Sumario

 

Non quero escribir

 

 

         Non quero escribir sobre racismo nin sobre o Terceiro Mundo. Tampouco quero falar sobre os EEUU, ó fin e ó cabo non merece a pena, xa que estamos afeitos a ver duras escenas no telexornal, tanto que se nos faría raro velo e que non nos dera malas noticias.

         A desgracia xa nos é indiferente, as guerras e os atentados xa nos son algo cotián. Do terrorismo tamén hai moito que dicir. Chega a nós coma se fose outro partido político máis, como unha maneira diferente de pensar, aínda que un pouco máis radical. De todos modos (aínda que dixen que non quería falar sobre o Prestige) ¿non é o mesmo terrorismo o que ocorreu co petroleiro en Galicia? O mesmiño, aínda que legalizado. Foi a busca dos seus intereses causando a desgracia allea. Si, señor, arriba a falsidade.

         Prefiro non seguir porque me estou cabreando.

         Todo o mundo fala e ninguén se move.

         ¡Espertade!

         Isto non é un pesadelo, nin é o mundo que a televisión nos quere facer ver. Temos o mundo nas mans e non se trata de cambiar de canal, senón de pechar os ollos e negarse a tragar o que boten.

 

                                                        Lucía Lugrís Casares

                                                                  1º BAC.B