|
CONSERVANDO
A NOSA CULTURA |
|||||||||||||
|
|
Abrimos un novo apartado no que tentaremos
recoller cantigas, contos, poemas... que poden correr o perigo de perderse ou
esquecerse. Así que xa sabes, se escoitas algo ós teus avós, pais, veciños,
amigos...que che pareza que pode ser adecuado para este recuncho do Intres,
non dubides en achegárnolo. DISPUTA
ENTRE MOZAS E MOZOS (DESAFÍO)
ENRIQUE
MELLID ARIAS-2º-ESO-E
PANXOLIÑA Velaí esta panxoliña que recolleu o
departamento de música e que interpretaron os alumn@s de 2º de ESO o día das
actividades de Nadal na Casa da Cultura. Ensínalla os teus avós, pais,
veciñ@s por se a recordan. Achegámosvos a partitura para
refrescarvos a memoria ou para que os que non a sabiades a aprendades. A ver
se no próximo nadal podemos cantala tod@s. CANTARES
GALEGOS Acabamos por encher este recuncho con
estes Cantares Galegos de Leiras
Pulpeiro, que unha alumna de 1º de ESO sacou do dalgún andel esquecido.
Conservamos a súa ortografía orixinal. Como
te ves con camisa, xa
coidas que eres grandeza; non
sal o toxo de toxo por
froleado que esteña. Non
quero a vida da vila, anque
folgada ma dean; quero
ir e vir polos pousos ao
sol e ao aire na aldea. Vaite,
barruzo, que veño coa
miña mantela nova vaite
barruzo de festa, que
quero dar catro voltas. Quen
queira un toupizo, con
cara e corpo de cepo; eu
busco moza galana e
de corpiño bringuelo. ¡Dios
che pague a túa esmola, cariña
de repinaldo! Non che coidéi que tiveses corazonciño
tan brando. Anque che son de Montaña, ándoche
ben limpa e fresca; que anque che son de Montaña, non che son das carrachentas. Non
se acanea unha folla; todo
esta noite está calmo; ¡ai,
quen poidera decire, coa
mau no peito, outro tanto! ¡Quen fora reichiño rubio para
cantar na túa figueira, pra
non salir do teu horto, e
aniñar na túa silveira! Mentres
non apadres o neno, Farruco,
non che perdono; non che perdono ¡así morras! xa que dixeches que é de outro. A
forza do xeito e voltas ó
cabo funa collendo; pra
as nenas non hai coma maña, certando
a chegar a tempo. Anque
treidor pra min fuche, e
anque chore eu toda a vida, ¡non,
home, non teñas medo que
malas pragas che eu pida! Muller
que cando se queixa abre
as ventás, pra que a oian, poderá
ser comenencia, pro
nunca será boa. Cegoume
unha vez o demo, e
ben puido entón levarme, que,
feito o feito daquela, ¡ben
me rulou con deixarme! ¡Ai,
vino, e que non o vira, pra
velo alí cal o vin! ¡Que
inda me doi a espiñada, que,
alá dentro, alí sentín! Como,
e bebo, e durmo, e folgo, e
beilo e brinco coas mozas; non pode naide decirme que
se me acán poucas cousas. ¡Negruras,
nada máis vexo, colla
pra baixo ou para riba! ¡negruras,
sóilo negruras! quen
mo dixera algún día! Durme
meu neniño, durme; durme
ben, e non me despertes; que,
pra pasar traballiños, tempo
de sobra has de tere. ¡Dios
queira que non me atopes nunca
para ti mans abertas, e
que, mal morto de fame, te
coman os cas e as pegas! Fun
de romaxe ó Conforto, donde
tantos se consolan, e,
cal eu fun, tal volvín coas
miñas peniñas todas. Non
volvas a terme o pe tras
de sebes nin valados, si queres que a mau che agarde fálame
donde adoitamos. Eres
coma as guindas bravas, que
a todos ollos gustan, e,
cando queren probarte, pra
naide tes máis que agruras. ¡Calade
campás laionas; calade
por dios calade; calade,
que se me acorda cando
se finou mi madre! Mentres
tiven que lles dare, víñanme
ver os veciños; e
agora, por non atoparme, torcen
de lonxe o camiño. Escallo
de encrucillada, ¡non
fales, mentras te avalen cantos
por onde ti pasan Ben
te vin no alto do monte, medio
envolta pola nebra; que
figurabas a Virxe baixando
outra vez á terra. ¡Líbreme
Dios de congostras e
pontigos, pra ruala; líbreme
dios de mociñas que
ó rabo dous mozos traian! Moito
che quero, vaquiña..., mentres
me días o leite; que
o día que non me días, lévote
á feira a venderte Sandra
Rodríguez Carril- S1D |
.