Sumario

 

BOUDICA A VENGADORA

 

 

Prasugatus, monarca dos fortes (nós, os celtas), traizoa a causa celta e alíase con Roma. Esta iniciativa conclúe con miles de baixas e o degolamento de numerosos celtas.

Os druídas, cuxa doutrina sempre resultaba incomprensible para a racionalidades latina, foron os primeiros en caer, xa que era ó descoñecido e incomprensible, ó que máis temían os romanos.Pero, para os celtas,tentar extirpar da raíz o druidismo era condenalos a todos a algo peor que a morte.

Boudica reclamou e obtivo o seu dereito a encabezar o exército dos valerosos celtas que deciden enfrontarse á orgullosa Roma. Descríbena coma unha muller alta, de complexión forte, dotada dunha larga cabeleira vermella e capaz de acenar o seu rostro con xestos e con tarxios típicos de calquera combate celta. Tódolos pobos bretóns rebelaranse nas armas para seguila ... devolverán ollo por ollo cada acto de crueldade gratuíta que sufriran arrasando cada forte romano que atoparan e festexando a victoria sobre as súas ruínas.

Xosé Anxo López  1º ESO A