|
DITO POPULAR (SABIO) |
|
|
|
O meu avó ensinoume este dito popular que, á súa vez, lle ensinara o seu avó. Como se observa, o que se intenta calcular son os anos de varios seres vivos, en relación dos uns cos outros. Reparade ben. 3 anos, sebe; (3 anos) 3 sebes, can; (3.3=9 anos) 3 cans, besta; (9.3=27 anos) 3 bestas, home; (27.3=81 anos) 3 homes, corvo; (81.3=243 anos) 3 corvos, pino. (243.3=729 anos) Lémbrovos que a sebe é un valado feito de pólas, de xestas e doutros arbustos, e serve normalmente para pechar unha leira. Marcos Pampín. B1A. |