DE BANDOLEIROS A DEUSES
|
|
|
|
Efrén
e Denís son dous bandoleiros da antiga Gallaecia. Un día, xa cansos de
saquear á xente da vila, deciden ir a cidade veciña, que estaba á beira do
mar. Ocorréuselles a idea de buscar traballo para variar un pouco a vida que
levaran ata agora. A
Denís déronlle trallo no porto, tiña que limpar os barcos. A Efrén collérono
nunha casa para atender as cortes dos cabalos. Deixaron pasar os días ata que
chegaron ós oídos da xente acontecementos do seu pasado. Non lles fixeron
caso, negárono todo. Unha mañá Efrén limpaba un cabalo mentres viu que un
elevado número de persoas corrían cara el con obxectos punzantes nas mans.
Montouse no cabalo e galopou ata chegar ó porto onde Denís limpaba un barco,
o cabalo brincou dende terra uns dous metros e os dous caeron na embarcación.
Efrén berrou: "¡Denís! ¡colle os remos! ¡rema con todas as túas
forzas!" Denís obedeceu as ordes do seu
amigo. Remaron horas ata que perderon de vista a cidade. Agora atopábanse no
medio do océano sen comida e sen bebida. - Amigo, foi un pracer compartir a miña
vida contigo- dixo Efrén con mágoa. - O mesmo digo. Sinto moito que a nosa vida
remate así, perdidos nun mar sen fin. Atopáronse
tristes, pecharon os ollos e deixáronse levar. De súpeto o cabalo comezou a dar
golpes na barca e os homes espertaron do seu sono. ¡Estaban nunha illa! A corrente leváraos ata alí. Baixáronse
da barca e dirixíronse a explorar aquela illa. Estaba chea de vexetación e
penetraron naquela selva. Viron de lonxe unha potente luz marela, achegáronse
a ela e resultou ser unha gran pedra que se moveu ó tocala, dando paso a un
pequeno pobo. Non era un pobo calquera ¡era de ouro! Os
dous, subidos no cabalo, metéronse naquel fermoso lugar. A xente comezou a
saír á porta das casas. Un home, que amosaba ser o sacerdote, asomouse,
observou e deu orde de avisar ó xefe do pobo. Acababa de ter unha
premonición: visitaríanos os deuses subidos nun monstro de catro patas,
igualiño a aquel no que os dous homes viñan montados. A
noticia de que os deuses estaban no pobo de visita estendeuse coma o lume
polas casas dos veciños. O xefe recibiunos cun agasallo, dúas coroas de ouro;
levounos ós seus apousentos e ordenou preparar unha festa para recibir ós
deuses. O
home amosoulles as camas onde podían descansar para estar ben á hora da
festa; nas cabeceiras das cama había infinidade de pequenos diamantes. Na
pirámide, onde se hospedaban, había roupa axeitada para a ocasión. Os dous
bandoleiros estaban moi ledos: - ¿Quen nos ía dicir a nós que íamos acabar
sendo deuses? - Esta pobre xente non sabe quen somos. Botáronse
a rir sen decatarse de que unha persoa os estaba a escoitar; era unha unha
rapaza, que asombrada deu uns pasos e presentouse: - Ola, son Sixela ¿así que sodes
bandoleiros e non deuses? Non vos preocupedes, non direi nada. Pero vós
tédesme que deixar marchar convosco. Levo toda a miña vida roubando nestas
pirámides, teño moita gana de coñecer o mundo. Axudareivos en todo o que
poida ¿aceptades? - Espera, ¿pódesnos deixar sos un momento? - Claro - a rapaza retirouse. - ¿Que facemos? ¿aceptamos? - Si , eu creo que é o mellor- Deron a
volta e acercáronse a Sixela. - Vale, aceptamos. - Ben, o primeiro que tedes que facer é
poñervos eses traxes. Chegou
a festa. Ó baixar as escaleiras da pirámide, todos os individuos do pobo
estaban cos xeonllos no chan loándoos. Comezou a soar unha música cerimonia e
todos comezaron a bailar lentamente. O sacerdote anunciou que ían darlle as
ofrendas ós "deuses". A primeira era o sacrificio dun home, pero os
"deuses" non puideron aceptar semellante cousa; non podían deixar
que aquel home caese polo barranco. A
noite da festa rematou e Denís e Efrén volveron á súa pirámide. Mentres eles
permanecían alí, o sacerdote daba ordes á xente de como debían tratar os
deuses. Denís decidiu ir pasear polo pobo e informouse de todo o que o
sacerdote estaba a inventar. Avisou a Efrén para convocar unha reunión
urxente do pobo. Na
reunión os deuses, axudados pola rapaciña, explicaron que non era verdade
todo o que o home dixera. Non tiñan que dar as súas cousas nin quedar sen
nada para que os deuses os quixeran. Dixeron tamén o que pensaran minutos
antes, e era que chegar o momento de marchar. Contáronlles que ían marchar
nun barco que ó final do océano subía en vertical ó ceo. A
xente creuno todo e dispuxéronse a facerlles o barco para o seu regreso ó
máis alá. Era
a hora de marchar, subíronse os tres ó barco e deixáronse guiar pola
corrente. Esta vez foron parar a un país moi rico, Alemania. Unha vez alí,
venderon o ouro e fixéronse os máis ricos do mundo. Na
aldea a vida continuou sen grandes cambios, aínda quedara gran cantidade de
ouro. Denís,
Efrén, Sixela e o cabalo nunca se separaron e gardaron o segredo para sempre.
En Alemania ninguén os coñecía, así que
avida alí resultou sinxela e sen complicacións. Co tempo cada quen botou en
falta a súa familia, polo que decidiron facer unha viaxe para visitar todos
os países das súas orixes e de paso dar unha volta ó mundo. Deixaron recordos
por todos os sitios por onde pasaron, dándolle ós máis pobres pebidas do seu
ouro, que aínda lles quedara despois de vendelo. Chegoulles par afacer felices a moitas familias. Ana Méndez Asorey. S3B. |