|
CADEA HUMANA |
|
|
|
O
22 de xaneiro case 50.000 escolares de toda Galicia formaron unha cadea
humana ó longo de 40 km. da Costa da Morte, unindo as localidades de Muxía e
Laxe. Este acto, convocado pola Plataforma NUNCA MÁIS, foi o noso berro ante
a falta de medios e a mala xestión por parte da administración no desastre
ecolóxico do Prestige. Alí acudimos 450 membros do IES de Melide en 9 buses,
porque aínda que somos de interior, NOS TAMÉN SOMOS MAR. |