose á velocidade da luz. Utilizando hidróxeno, os átomos colisionaban e fusionándose desprendían gran cantidade de enerxía que era utilizada para alimentar os propios xeradores, e o resto para necesidades humanas, na Terra ou na nave (neste caso). Logo o helio resultante da fusión era fisionado (dividido) e volto a transformar en hidróxeno, que se utilizaba de novo, pero que na nave empregábase nos motores iónicos, que lanzaban o plasma de hidróxeno e conseguían o grande impulso que facía falta para iniciar o salto.

         E agora viña a parte difícil. A viaxe duraba un mes, quince días para saír do Sistema Solar, uns segundos no Hiperespacio e outros quince días para entrar no sistema de Próxima Centauro. E eran eses segundos no Hiperespacio o que o preocupaban, xa que deles dependía o éxito ou o fracaso da Misión. Unha vez no Hiperespacio, a materia sería enerxía viaxando a velocidade infinita, e a nave podería aparecer en calquera sitio ou reducida a átomos, pero eso non era o que o preocupaba, xa que a nave estaba deseñada para chegar integramente. O que o preocupaba realmente era que ó entrar no Hiperespacio, os organismos vivos morren (volvendo á vida ó saír) e , aínda que a nave tiña un sistema para minimizar os efectos (o "acondicionamento") era a primeira vez que o utilizaba un humano e podía ter problemas.

         O estrondo dos motores parou, e unha luz acendeuse no panel de controis. Soubo que era o sinal, a nave estaba lista para o salto. Puxo o control automático de operacións e dirixiuse á cámara de acondicionamento, onde xa estaba ela, para entrar nun estado de coma do que revivirían unha vez que fixesen o salto. E mentres se dirixía alí, pensaba en que se esto saía ben, o home pronto podería saír da Galaxia e coñecer os novos mundos que se lle ofrecían ó longo do Universo.

         (...) A viaxe, a pesar dos problemas de enerxía no salto, que consumiu máis do calculado, foi todo un éxito, logrando os tripulantes da nave (sección biografías) aterrar no tempo previsto. Así, unha semana despois, construída a Hiperporta provisional, os técnicos pasaron a construír a que traería ós centos, e despois miles de colonos que non tardarían en poboar o planeta, bautizado polo presidente da Federación Planetaria como Nova Harmonía.

         Esta viaxe deu paso a posteriores misións que colonizarían a Vía Láctea e as galaxias próximas, seguindo este proceso aínda na actualidade. (...)

 

         ENCICLOPEDIA UNIVERSAL. Edición Púlsar. Tomo 5. Sección Historia.

 

-PLAN DE ATAQUE-

 

         No Alto Mando todos estaban preocupados. O planeta de bárbaros que tanto os inquietaba decidírase ó final a atacar. Todo fora detectado polos satélites espía, e agora non quedaba outra alternativa que entrar en guerra para defenderse. Afortunadamente contaban con armas poderosas e os exércitos dos demais planetas veciños sumáronse para facer fronte ó inimigo que, aínda que lixeiramente, era máis débil, a pesar de que se cría superior. Eses seres primitivos, tan imperfectos, non saben como é o inimigo ó que se enfrontan. E así declarou o Capitán Xeneral das Forzas Planetarias cando aprobou o Plan de Ataque ó planeta que os ameazaba, que no informe constaba co nome que os bárbaros lle daban: /TERRA/

 

 

-         AS DÚAS CARAS DUNHA MOEDA-

 

Que sorpresa cando se descubriu que había auga nos polos de Marte. Que impresión causou cando se atoparon bacterias no xeo dos polos. Que alegría cando se descubriu que as bacterias podían sintetizar osíxeno a partir da auga. Que xenialidade o que expuxo que a bacteria sintetizadora de osíxeno se podía utilizar nas colonias de Marte. Que sorte cando el foi elixido para a misión... Que desgracia cando el, illado en Marte, descubriu que as bacterias eran mortalmente perigosas para o home.

 

 

                                                    Alejandro Vázquez Yáñez

                                                             1º Bac-B