Sumario

 

“MeLiDe Si Que é TuNiNG”

 

 

 

 

            Comecemos este artigo preguntándonos ¿desde canto tempo atrás existe a rivalidade entre Melide e Arzúa? e sobre todo ¿por que?

         Quizais nós, os rapaces que escribimos neste anaco de papel, somos os menos indicad@s para falar deste tema, ¿que por que?, pois simplemente porque o que máis ou o  que menos tivo algún enfrontamento con algún ou algunha do noso pobo veciño.

         Non dicimos que sexan malas persoas, que de todo hai neste mundo, pero van algo de... digamos... “guays” e non chegan nin a “chachis” (non xeneralicemos), iso sabémolo tod@s.

         Téñennos incluso “ghracia” e “fannos rir” os que din que Melide é “unha merda”. Decídenos, señores arzuáns... ¿a onde saídes os sábados pola noite? Estamos de acordo que hai algúns que contestarían a Ordes, Touro..., pero a maioría (ou case) diría que a Melide, e despois chámanlle “merda”, en fin... “NO COMMENT”. ¿Cantos do noso querido, apreciado, admirado e adorado Arzúa saen alí? Nós diriamos que moitos non..., sería cuestión de facer unha enquisa...

         Xa para rematar, darlle as felicidades e “un aplauso” ós individu@s que hai un ano en San Xoán pintaron os sinais de entrada e saída de Arzúa tapando o nome da vila e substituíndoo por un ¡VIVA MELIDE!

         Non sabemos que, ou quen foi, pero... a verdade é que estivo moi ben o detalle... (jeje).

         Dende aquí queremos darlles saúdos @s arzuan@s e dicirlles que non emprendan accións legais contra nós nin que lles pareza mal (só é unha nota máis para galego...). Tamén moitos saúdos e “bikiños” ós “pintores” e, como non, ós coñecidos e por coñecer.

 

                                                                  PAFDMAA (A)