Sumario

 

EN BUSCA DO TESOURO PERDIDO

 

 

 

 

         Había unha vez un barquiño moi vello e moi grande que, cargado con 70.000 toneladas de petróleo sucaba as augas das costas de Galicia. Unha vez máis, preto da costa, o barquiño afundiu e verteu  ouro dende Cedeira ata a Guarda.

         A xente dirixíase a ver as súas praias relucentes e a coller todo o ouro posible coas súas propias mans.

         11.000 toneladas repartidas, 30.000 ou máis traballadores vivindo do mar.

         ¡Deixémonos de contos! ¿Acaso houbo alguén que non se decatara do gravísimo problema que isto ocasiona? Non me fastidies. Nin barcos anticontaminantes, nin remolcadores, nin nada de nada. Nin sequera se vai poder axudar a esa xente que perdeu todo o que tiña en moooito tempo.

         Escolleuse a peor opción, e claro que non se pode cambiar a dirección do vento, por Deus, non sexamos surrealistas, pero tampouco se pode deixar á deriva, a expensas do tempo, deixando nas mans do vento a vida costeira.

         Xoguemos ós barquiños. ¡Afundido! Só preocupa comprar cazas e avións para emular ós EEUU, ¿non?

         Todos intentando coller todo o ouro posible, pero oxalá se volvese petróleo negro, coma a morte e a desgracia, aínda que nin se molestarían en sacar nada do peto por non manchar as mans.

         Pensade que a culpa de isto é de todos. Tirámonos a un vaso de auga desbordándoo, pero pensade que nun vaso de auga non se afoga. Movédevos e nadade.

 

                                                                  Lucía Lugrís Casares.

                                                                           1º BAC.B