Sumario

 

ILUSIÓNS Ó AIRE

 

 

 

 

 

Desexaría que este soño nunca acabase,

que sempre estiveses comigo

como tantas veces prometiches,

quedar ó meu lado para sempre

e xuntos lograr as ilusións que tivemos.

Tantas promesas quedaron só en iso, en promesas.

Afastácheste de min,

non cho reprocho,

non te culpo por irte de min.

O que en verdade me doeu,

Foi o teu engano, tantas promesas sen cumprir.

Agora só lle pido a Deus

que sexas feliz,

e que nunca sufras como estou sufrindo eu.

Só lle pido que teñas felicidade,

unha felicidade que perdure sempre.

Poder verte quixera,

e só por unha razón,

por ese sentimento que

aínda se encontra no meu corazón.

Sentimento que non sei como destruír;

Porque a pesar do teu desprezo

o meu corazón non entende razón.

A pesar de que nunca tiven a oportunidade de terte,

sentinte tan cerca de min... ¡que inxusta é a vida,

porque tiven que perder contigo...! porque a ti,

a ti que te amo máis que á miña propia vida,

a ti que me ensinaches a amar sen condicións,

pero tamén me ensinaches a dor.

Ensináchesme a dor de amar e non ser correspondido,

non podo culparte, porque a pesar de todo

sígote amando, aínda non entendo o porqué,

quixera ter a forza para esquecerme de ti,

pero non podo, agora só sei que, a pesar de todo,

nunca te poderei esquecer, sempre estarás en min,

Teño tantas cousas que dicirche:

que te quero aínda,

que desexo estreitarte entre os meus brazos

e dicirche que te amo, amor,

que a pesar da túa lonxanía

nunca te esquecerei.

Non debo seguir soñando, porque son eu a que sae perdendo,

mais só desexo que esto só fora un pesadelo, e ó espertar

todo fora coma antes... sei que non é posible,

que é só iso, un soño que non puiden facer realidade...

mais daría a miña vida porque non fose así,

por poder estar contigo,

creo que non era o meu destino estar contigo...

Quixera retroceder o tempo para que todo fose como antes...

A pesar do tempo e a distancia

ti sempre estarás en min...

aínda que ti e eu non esteamos xuntos, nunca te sintas só

porque eu estarei aí, xunto a ti, para apoiarte e quererte.

Agora só ilusións quedaron,

Plans e promesas ó aire.

Hoxe non me queda máis que dicirche:

Adeus, meu amor imposible,

miña divina ilusión,

meu eterno amor...

 

 

Para “ti” que, a pesar de non estar xa tan preto de min como eu quixera, sempre o

estarás no meu corazón, nunca te esquecerei. “Un biquichuel”

                                   “Alguén que te quere”