Sumario

 

DESIGUALDADE DE SEXOS

 

 

 

 

        ¿Por que a xente non consegue comprender que hai que respectar a tódalas persoas  por igual tanto sexan lesbianas, gays ou bisexuais?. ¡Que mágoa! . A xente non entende que non temos que ter todos os mesmos gustos e ideas. Non debemos esquecer que tódolos homes e mulleres somos diferentes e que temos dereito a ser tal e como somos sen que ninguén nos xulgue por cales son as nosas tendencias. Cada quen  é libre de elixir como quere ser e de procurar así estar ben cun mesmo, porque non hai nada máis fermoso que ser respectado e aceptado por todos.

       Eu escribo estas sinxelas verbas porque é unha cousa que nunca lograrei entender. ¿Por que nos xulgamos uns ós outros con tanta lixeireza e tanto maldade?.

Moita xente ve as distintas tendencias sexuais como un problema para  a sociedade, como se non houbera cousas máis importantes das que preocuparse.

Dígovos unha cousa: todos somos iguais posto que todos nacemos, vivimos, amamos, reproducímonos, experimentamos e morremos, como todos, ¿ou non?.

Creo que non debemos desprezar nin discriminar ás persoas que non teñen a tendencia sexual da maioría da poboación. É totalmente inxusto comportarse dese xeito e ademais quixera preguntar a quen iso fai: ¿pensades que sodes superiores ou mellores cós demais?

 

 

            Lembrade: ¡TODOS NOS DEBEMOS QUERER E RESPECTAR!

 

 

                                   Liberdade e Paz

 

                                         

        

                                                  FANNY- 3º-A