Sumario

 

Historias do W.C.

 

 

 

Nunca quixen ser paternalista, nin destes que dan consellos tipo: “Eu cando era novo...”, “Eu da túa idade...”, etc.; pero non me queda máis remedio que falar. (Xa está acostumado a facelo)

Eu estaba no instituto (ás veces), e sempre me dicían que lles tiña que facer caso ós profesores, pero... agora que son maior, e teño moito sentido, e son un home que ten os pés na terra, cheguei á conclusión de que os profesores son unha especie rara e digna de ser estudiada polos do “National Geographic”.

Mediante un estudio intensivo, horas de laboratorio e de observación da especie, conclúo que estes son os profesores e estes os seus símiles:

Þ   Xavier Garabal: (homus zetas ou Z men); con imaxinación sería moi semellante a Salman Rusdie, e sen imaxinación tamén.

Þ   Belén (subdire): ¿non vos parece raro que cando comezou a dar clases en Melide rematara a serie “Betty la fea”?

Þ   Miguel (física): (Homus electronis est); menos mal que aínda non comezou a clonación humana, que se non ¡que susto! Chamado tamén o eslabón perdido, ¿quen carallo perdería o tempo en atopalo?

Þ   Paco Veiga: (Homus cavernas est); en personalidade parécese a Milikito e en físico a Brad Pitt (Paco Pitt, Sete años no paro). Eu tamén son moi cachondo.

Þ   Bande e Manolo Manuel (ou Manolo ou Manuel): (Homus incognitus sunt); Pánico no transiberiano, un é o capitán de Tintín, e o outro o Gran Wyoming.

Þ   Susana Losada: (Mujerus ceñidus est); algúns compárana con Catherina Z Jonhes; sigo sendo o cachondo de antes.

Þ   Xulio; (Inspector Gadchet est); dende que deixou de fumar (do seu), e de traballar na serie de “Siete vidas”, (e de ter autoridade no insti), ten outro carácter.

Þ   Rocha e Suso (debuxo): (Homus pouca sangue sunt); aquí temos ás persoas nas que se basearon para facer o anuncio das pilas. Y duran, y duran...

Þ   Antonio (Inglés): (Homus paquetus est, ou o Dinio do Noroeste); non se me parece a ninguén, pero co que ten pode xogar ó baseball sen pau.

Þ   Mª Carmen Santos: (mujeres vestir santus quedant); esta muller é a que tiña acojonada a Heidi, señorita Rottenmeier.

Þ   Mabel: (capadorus de machus est); esta rapaza é así de feminista diante dos demais, pero despois é un anxiño; dende que lle di J.R.: “¿Xa estás bébeda Suellen?

Estes son os profesores que estudiei para este número, pero continuará...

Eu, como antigo estudiante do I.B.M. de Melide, aconséllovos, como espero que vós aconselledes a outra xeración.

AVISO: puxen os nomes en latín para que Teresa saiba que as súas clases me serviron de moito, aínda que nunca me dera.

E sen máis déixovos, pero recordade, como dixo Mulder, que os expedientes X foron gravados neste centro: Tende coidado, ninguén é o que parece, a verdade está aquí dentro. E a min acabóuseme o papel.

Este artigo foi escrito, facendo uso das súas plenas facultades mentais, por Alberto N. V., nunha tarde de reflexión no lugar onde se xuntan todos os días as sabias mentes de “Mellí”: a Noela. Esperamos que non vos disguste.   Admítense suxestións.

 

“REINCIDENTES”