BILBAO, UNHA CIDADE PRECIOSA
|
|
|
|
¿Por
que lle tedes manía? Estou
farta, moi farta de que todo o mundo se refira a Bilbao ou o País Vasco con
odio. Cando
chega a xente de Bilbao (moitos dos que están traballando alí, pero que a
maioría son de aquí), todo o mundo, ao ver a matrícula de Bilbao, pon cara de
asco; ¿por que o facedes? Isto é algo que me doe moito, por iso mesmo estou
aquí para defenderme, porque seguramente que todos, cando vos tocan un tema
que vos doe, vos defenderedes. ¿Por
que Bilbao? ¿Por que cando é unha matrícula de San Sebastián ou de Vitoria
ninguén di nada? Cando vos referides a Bilbao facédelo como se se tratase
dunha cidade terrorista, e non é así, como vós pensades, porque alí tamén hai
xente moi boa, xente honrada que traballa día a día para poder vivir. Pensades
que alí todo é terrorismo, pero non é así. Como en todos os lados, hai xente
boa e xente mala, e o que máis ofende é que, cando levas a camiseta do
Athletic, aquí a xente xa che chama terrorista, e iso paréceme moi inxusto,
porque tanto podes ser terrorista levando a camiseta do Athletic coma a do
Barcelona ou a de outro equipo calquera. Cada persoa ten dereito a defender o
equipo que queira, e por iso mesmo é moi difícil ir polas rúas con ela e que
te sinalen co dedo ou che digan barbaridades coma se foses un criminal...
Ben, volvendo ao de antes, quero dicirvos que non comemos a ninguén e que a
nosa cidade é preciosa e respectable e non merece que ninguén lle falte ao
respecto, porque ten cousas que admirar como: o museo Guggenheim, Pupy,
Teatro Arriaga, A "paloma", o metro máis moderno de Europa, a
catedral do fútbol Español... e un montón de grandiosas vilas que denominan o
GRAN BILBAO. ¿Como
convencervos? ¿Como facer para que non ofendades falando mal do que realmente
a maioría non coñecedes, xa que só sabedes o que vos din os telexornais, e só
din as cousas malas? A miña cidade é moi acolledora. Por
favor, rógovos que non faledes sen saber o que dicides, que non todos os
bilbaínos ou vascos temos a culpa de que "catro" sexan terrorista,
e BILBAO non merece por nada do mundo ser odiado por iso. E agora son eu a
que digo ¡¡BASTA XA!!, ¡¡NON MÁIS ANTIBILBAÍNOS!! porque ... ¿a que a vós, se
forades a Bilbao, non vos gustaría que vos mirasen con mala cara e vos
chamasen terroristas sen selo? "Un
corazón bilbaíno doído" ¡¡GORA
BETI EUSKAL HERRIA!! |