Sumario

 

MORRIÑA

 

 

 

 

 

      Aínda lembro o meu primeiro día neste lugar, entrei asustadiña observando ós maiores que me sacaban tres cabezas. Camiñaban tranquilos, acostumados a aqueles pasos cargando cunha carpeta e moreas de folios que falaban de filosofía, de latín,  ... ,e o que eu cría entón moi afastado.

Pasaron cinco anos dende aquela mañá; e agora son eu  a que camiño paseniña co percorrido ben sabido falando do que xa non está arredado; son os problemas de cada día e de cada materia.

Os da ESO (non se semellan en case nada á miña xeración) veñen coas mochilas cargadas a saltos polos corredores. Cando eu estudiaba en 1º estabamos no insti vello, ¡tempiños aqueles!. ¿Cantas persoas pasarían por alí e cantos compañeiros coñecín?.

Algúns son hoxe os meus mellores amigos, outros tan só un nome máis na lista dunha clase que me acompañarían ó longo do curso.

Tamén hai unha chea de profes que permanecerán na miña mente, cada un co seu estilo propio, coas súas expresións, ... de calquera deles quedeime con anacos de sabedoría.

Nunca esquecerei as clases de inglés con Mari Luz porque iguais poden ser, mellores non. Ética, esa era a miña, galego, historia,...moitos nomes máis dos que sempre queda algo.

 Pero a ESO xa é historia pasada. Aquilo que maldicimos e criticamos mil veces ó invento e ó inventor, as ganas de rematala, as protestas, a ilusión por algo non obrigatorio, iso xa rematou.

O Bacharelato veu sendo “xa non estades na ESO, aquí vides porque queredes así que é o teu problema, eu limítome a impartir a materia establecida, a nota do exame é  o importante...”. Podería seguir cun montón de ditos máis que resultan duros, claros e pasotas, lonxe da cercanía onde os profes axudaban a estudiar, cando era máis que números nunha folla, cando ensinar significaba agarimo, ánimo, ilusións e sobre todo esforzo.

Os recordos de Bacharelato xa non serán lembranzas, senón loita inútil por un aprobado, eu xa me rindo e posiblemente abandone. Prepárannos para a Universidade ¿así?, imaxino que sempre é o máis correcto. Gracias por facerme crer que podía ser posible, gracias polos bos momentos e a atención agarimosa dalgúns PROFESORES con maiúsculas. Sempre iredes comigo porque o que che ensinan nestas catro paredes non se borre, nin as excursións, broncas, trasnadas,...todo vale.

Aproveitade o tempo aquí, asegúrovos que pasa moi axiña. Isto que acabades de ler tan só corresponde a un papel dunha adolescente con ilusión de chegar a ser xornalista e que o intentou.

 

     Asinado: Un número máis, un expediente coma outros, tan só unha alumna máis sen importancia.

                                          A coidarse e pasar un BO NADAL.

 

* Un anaquiño especial dedicado a unha profesora de Lingua Española que compartiu o seu saber connosco. As túas clases seguirán sendo diferentes.

 

                                                                                      NATY