A princesa do chícharo |
|
|
|
Nun reino moi lonxano, máis alá das montañas,
vivía un principe novo e presumido. Era
un mozo saudable e relativamente aposto, que durante a adolescencia
disfrutara dunha considerable posición de benestar e felicidade. Atopábase
igualmente decidido a perpetuar a súa antidemocráticaa tiranía casandose
únicamente cunha princesa autentica, verdadeira, e documentada. O seu único criterio para elexir esposa consistía
na autenticidade da regia condición da muller. Antes de que a súa nai poidera responder, escoitouse que
chamaban a porta do castelo. Unha fermosa rapaza, empapada dos pes á cabeza,
apareceu na portada. Pero o príncipe non prestou excesiva importancia a tal
detallle, xa que só obedecía a un parámetro, por clasista que este poidera
parecer. ¡Unha princesa coma mín non debería de estar a
intemperie nun día coma hoxe¡, atinou a decir a mociña. Tanto no pensamento
da raíña como no do seu fillo instalaouse de contado a sospeita pero... Dixo a mamá do príncipe: "si esta empapada
mociña que espera abaixo realmente é unha princesa, será tamén bastante
refinada como para que o bulto dun chícharo baixo o seu colchón de plumón de
pato lle impida conciliar o sono." Para sorepresa de todos, efectivamente, a noite
foi de insomnio pero porque ..."¿como iba poder durmir pensando nos
pobres gansos que se viran obrigados a renunciar ás pluumas para a miña
comodidade?" pensaba a que se declara princesa a noite anterior. O
principe que coñecía o método da súa nai para recoñecer princesas, estaba tan alterado que non puido
permanecer máis tempo en silencio, e á primeira hora do almorxo quixo
averiguar como pasara a noite a rapaza. E aquí ven a sorpresa: ante a pregunta do
príncipe, a rapaza respostou: " onte pola noite era princesa, pero esta
mañá son xa unha guerreira vikinga. Teño máis de unha ducia de personalidades
q1ue habitan no meu corpo periódicamente". Aquelas revelacións enfureceron á raíña, pero
intrigaron ó príncipe. -Por favor, mamá, mantén a calma- dixo o
principe- vexamos,¿canto tempo suele ser guerreira vikinga? -Ben, normalmente, non mais de tres cuartos de hora. -E,
despois de eso? -Despois de eso
acostumo ser o ermitaño,
Giles, que vive nun cuchitril tras ter renunciado a tódalas miñas posesions
terrestres. -¿E que serás o martes da próxima semán, ás cinco
da tarde?- interrogou o príncipe-. -
De mediodía a primeiras
horas da tarde correspóndeme de novo reencarnarme en princesa. -
Pois si estás de
acordo, ese día e a esa hora, podemos casarnos. -
Como daquela serei
princesa e querrei manbter o meu estatus, estarei encantada- respostou a
princesa-. A partir de ese día, a canalización ou
reencarnación das vidas anteriores e personalidades históricas do pasado
convertiuse nunha rutina de rigor da vida da corte e da raíña, e o principe e
a canalización viviron xuntos unha existencia moi feliz, sin saber nunca moi
ben quen tiña que aparecer á hora do almorzo. Patricia Blanco 1º ESO A |