|
Lembranzas do 36. As
últimas testemuñas. |
|
|
|
“ Estabamos
no cuartel facendo o que ata agora era a mili cando viñeron pedir voluntarios
para ir á misa. Eu fun, e no sitio de ir á misa fun á guerra. Nin sequera
fixera a instrucción, pois estaba na cociña, pero, alá fun dezasete meses
para Madrid” Lorena García Calvo, Chorén 2002 A pesar de que xa pasaron moitos anos, Avelino Míguélez mantén vivas na memoria tódolas pegadas que a guerra civil deixou nel. O seu corpo aínda se resinte do golpe no peito que varias minas lle causaron e a súa mente non deixa escapar a imaxe dos mortos no combate.
O trinta de abríl de mil novecentos trinta e oito Avelino Pereiro, que daquela contaba con dezanove anos, ingresa no Batallón Voluntarios de Toledo Númemo Un. Días antes, estando no Rexemento de Infantería Zamora Número Vintenove da Coruña, pediran voluntarios para ir á misa, Avelino prestárase sen saber que a fronte de Madrid era o seu destino. Moitos dos seus compañeiros da “Quinta do corenta” xa estaban servindo ós nacionais en Madrid; Avelino, que estaba encargado da cociña, uniríase a eles sen saber, como todos, o que a vida lle deparaba. Sen instrucción algunha preséntase en Leganés para o sorteo e envíano á cidade Universitaria. O último día de abríl do ano trinta e oito Avelino únese ós membros da segunda compañía dos Voluntarios de Toledo na fronte de Madrid. Segundo Avelino, o azar quixo que en Leganés o sorteasen tres veces e que dezasete meses despois volvese para licenciarse. A primeira misión de Avelino foi de “escoita”. Lembra que estaba metido nun foxo cuns sacos arredor súa que o tapaban e mediante uns espellos vía o que pasaba cerca súa. En cada man tiña unha bomba de alfite, se o enemigo se achegaba el tiña que disparar sen dudar. Polas noites, metido naquél buraco, vixiaba coa cabeza fora medio tapado cunha manta. Aínda hoxe lle parece escoitar a xente falar a uns metros del na zona roxa. As lembranzas da guerra véñenlle á mente de súpeto; lembra, por exemplo que as gardas de noite eran duras, estando en Talavera de la Reyna nunha soa noite tiveron nove contraataques dos carabineiros franceses, “ os carabineiros acórdome que se entregaban antes de morrer, e non me extraña, o primeiro é mirar pola vida” . Lembra tamén que “ non sempre era sinxelo saber a quen lle apuntabas. Estando en Cuesta de la Reyna, acórdome que lle estabamos tirando ós nosos; cando o sargento se enterou díxollo ó capitán e este non fixo nada, así que o sargento meteulle un tiro na cabeza ó superior”. O sangue derramado aparece constantemente cando Avelino fai memoria dos seus meses na guerra. Estando en Carabanchel Bajo recorda que moitos homes do tercio morreran cando ían dar un asalto. A compañía de Avelino debía seguir o camiño que os do tercio abriran, pero ante o número de mortos da operación, unha orde mandounos para Carabanchel Alto a esquecer o que viran. Perdéranse moitas vidas e o ánimo das tropas non era o mellor, así que un descanso era o que precisaban, “ fomos para Carabanchel Alto e alí moitos puxéronse a xogar ó futbol, outros coma min tirámonos no chan e puxémonos a mirar como a aviación tiraba sacos de pan”. Avelino relata con palabras imaxes vivas. Venlle á memoria a visión dun home deitado nunha camiña coa “testa aberta e os miolos caéndolle ó chan”. Fora fusilado inxustamente. “ O destino quix que morrera porque mandaran a un soldado nunha moto traer o recado de que non o fusilaran, e cegando a donde estaba o pelotón, subiuselle a moto a unha acera moi alta e non a deu controlado. Petou contra unha parede e morreu o soldado, así o outro home foi fusilado”. Nas lembranzas de Avelino está tamén a conversa que mantivo cun veciño que estaba destinado cerca del: “él díxome se eu me presentaba voluntario para ir fusilar ó paredón, e eu contesteille que xamais, que xa fusilaría se me mandaban, pero nunca voluntario. Dende aquela sempre me quedou un resquicio polo que me dixera, seguimos sendo amigos pero nunca esquecín que se ía presentar voluntario para ir fusilar”. O corpo de Avelino non lle permite esquecer o que viviu na guerra. O dous de maio do trinta e oito, apenas un mes despois da súa chegada á fronte, varias minas do enemigo estouranlle preto causándolle feridas no peito que o levarían ós hospitales de Griñón e Plasencia durante nove días. Dende aquelas, o padecemento da pleure e dúas operacións de pulmón lémbranlle, xunto con algúns problemas nerviosos, que estivo a punto de perder a vida. Este non foi o seu único achegamento á morte, xa que noutra ocasión case o soterra a caída dun edificio. Nesa ocasión conta como tardaron ata sete horas en rescatar a un soldado e como morreu alí un dos seus superiores, ó que tardaron dezaseis días en sacar dos cascotes. “ Non se me dá sacado da cabeza cando un veciño foi preguntar por mín e o superior lle dixo: Frade, Míguélez ha muerto. Non se me esquece porque lle andivo moi cerca”. Parte dos recordos que Avelino Míguélez ten do seu paso pola guerra civil teñen relación co alférez Gómez, ó que