Sumario

 

IN LOVE

 

 

         O desexo de ter unha persoa á que queres ó teu carón é moi bonito. É moi bonito abrazar e que te abracen, bicar e que te biquen, querer e que te queiran. Saber que estás correspondid@ pola outra persoa, á que queres e que estás "in love" é moi especial.

         Eu non sei como che pasa a ti, se estás "in love", pero a min... sóbecheme unha cousa polo peito arriba e a saber onde vai parar.

         Calquera persoa que está "in love" saberao, cando ve a súa/seu nen@ ... saberá o que sente.

         Pois ben, fálovos agora de tres casos de "in love" que a parvada do verán moito trae:

1.     Miña amiga e meu amigo

que un día se atoparon,

xogaron a quererse

e a bicarse con engano.

Un día tras outro

seguían xogando,

cos seus sentimentos

ata que un día se mancaron.

Chora que chora

e volta a chorar,

amiguiña e amiguiño

sós foron quedar.

              L X C

 

2.     Xoga que xoga

a finais de verán,

o meu amigo mais eu

quixemos quedar.

Quedamos ás catro

pa irnos casar,

el non apareceu

e sentinme mal.

Máis tarde aparecido

desculpas pediu,

e ata hoxe, miñas nenas

estouvos con el.

 

              L X S

 

3.     Saíndo e saíndo

a mediados do verán,

feliz estaba a miña amiguiña

co seu catalán.

Arzuás chegaron

e fixeron mal,

agora esas nenas

vanas pagar.

Deixouna por ela

máis guapa non era,

agora a miña amiga

sofre a súa pena.

 

              L X C

 

Podedes comprobar a "lixeiriña" diferencia que hai entre estas tres parelliñas. E pregunto eu ¿por que o mundo ten que ser tan inxusto coa xente? ¿que mal lle fixeron as miñas nenas?... Non o sei, pero ver sufrir as miñas nenas así non che me agrada nada.

         A ver se algún día chegaran a arreglar e se xuntaran. Así seriamos tres parelliñas felices, en tal caso catro, porque non descarto os meus queridos T e B ós que lle mando moitos recordos desde aquí. Os que admiro moito. Para min son a parelliña perfecta. Oxalá o meu neno e eu chegáramos a onde eles e moitísimo máis lonxe.

         Meu pitufiño, quérote moito. Estar contigo encántame, é como estar noutro mundo, no noso. Se me faltas ti, fáltame a vida, porque sen ti non fago nada neste mundo, sen ti non quero estar aquí e teño medo a perderte e ese medo é porque te quero.

         Elas xa non saben diso. Nunca o souberon. É dicir, non tiñan a ninguén que as quixese de verdade.

         Pena delas, merecen o mellor. O que digo é que, se non chegan con elas a nada, que miren de buscar a alguén que si que as queira de verdade. Si... xa o sei... non é tan fácil, que eu tamén as pasei. Experiencias de fracaso, chamémoslle así.

         Un saúdo ás seis, digo seis porque o catalán portouse "moi, moi ben" coa miña nena. E diredes vós ¡que se joda!, pois non, porque non creo que a vós vos fixeran o mesmo.

         Ós restantes BKS para todos, e para o catalán tamén.

         Dedicado a: L,L,L,T,B,C.

 

                                                                           Firma:

                                                                           "In Love"