Sumario

A VIDA DE BUDA

 

 

 

 

O xoven príncipe Siddhartha creceu ó abrigo dunha gran riqueza e moito luxo, ata que ós 29 anos tomou conciencia do baleira que fora a súa vida, entón decidiu cambiar e embarcarse na busca da paz e da claridade espiritual.

Ó pouco tempo, Siddhartha optou por deixar esa vida por considerar que non lle daba verdadeiros froitos. Optou ó camiño intermedio entre unha vida de pracer e aquela de total adnegación. Buda meditaba sentado baixo unha figueira, pasando o través de estados de conciencia máis altos e profundos, ata que logrou o seu cometido de chegar ó nivel máis alto, o de iluminado.

Unha vez que logrou coñecer esta verdade relixiosa esencial, Buda entrou nun período de forte loita interior. Dedicouse a percorrer distintos lugares, predicando e congregando un grupo de discípulos, formando con eles unha comunidade monástica que recibiu o nome de SANGHA.

Foi alí onde transcorreu o resto da súa vida.

 

O BUDISMO HOXE

 

Pola súa filosofía, o budismo está en contra dos bens materiais. Tanto en Tailandia como en Birmania o budismo desenvolveuse sempre con moita forza.

A pesar de que había moito tempo que o budismo morrera na India entre os séculos VIII e XII d.C, houbo unha pequena chispa de rexurdimento producida pola conversión ó budismo de 3,5 millóns de antigos membros da casta intocables. Durante o século XIX, produciuse unha renovación similar á do Budismo en Sri Lanka.

En China o budismo segue estendéndose, pero baixo unha estricta regulación e supervisión gobernamental.

Os chinos no Tíbet, despois de apoderarse do poder provocando a fuxida do país de Dalai Lama e de moitos outros importantes representantes do budismo, que escaparon á India en 1959, trataron de eliminar a influencia budista e este país.

Só en Xapón, despois da II Guerra Mundial, xurdiu e desenvolveuse dentro do Soka Gakkai.

O crecemento e interese que se manifesta polo budismo nas culturas asiáticas como o interese que espertan os seus valores espirituais nos países occidentais, levou a que se desenvolvese un gran número de sociedades dedicadas ó estudio e á práctica do budismo.