serviu de asistente. Avelino conta como nunha noite de permiso se peleara con outro soldado que era coñecido de Gómez e o alférez lle mandou rapar o pelo como represalia. Á mañá seguinte, cando o comandante o viu, preguntoulle a razón pola que rapara o pelo e Avelino contoulle o que ocorrera, “coa mesma o capitán foi xunto do meu alférez e díxolle que nunca máis se lle ocorrera facerlle algo parecido a ninguén”. “ Acórdome que tamén estiven servindo ó comandante, que era unha bendita persona. Él e a súa muller Curri portáronse moi ben comigo e déronme moita confianza. Pero, para eso, hai que facer ben”. As memorias de Avelino sobre o seu alférez continúan, “a mín que me mandara rapar a cabeza o alférez non me fixo collerlle rabia, o que sí que non me gustou foi o seguinte: Falando un día co comandante, este preguntoume se o alférez Gómez me mandara despertalo ás tres da mañá, e eu contesteille que sí. Coa mesma, preguntoume se eu sabía para que o mandara espertalo. Contestei que non, e o capitán contoume a razón. Tempo atrás o meu alférez tivera unha rifa cun da falanxe que rematara a pedradas, dende aquelas colleulle rabia e quiso venganza. O da falanxe estaba casado cerca de donde nós estabamos, así que aquela noite Gómez foi a pola muller e matouna sabendo que ela estaba embarazada. Xamáis llo perdonei, ademáis, Franco dictara unha lei pola que non se podía axusticiar a ningunha muller sen xuizo, e que se se condenaba, habería que esperar a que a criatura tivera tres meses. Él non esperou e vingouse na pobre muller e na criatura”. As remembranzas que Avelino garda na memoria sucédense sen comentar nada sobre se estivo dacordo ou non co bando nacional que defendía. Alude a Franco en escasas ocasións, e só para contar algunha anécdota. Lembra, por exemplo, os rumores que dicían que ante a falta de resultados na toma de Brunete, o propio Franco acudiu de noite e sen o uniforme de xeral a decidir a estratexia a seguir. Conta tamén Avelino a confianza que o Caudillo tiña nos “moros”, confiándolles a súa seguridade e moitas das misións complicadas. “ Os moros viñan para aquí pensando que despois se poderían quedar unha vez que rematara a guerra. Ademáis, crían que se morrían aquí, resucitarían alá. Os moros eran os máis rudos de todos”. A Avelino non se lle esquece toda a xente que perdeu a vida no conflicto, sobre unhas duascentas cincuentamil ou trescentasmil personas. Conta que había que loitar pola vida, e que él mesmo, xunto con un compañeiro de Ourense, chegou a arriscarse por salvar a un teniente que fora ferido levándolle cantimploras de auga. Lembra como un día un compañeiro lle contaba que se os “roxos” se lle achegaban, non dudaría en agochar as insignias e tentar salvar a vida. Durante once meses Avelino Miguélez serviu en distintas zonas da fronte de Madrid baixo o mando nacional, que cada vez abranguía máis territorio. Os republicanos ían perdendo terreo e non conseguían recuperarse. Para Avelino, parte da culpa da derrota está na falta de orde e respecto, pois lembra como moitos roxos fuxían ou non realizaban o seu traballo de garda correctamente. O vintesete de marzo do ano trinta e nove, Avelino escoita a noticia de que ó día seguinte remataría a guerra coa entrada en Madrid dos nacionais. Estaba xunto coa súa compañía en Carabanchel Bajo e a nova acolleuna cunha enorme alegría. Ó día seguinte as tropas entraron na capital e o día un de abríl de mil novecentos trinta e nove a guerra remata oficialmente, non así as represalias. O conflicto armado rematara coa derrota dos republicanos, pero Avelino tivo que continuar servindo. As noites de garda no Cerro de los Ángeles seguían á procura de fuxidos tal e como o fixeran antes buscando republicanos. Tería que esperar Avelino ó día trinta de setembro, cando xa o novo réxime estaba establecido, para que o seu batallón se fusionase co de Infantería de Toledo número vinteséis. Un mes antes Avelino recibira unha Cruz Vermella e unha medalla de Campaña polos servicios prestados ó movemento. Cando xa faltaba pouco para a “liberdade”, Avelino falou co alférez Gómez para tratar do seu futuro. Gómez díxolle que el pedira destino para Badajoz e que quería que seguise de asistente seu, ademáis así podería gañar méritos para pedir despois unha plaza. Logo de falar co comandante Noriega, Avelino decidiu volver para a súa casa con súa nai. O día vintetrés de abríl do ano mil novecentos corenta Avelino Miguélez volvía para Galicia logo de licenciarse en Leganés. Hoxe, lembrando os dezasete meses que estivo loitando na fronte de Madrid, comenta que estaba case seguro de que non morrería na guerra, pero que, por suposto, loitou por sobrevivir igual que todos os seus compañeiros. Lamenta a morte de tantos inocentes acordase de outros lugares nos que a guerra leva azoutando dende hai anos. Hoxe, cos seus dez fillos e dezaséis netos Avelino Miguélez continúa lembrando os duros momentos que viviu e a todos os que quedaron atrás e non dubida en contar a súa experiencia logo de sesenta e tres anos. |